Foros ›
Autor
Mensaxe
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Mér, 21 Xan 2015, 13:33
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

A ver Sanmikel que te desinflas. Guiño
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 21 Xan 2015, 13:39
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Ríndose Ríndose
Non me fagas rir... que eu son un novato nisto... levo pouco tempo e cometo erros de principiante.
Non coma ti, todo un veterano (no bo sentido), que vas embalado, e me pasaches na clasificación.

Pero non creas que vou dar o brazo a torcer, iso si, vou moderareme un pouquiño nas carreiras que elixo!!!
lestrove escribió:
A ver Sanmikel que te desinflas. Guiño

sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 21 Xan 2015, 17:26
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Martes 20 de xaneiro,

15 min. eliptica, estiramentos, fortalecemento e core, finaliza con 10 min. elíptica.
Isto do ximnasio non é moito para min, me fan falla 2 horas para realizar todo o que me poñen, e coa sensación de que non fixen nada. Por o menos as veces que fun non me topei nada de postureo, ou o que din por ahí que sucede nos ximnasios. Xa poderei ir contando se vexo algo.

Mércores 21 de xaneiro, 9.8 km con calma e 60.9 kg.
Facendo caso o me fisio, con calma... así que fixen o seguinte, correndo sobre terra.
4 km a 4:17 4:06 3:58 3:44
4 minutos de estiramentos
2 km a 3:59 e 4:10
3 minutos de estiramentos
2 km a 3:57 e 3:50
1.8 km de quecemento a 5:20

Hoxe houbo momento nos que sentin que me tiven que esforzar para estar nos ritmos debaixo de 4 o km (o luns sairon sen facer nada). Me soe suceder sempre que o fago por o paseo do lagares, e mirando o GPS. Seguro que ten algo que ver. Hoxe non me daba tempo a ir a Castrelos nen de broma, pois despois tiña sesión de fisio.

Así foi, hoxe xa me dixo, que estou case listo, que agora espere tres semáns ata a seguente cita. Sempre e cando siga cos exercicios de estiramento e fortalecemento no ximnasio. Así que aquí un mandando.
Non teño nin idea como vou amoldar o ximnasio e correr, pois o ximanasio é unha barbaridade de tempo, é un pequeno aburremento. Veremos.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 23 Xan 2015, 18:05
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Xoves 22 de xaneiro,
15 min. eliptica, estiramentos, 5 minutos de trote, fortalecemento e core, finaliza con 10 min. elíptica.

Venres 23 de xaneiro
Hoxe tocaba facer un trote tranquilo, e saíu así:
Todo seguido:
3 km a 4:55 de media
3 km a 4:10 3:55 4:03 (saíron sen facelo adrede)
1k 4:36
3 km a 5:10 de media

En total 10 km en 47:00, 155 ppm, 63 kg de peso.
(Tiña pensado facer 8km, pero me despistei. Fun sen facerlle caso o gps. Despois non quedaba outra que voltar, así que era andando ou trotando, e tocou trotar, pois tamén ía xustiño de tempo)

Mañan se teño un oco trotarei 15-20 minutos, pois o domingo vou ir a carreira do Calvario. Alí me probarei para ver como estou despois de todo este parón obrigado.

Espero poder ver a moitos coñecidos (aínda que non coñezo a case ninguén do foro) Pensando
Boa sorte os que corrades o domingo e calquer lugar!!!
Marcosf

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/10/13
57 Carreiras
298 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 24 Xan 2015, 10:26
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Suerte mañana San Mikel. Qué bueno tenere de vuelta. Ya sabes, con sentidiño! Haz caso a tu fisio.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Xan 2015, 20:20
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grazas Marcos, a sorte non creo que teña que ver moito neste deporte, como dixen varias veces neste foro, pero se agracede.
Esta vez vou intentar facerlle caso, por o menos xa levo 15 días facendo lle caso. E grazas a él estou de volta, pois senon non houbese descansado case nada.
Marcosf escribió:
Suerte mañana San Mikel. Qué bueno tenere de vuelta. Ya sabes, con sentidiño! Haz caso a tu fisio.

sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Xan 2015, 20:57
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 25 de xaneiro,
levaba inscrito dende o primer día para esta carreira, pero co tema da lesión non tiña moi claro se ía participar. Incluso creía que non ía a participar, pois tampouco podía inscribir as nenas, e se non ían elas, me molaba menos. Pero o final estiveron inscritas. Entre que ían correr as dúas peques, que está semán fun correr un pouco e con bos sensacións, e que ademáis era en Vigo, decicín ir correr o Calvario.

