Foros ›
Autor
Mensaxe
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 11 Feb 2015, 18:16
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Mércores 11 de Febreiro,
hoxe tocaba un entreno, o cal non tiña claro que puidese cumprir, e ía con certo recelo. Marchei para Castrelos, pois tocaba:
11km a ritmo 4:35, con 12x200 a 3:15 (39s), recuperando 200m a ritmo de 4:35
Fixen un pequeno cambio, e aumentei os kilómetros anteriores e posteriores do cambios de ritmo, e fixen 13 en vez de 12, pois se me foi a pinza, quedando así:
5 km a 4:30
13x200: 41 / 40 / 40 / 41 / 39 / 40 / 41 / 38 / 39 / 38 / 36 / 36 / 34 [As recuperacións a trote de 4:30-4:40, excepto as 2 últimas, a 4:50-05:00
5 km a 4:18
Saíron 15km a 4:15.
Despois 1k de recuperación a trote cochinero.

O cambio ven un puco derivado de que o Domingo vou ir a correr, e o venres me tocaba un entreno bastante duro de 38minutos a 3:58.

O final o entreno me saíu mellor do que esperaba, incluso os cambios de ritmo o principio mos tomei con moita tranquiliade. Sentía as pernas un pouco cargadas, pero sen embargo a velocidade saíu.

En Total 16,2 km a 166 ppm e 185 ppMax, pesando 60.6 Kg.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Feb 2015, 23:52
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 15 de febreiro,
Todos os plans trastocados tras o entreno do mércores.
O xoves estaba bastante canso, e tiña bastante maniotas, pero non tiña claro que fose so do entreno, pois empezoume un pouco de gripe, e non podia caer na cama. Tampouco axudou moito, que laboralmente o xoves e o vernes foron horribles.
O final o xoves, nada de correr, xogueir un partido de fútbol sala, que tiña comprometido e non podía colgar (que me viu moi ben para quitar o estrés laboral do día).
O venres, entre a gripe é o traballo extra, tamén foi imposible facer nada.
O sábado quería ir correr 20 minutos, pero como me sentía canso, e a gripe segue ahí, pois decidín que nada de nada. Todo o día en familia, na casiña.

Pero hoxe si, esta non a perdono:
I 10K a Canuda, non me levantei moi mal, pero a mucosidade e a garganta seguían ahí, así que non sabía como ía saír a carreira.
Saín con moitas ganas, pero non quería que me sucede como sempre que o primeiro kilómetro me salga demasiado rápido, e quería manter ritmo e ver se podía chegar con forzas para ir forte nos últimos 3 km.
O primer kilómetro saíu máis ou menos no pactado, 3:40.
As sensacións da carreira non foron moi boas, non respiraba ben, e non me sentía cómodo, e deixei de mirar o gps. Via o lonxe a "beauvais" a 200m, e intentei chegar, pero xa vin que non estaba ben. Tamén nese intre me pasou "lestrove", o cal tampouco puiden seguir (todo isto antes do kilómetro 3). Unha costiña no kilómetro 3 me fixo sufrir un pouco, e xa me estaba decindo a min mesmo, que isto acabaría con unha carreira de 40:00. Non foi a mellor, as sensacións non eran boas, me costaba respirar.
O circuito non era moi duro (aínda que de liso ten pouco), pero eu non me sentía con forzas, e alguns me foron pasando, non moitos.
Así que me mantiven o meu ritmo, a veces máis rápido e outras máis lento.
Na baixada no kilómetro 7 parecía que ía mellor, e sen darme conta pasei a varios, pero tampouco foi para tanto, pois no parque xa estaban ahí esas sensacións de pouco osíxeno.
Pero sen darme conta, non úlitmo kilómetro, se me puxenron a tiro, varios corredores, e facendo pequenos cambios de ritmo, pasei a 5.
A verdade e que cando cheguei a meta me sorprendeu o tempo, pois non o esperaba, tal como habían sido as miñas sensacións.