IV Correndo por Vigo.
De antemán non tiña moi claro como ía ser esta carreira de hoxe, pois estiven parado moito tempo, así que a priori, xa quedaba contento con facer menos de 40minutos. Ademáis o perfil da proba, aínda que parezca chanciño en plano, non o é, pois ten moitísimos tobobáns interminables, e costas.
Xa habíamos recollido o dorsal o sábado en barreiro, para estar máis tranquilos o domingo. Así que fun relativamente tarde para a carreira.
Fixen 2.5 km de quecemento precarreira.
Non sabía que había caixóns, e me tocou no caixón vermello, e tiven sorte de saír relativamente ben posicionado.
Saída puntual, e os meus kilómetros foron así:
1 km, sen mirar o gps, e sen darme conta, me saíu a 3:34, e coa sensación de ir demasido ben de respiración e peito, non mo esperaba, me topaba bastante ben.
2k, saíu a 3:42, e ía con xente que sabía que podía manter ese ritmo, pero non quería eu pasarme moito, e seguín o meu, pasandome algún que tiña xa fichado, que ía facer 36:00 aprox.
3km a 5Km, a 3:50 de media: Sen propormo, fun eses kilómetos detrás de "beauvais" (aínda que el non me coñece), e 2 corredores maís, un de taninos e outro de dare2b. Eu ía xusto detrás deles, e ia relaxado, pero os tobogáns facía algo de meia.
Km 6 e 7, saíron a 4:02 de media, aquí se me distanciaron o grupo de "beauvais" pois eu non quería darlle tan forte, pois despois deste parón que levaba non quería eu pasarme de revolucións.Fun 2 km eu soiño, aínda que me pasaron un par de corredores, eu o meu.
Km 8 e ata o final, 3:42 3:57 e 3:55 de media. Como non tiña nada que gañar nen perder, e mantiven tranquilo, pois ía en terra de ningúen. Tampouco ía facer marca, nen sequera ía valer moito o non ter 10k, e así fixen, me mantiven tranquilo. Normalmente, me gusta darlle bastante brasa e ir o límite non últimos 2.5 km en todas as carreiras, pero non o fixen.

Chegei a meta, con un crono de 37:46. Según o meu garmin, 9800m, a unha media de 3:51. Según a media da organización a 3:47. Cheguei entre os 80 primeiros.

A carreira de adultos, moi ben organizada, e case sen erros.
Aínda que eu creo que o final da meta está moi mal pensado. Como Jenaro de la fuente, estaba repleta de xente, sería moito maís gratificante para os corredores que finalizamos poder facer os últimos 400 metros sentindo a xente, e véndoa, en vez de rematar nos primeiros 100 metros, pois toda esa rúa estaba con motísima xente.
O circutio é moi duro, aínda que a priori non o parece, continuos tobogáns. A a ida e volta por Ramón Nieto, parece un non rematar, parece un sin fin, non sabes cando ben unha costa arriba, ou unha recta; son 4 kilómetros e pico así seguidos.


Por a miña parte contento, pois as sensacións foron boas, depois de estar parado tanto tempo. Pero me quedo coa espiña de que podía haber seguido o grupo de "beauvais", e facer un bo tempo (me pasa por conservador; e non houbese servido de moito, pois a distancia non está nada clara)
Grazas organización, grazas voluntarios e todos os que fixeron posible esta carreira. Tamén grazas os participantes, nós os corrededores.

Boa noite foreiros, e ata a próxima.


Última edición por sanmikel o Mar, 27 Xan 2015, 17:30; editado 1 vez
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 27 Xan 2015, 17:27
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Luns 26 de xaneiro,
10 min. eliptica, estiramentos, fortalecemento e core, finaliza con 10 min. elíptica.

Martes 27 de xaneiro,
14:15, 9.2 km en total, 39:43. Peso 60,5 kg.
Realizado e 3 tandas:
2 km a 4:14
Fartlek: 1m forte(10veces), 1 min a ritmo [Forte entre 3:15/3:40, Ritmo 4:05/4:30] Según o gps, claro, pois como había pouco tempo non podía acercarme a Castrelos.
2.5 km de volta a casa, subindo Avda. Europa a trote, a 5:00

Os últimós fartleks me costaron bastante, non contaba eu. De pernas ben, pero de peito non tanto. Imaxino que o parón se nota.

Dou gusto correr co ceo despexado e con sol preto da praia. É un gustazo estar en inverno e poder ter un tempo así para entrear.



`
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 30 Xan 2015, 13:55
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Chapa vs Hormigón, gaña Hormigón.