37:38, e entre os 60 primeiros.
Para mín esta carreira quería que fose unha proba para saber como ir en Padrón, pero entre que as sensacións foron malas, e que a distancia non creo que fosen 10k, non me vale para moito.

Da organización so decir, que o trato o atleta foi moi bo, con pequenos defectos, pero tampouco nada do outro mundo. Se nota que se esforzaron moito, pero como todos, se lle escaparon cousas da súas mans. Para a seguinte mellorarán moito, seguro.

A semán remata con 43Km.


Última edición por sanmikel o Lun, 23 Feb 2015, 9:26; editado 1 vez
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 18 Feb 2015, 8:25
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Estos días non estou para tirar cohetes, e a verdade e que teño pouco tempo, os síntomas de gripe, parecen que remiten, pero a mucosidade segue ahí.
Luns 18 de Febreiro,
6.2 km en 30:07, Suaves moi suaves, sen molestias, pero as pernas se sentían cargadas.

Martes 19 de Febreiro,
5.5 Km, en 25:54. Os primeiros 2k a acompañando a trote cochinero a miña muller, 6:40 e 5:40. Despois eu so un pouco más rápido 4:23 4:16: 4:09. (Non se podía máis, o tempo apremiaba)

Dous días moi pobres, pero por o menos soltei as pernas.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 19 Feb 2015, 22:07
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Pois esto empeza a cambiar, máis ben volta a cambiar.
Este deporte é raro, así o creo, é conleva dedicarlle tempo, se o queres tomar en serio.
De min creo que xa non vou esperar nada. Pois xa pasei por un pouco de todo: a euforia inicial, os primeiros tempos de populares, as primeiras marcas, os primeiros estancamentos, a primeira lesión...
O primer plan que non podes cumprir....
E que é imposible, non podo, queres correr entre 50 e 70 km semanais, ir ademáis 2-3 veces a semán o ximanasio.
Para mín é imposible seguir un plan, nen sequera acercarme.
Non podo levantarme as 06:30 todos os días, comer en 15 minutos (ou non comer), é entrar por a porta da casa as 21:30 da noite, e ter ganas de ir correr. No verán aínda o facía, ou cando tiña o medio día 1 hora e media libre, non comía e ía correr. Pero esta semán levo 4 días case parecidos, é ademáis de carga de traballo de verdade, non de facer que choias.
Se xa é difícil iso, non quero dicir, que despois de todo o día sen ver a parenta, e as fillas, chegas e te vas a correr.
Sinto, pero eu non podo seguir un plan, non podo, non hai por onde collelo, eu quero, pero vou ter que tomarmo moito máis tranquilo, e olvidarme del.
Non vos creades que isto que conto, é algo que so me sucede agora, non é certo, ise é case o meu horario habitual.

Por iso me desilusiono a min mesmo, e quizaís a algúns dos que lean isto. Eu non vou chegar a nada, nen vou poder ser constante, nen vou por uns entrenos mallados, nen cadriculados.

Esta semán me dei conta, de que vou a disfrutar correndo, e se podo entreno, pero nada maís. A miña vida actual non o permite.

Tiña obxetivos en mente, pero xa os descarto, pois sen constancia, entreno duro, non hai nada que facer.

Mércores 18, nada, as 22:00 so me apetecía descansar.

Xoves 19,
10.3 km en 46:24.
Fixen o entreno que me tocaba o martes,
10x400 Rec 1m a Trote (Entre 1:20 e 1:28)
Non puiden ir a castrelos, así que os fixen por Samil, e con GPS. Según o GPS, saíron o ritmo marcado, case todas a 1:21.

As levei bastante ben, se fose por Castrelos, por os puntóns, me da a impresión que as faría entre 1:14 e 1:22, pero non o saberei.

Non sei cando será o meu seguinte entreno, e o do plan vouno ver de forma semanal, e amoldareino como poida. Vou desfrutar correndo, e cando poida xa entrenarei.