Hoxe titulo a miña mensaxe... pois así empezou o meu entreno de hoxe.
Saín da casa, sacando o tempo de onde non o tiña, para acercarme a correr por Castrelos, pero ía ir en coche. Subo o coche, e dou marcha atrás, come sempre, pero ahí estaba o Hormigón (en forma de columna). Sempr estivo ahí ese Hormigón, o que pasa e que coas presas, coas gañas que tiña de ir correr, non me decatei que aparqueis xusto na praza paralela a miña, e o ditoso "Hormigón", queda xusto o lado contrario da maniobra que sempre realizo, así... que a "chapa" do coche quedou moi danada a porta...

Menos mal que non me afecta moito estas cousas, porque o final so é iso "chapa", outras cousas son maís importantes. Por iso fun igual a correr, aínda que as gañas vironse reducidas.
E así foi, pois non me centrei ata case a metade do entreno.

Vernres 30 de Xaneiro, Castrelos.
1.2 km de quecemento, a 4:45
10x300 con recuperación de 300 metros a trote (excepto nas 3 últimas que foi 150m andando e 150 a trote) saíron así: 1:00 / 1:03 / 1:00 / 1:02 / 1:02 / 0:57 / 0:56 / 0:57 / 0:53 / 0:53/ 0:52
1.4 km de enfriament0 a 5:40
Castrelos era unha poña casi contínua, a veces daba un pequeno rodeo para non pillas os charcos que había, pero visto que era imposible, foi todo seguido por as poza.. (As miñas fillas lle faría ilusión correr hoxe, pois parecía un capítulo da "Peppa Pig")

Iso si, hoxe me quedou bastante claro, que eu non me vexo nunca, correndo 1 km a ritmo de 3:10 (e non creo que a 3:20). Creo que o meu límite xa está marcado, é xa estou preto del.

Esta semán foi moi dura a nivel laborar, e tamén a nivel familiar, con pouco tempo, e creo que as familia se merecía o tempo maís que ir a correr.

Martes 27, aumentei o entreno, e a noite fun xogar unha pachanga de fútbol sala cos amigos de 1 hora
Mércores 28, ximnasio, 10 minutos elíptica, estiramentos, fortalecemento e remata con 10 minutos de elíptica.
Xoves 29, nada de nada.

Mañan se teño un oco a tarde quería correr uns poucos kilómetros, pois o domingo tiña pensado ir correr a Pontevedra "San Brais", ´como é tan cortiña igual fago uns 3 km antes e outros 3 despois, para que non se quede un domingo tan pobre con 6 km.

Bo día señores... disculpar as miñas idas de olla...

O mes de xaneiro remtata con 73.5 km máis ximnasio e fisio.



Última edición por sanmikel o Mér, 01 Xul 2015, 7:37; editado 1 vez
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Feb 2015, 16:19
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 01 de febreiro, VII Carreira Pedestre San Brais
Pois como era a carreira que estaba máis preto da casa, me pareceu ben ir a ista. Carreira nunha parroquia e organizada por os veciños, e o Circuito de Carreiras Populares, así que para ala fun.
Unha carreira moi ben organizada, pero que moi ben.
Sabía que había costas, pero non o que o final me esperaba.
Eramos bastantes participantes, a priori cerca de 500, e ma quería tomar como un bo entreno.
Saín en unha posición media, e tiven que remontar bastante... a saída foi bastante organizada e sen problemas.
Estiven toda a carreira adiantando a corredores... e non fun en grupo nen nada.
Constantes subidas e baixadas (minto, maís subidas...e poucas baixadas)
Xa no kilómetro 3 ía eu cagándome en todo, por onde me había metido, pero aínda quedaba o peor.
200 metros antes da sinal do k4, empeza unha costa matadora..... desas das que si fan dano durante uns 500 metros ou un pouco maís un desnivel maís que considerable (vin a 2 que ían diante miña andando, a min pouco me faltou), pero despois continuaba a subida outros 500 metros máis livians... pero xa te había marcado antes a subida)

Sen proporme nada, nen sen aumentar o ritmo, no últimos 500 metros que eran en baixada, sobrepasei a 5 corredores, so coa inercia.

Cheguei a meta en 24:28, según o gps a un ritmo de 3:58, e un total de 6.17 km, entre os 50 primeiros.
6270m marca no reglamento.

Fixen 4.5 km de quecemento a 5:20
E 1 km post carreira o mesmo ritmo.


Sábado 31 de xaneiro, 6.5 km a 5:00


A semán remata con 35.7km, moi pobres.....
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 02 Feb 2015, 22:43
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Luns 2 de febreiro,
saída tranquila post-carreira, pero xa era necesario empezar a mover as pernas.
10 km. post carreira, en 47 minutos, 61.9 kg de peso.
4 km a 4:45
2 km a 4:35
1km a 4:12
1 km a 3;43
2k a 5:10 subindo Avda. Europa.