Boa noite, perdoade o rollo, pero tiña que soltalo.


Última edición por sanmikel o Ven, 20 Feb 2015, 0:06; editado 1 vez
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4258 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Xov, 19 Feb 2015, 22:49
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Tes que tentar organizarte un plan realista en función do tempo de que dispoñas e do descanso. No medio prazo tentar adaptar a túa vida ó plan e non ó revés só vai conlevar frustracións.

Levas pouco tempo, o importante é que adestres con continuidade moitos anos, e non importa tanto agora mesmo que sexa un plan de catro días, de cinco ou de seis, o fundamental é non desanimarse nin deixar de disfrutar, que condicións non te faltan, como che comentamos varios foreiros porque salta á vista.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 20 Feb 2015, 17:50
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Me gustaría decir que me vou organizar en plan realista, pero é imposible "gefreiter"
Adaptar a vida o plan e o que vou facer, e sobre todo, desfrutar, pois se non isto non ten sentido. Por iso viña, que é mellor desfrutar.
Non me fustro facilmente, e poucas veces tiro a toalla, non será o meu caso.
Ist me gusta, me colleu forte, e vou a seguir para diante, sexan 2 ou 5 días as semáns.
Imaxino que externalizarei (ou chorarei, según se vexa), algúns vez cando por temas laborais non de maís, pois nestes intres, me axuda moito a relaxarme e deixar a mente en branco, e lista para outra cousa.

Grazas por os consellos.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 20 Feb 2015, 17:58
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Venres 20 febreiro,
pois como é habitual en min, hoxe lle tocaba quitarlle tempo a hora da comida para entrenar.

Hoxe tocaban 8 km en progresión, de 4:20 a 3:50.

Castrelos 10 km en 43:49
Resulta que o garmin se lle dou por non funcionar, pero que raro, so funcionaba como reloxo, así que por o menos as puiden medir igual.

1 km de quecemento (4:40)
8 km en progresión. Os primerios 5 km de 4:20-4:05. 4:00 3:55 Rematando o último a 3:41
1 km de enfriamento a 5:30

Se tiveses uns 10 minutiños máis, houbese feito 10, en vez de 8km . E hobese intentado facer o último por debaixo de 3:35, pero non foi así.
Marcosf

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/10/13
57 Carreiras
298 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 21 Feb 2015, 13:10
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Sanmikel, a mi me pasa lo mismo que a ti. No puedo seguir un plan. Mujer y dos niñas y además un trabajo en el que tengo que salir de viaje casi todas las semanas y eso que procuro llevarme las zapas. Pero los dias de viaje, entre el viaje y las reuniones, cuando llego al hote estoy tan cansado, que ni de correr tengo ganas. Luego explicar a la mujer, despues de dos o tres dias fuera de casa, que el fin de semana tengo carrera...
Vamos que con ese ritmo de vida que llevo imposible hacer entrenos de calidad pero me gusta correr y lo seguiré haciendo. Ánimo y perdona este rollo pero me siento identificado contigo.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 22 Feb 2015, 23:44
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Hola Marcos, Esta ben saber que non estamos sos no mundo, e que aínda que sabemos que existen persoas con problemas similares, de vez en cando é bo saber quenes son, para ver a realidade, e non so soñala.
¡Estamos todos o mesmo, seguir correndo!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 23 Feb 2015, 0:04
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 22 de febreiro,
hoxe tocaba un entreno dos que fixen fai 15 días, e non me gustan moito.
Tocaban 16 km a 4:20/4:30.
Non me gustan porque so o fixen fai 15 días, e por correr sen parar nada, nen descansar, e por ir so, é coa única referencia do garmin.


O final quixen facelo un pouco máis rápido para compensar a falta de entreno desta semán, foron Por Vilanova de Arousa, despois de un pouco de festa de entroido na "Illa de Arousa".
16 km en 1h:06m, ritmo medio de 4:08
O máis lento a 4:17, e case todos a 4:15, os 2 últimos a 3:55
Despois 1.5 km a trote ata a casa

Me costou os primeiros 7 km manter o ritmo, pero despois me pareceu ritmo de cruceiro.
Hoxe era un día deses, que se vota de menos a compaña ,pois me daba a impresión que podería facer un entreno de 16 km a menos de 4:00, incluso algún máis.
Boas sensacións, non me podo queixar.

pd: Eu estaba contento co meu entreno, pero despois de ler outros diarios crees que é unha porquería de entreno, ata a veces pensas en deixar de escribir neste diario. As comparativas son odiosas. Guiño

A semán remata con 49.5 Km.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 24 Feb 2015, 22:33
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Luns 23,
sesión ximnasio, 15m elíptica, estiramentos, movilidade, fortalezemento e 10m elíptica

Martes 24,
hoxe me tocaba un entreno tipo fartlek, pero un pouco maís longo do que estou acostumado.
Tocaban 12km media 4:15/4:20, e facer 3x(400-300-200), con 200m de recuperación a "trote" de 4:30 aprox. [400 a 1:28 - 300 en 1:03 - 200 en 40)
Sabendo que non sabía se a semán podería entrenar, ia intentar facelo un pouco maís forte.
Me fun para Castrelos e saín saíu así:

1.5 km de quecemento, a 5:05

12 km en 47:45, a 3:59 de media, que saíron así:

5 km , 4:20 4:11 4:07 4:05 4:03
Os 400 todos a 1:25, os 300 a 1:02, os 200 39/39/38, todas as recuperacións en 200m a "trote" entre 4:05 e 4:35
1.5 km a 4:04
1 km a 3:38

1.5 km enfriamento a trote borriquero.

A verdade e que o entreno me saíu mellor do que esperaba, non contaba en facelo tan relaxado, podía haber feito estas mini series un pouco máis rápido, pero como a recuperación era a trote, e o final tiña que seguir correndo a 4, non quixen pasarme.

Contento co entreno, e encantado de correr por Castrelos. É un pracer e ademáis, me pasa o tempo voando. Hoxe fixen 15km e non me decatei, cando o domingo fixen 16, e se me fixeron eternos.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 25 Feb 2015, 17:25
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Mércores 25,
O entreno de hoxe servía para darlel continuidade o de onte, para que o corpo non se agorrotara, e se acostume a ritmo vivos. Como tiña que facer 10k en 40 minutos, pois decidín facer os primeiros 10k da VigBay, que son homologados, e así recordo o recorrido que xa fai tempo que non o fago. Homologado porque está marcado cada kilómetro no recorrido.
Total 16,36 km en 1:08:10, distribuido así:
1.6 km de quecemento, que non foron tales, a 4:10 ata a saída da VigBay.
10 km da VigBay en 39:45 (De menos a máis, as subidas a 4:12)
4.76 km de volta dende o Km10, a 4:32[*Foron 4.76, porque me recolleron ahí había pensado facer os 18, pero chegaron antes do esperado. ]
Podía haber feito un entreno máis forte, me sentía con moitas forzas. Fun demasaido cómodo, non o esperaba, e menos despois do entreno de onte.

Mañan se non ocorre nada raro, irei a facer o de sempre no ximnasio, e a noite un partido light de fútbol sala, nada de correr.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 15:31
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

O xoves o final so puiden ir o fútbol sala.
O venres e sábado aínda peor, tocou descansar, pois a verdade e que si que me sentía canso.

Hoxe quedara para ir facer a Pre VigBay con C.A.R. Marisqueiro, e foi todo un pracer. Eu como había saído un pouco tarde, e creía que íamos saír as 9:30, pois me fixen 2 km que quecemento a 4:00, para chegar puntual o verbum.