Moi boas sensacións, pero a cabeza puido máis que as pernas.
Parece que o que me fixo parar está olvidado, e non existen síntomas, así que creo que podo voltar a seguir o pran de entreno, pero un pouco máis recortado, pois vou incluír ximnasio. Como o tempo xa case non me da para correr, non podo pretender seguir correndo e tamén engadir ximnasio, teño que complementar, non me queda outra.
So me quedan 2 posiblidades, ou a lotaría, ou aumento de €€ nun dos dous traballos, pois o tempo as dúas pequen non llo penso quitar.

Pran o canto....o problema será cumplilo.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 05 Feb 2015, 18:43
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Levo uns días a nivel laborar moi duros, e con moi pouco tempo, asumindo que agora a maiores teño que ir algún día o ximnasio e algún compromiso social (fútbol sala), pois non me queda case tempo para correr. Así foron estes días.

Martes 3, 50 minutos de fútbol sala (non moi intensos), e uns cuantos execicios de abodominais e zona media.

Mércores 4, 10 minutos de elíptica, estiramentos, fortalecemento, core e 5 de elíptica, finalizando cuns estiramentos. [tiven que reducir elíptica, pois se non non chegaba a unha reunión]

Xoves 5, Castrelos, hoxe mentres retoco o meu plan de entreno, despois da lesión, me invento un mini plan de velocidade.

3Km quecemento a 4:35, indo para Castrelos.
5x400 en 1:16, Rec 1:20 saíron en: 1:18 1:18 1:14 1:17 1:12
Rec 2m
4x300 en 54s;Rec 1:10, saíron en: 55 55 54 53
Rec 2m
3x200 en 34s; Rec 1:00, saíron en: 33 33 32
As recuperacións trotando, excepto as de 200
3Km de tranquilidade a 5:30, de volta para a casa.

Non sabía moi ben como me ía saír estas series de velocidade, pois nunca había feito series menores de 300.
Creo que me propuxen un pouco forte todas as series de 400, pois depois da última de 400, me costou facer as de 300.

Me quedo coas ganas de saber canto sería capaz nestes intres de correr 200m a máxima velocidade, en 2 ou tres intentos, coa recuperación que faga falta.. (Igual fago a proba para a semán.)

En total 12 km, e un peso de 60.9 kg.

Pd: levo fatal o do ximnasio, me quita 1:15-1:40 minutos(2 horas con desprazamento e aparcar). En dúas horas me daría tempo de entrenar 1h15:, ducharme, e me quedaría aínda 30 minutos. Se quero ir 2 veces a semán o ximnasio, non me queda outra que quitarllo a correr, así que me da a impresión que so vou poder ir correr 3-4 días a semán. Non sei que beneficios terá, pero de momento non os topo. De momento teño exercicios moi básicos, espero que o rematar esta tabla empecen os uns un pouco máis esixentes físicamente.
A ver canto duro.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 08 Feb 2015, 22:23
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 8 de febreiro,
A semán está sendo pobre como estas últimas despois da lesión, e da carga de traballo.
Non creo que as seguintes sexan mellores, pero visto que parece que podo correr sen dor na cintilla, me propoño recuperar un pran de entreno, veremos canto del podo cumplir, creo que é demasiado esixente, e intentarei adaptarme.
Hoxe era o primeiro día,
Tocaban 15 km. en 1h9m (4:35), non sabía como ía ser, pois nunca había feito un entreno así, en competición si que o sería capaz, pero só e entrenando non o tiña nada claro.
Mañan en Vilanova de Arousa, saín tarde, as 10, e facía un frío que pelaba, tanto que estiven a punto de deixar o entreno por o frío que tiven nas mans ata o kilómetro 6, pero despois se me pasou ... Saíu así:
Km 1 a 9: a 4:27
km 10 o 12: a 4:17
Km 13, 14, 15: 4:04 03:57 03:58

15 Km en 1:05, obxetivo de entreno cumplido.

Despois 2.5 km de tranquilidade voltando a casa, a 5:20

Hoxe en total 17.5 km.

A semán remata con 51, 5 km, unha pachanga e unha sesión de ximansio.

pd: o pulsómetor se voltou louco, non sei se será por a pila (non o creo), creo que foi unha actualización do garmin, que sacou un firmware para él fai case dous meses. Antes era super fiable, nunca tiño picos nen nada, e nunca había pasado de 188 pulsacións. Agora en calquer