Despois saímos a facer a carreira (eramos poucos para 1:30) ata o km 3 iamos Moussambani, e 2 corredores maís que non me acordo o nome (son moi malo, necesito 2 ou 3 oportunidades para recordalo). A partir de ahí xa nos quedamos eu e Moussambani a ritmo obxetivo de 4:15 ata o km 10.5, onde el dou a volta para Samil.
E ahí empezou a miña odisea, pois eu non coñecia exactamente o percorrido, e non é unha zoa que domine. Me enganei na primeira baixada para praia américa, e dei volta, despois o final de praza américa, preguntei para ir por Monte Lourido, pois tamén me enganei, pero o final fixen ben a volta. E despois tiven que preguntar tamén para ir por Sabarís.
Como no sabía moi ben onde habíamos quedados, decidín facer os 21.1 km, e seguir por Baiona.

o final 21,1 km en 1h31, a 4:20.

O final unha foto cos que habíamos chegado, é un pequeno avituallamento por parte do Clube. Que sempre estivo ahí.
Grazas, foi un entreno distinto.
A semán rematou con 54.5
O mes de febreiro rematou con 175.5.
Moussambani

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/10/07
0 Carreiras
1489 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 20:20
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

sanmikel escribió:
O xoves o final so puiden ir o fútbol sala.
O venres e sábado aínda peor, tocou descansar, pois a verdade e que si que me sentía canso.

Hoxe quedara para ir facer a Pre VigBay con C.A.R. Marisqueiro, e foi todo un pracer. Eu como había saído un pouco tarde, e creía que íamos saír as 9:30, pois me fixen 2 km que quecemento a 4:00, para chegar puntual o verbum.

Despois saímos a facer a carreira (eramos poucos para 1:30) ata o km 3 iamos Moussambani, e 2 corredores maís que non me acordo o nome (son moi malo, necesito 2 ou 3 oportunidades para recordalo). A partir de ahí xa nos quedamos eu e Moussambani a ritmo obxetivo de 4:15 ata o km 10.5, onde el dou a volta para Samil.
E ahí empezou a miña odisea, pois eu non coñecia exactamente o percorrido, e non é unha zoa que domine. Me enganei na primeira baixada para praia américa, e dei volta, despois o final de praza américa, preguntei para ir por Monte Lourido, pois tamén me enganei, pero o final fixen ben a volta. E despois tiven que preguntar tamén para ir por Sabarís.
Como no sabía moi ben onde habíamos quedados, decidín facer os 21.1 km, e seguir por Baiona.

o final 21,1 km en 1h31, a 4:20.

O final unha foto cos que habíamos chegado, é un pequeno avituallamento por parte do Clube. Que sempre estivo ahí.
Grazas, foi un entreno distinto.
A semán rematou con 54.5
O mes de febreiro rematou con 175.5.

hola Sanmikel,

sintoo que ó final quedaras ti só. A verdade que cando vin que no plan de 1h30m anotáranse varios participantes, non me imaxinaba que somentes seríamos 4. O ritmo que levábamos era o ritmo de 4'15" cando din a volta no 10,5…e tiven que facelo así porque por temas familiares (o de sempre, axendas apretadas ata no fin de semana) tiña que estar en casa antes das 11:45. Non sei finalmente se puideches dar a volta a Monte Lourido, pero como che comentei, o maís incómodo dese tramo é a parte de saída de monte Lourido ata o enlace a estrada que leva ata Sabarís. Tamén hoxe tiñamos o vento de cara case todo o percorrido, facíase algo incómodo nalgúns tramos.

A ver se nos vemos pronto noutra, e moita sorte de cara ó futuro. Que nos respeten as lesións! Rezar

"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 21:15
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Se non importa, estou mais q acostumado a correr so. O unico que era a primeira vez que ia facer o recorrido da Vigbay, para a proxima xa o coñezo. Monte lourido me gustou, e a ese ritmo non me pareceu nada duro.
grazas por a compaña, foi un pracer.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos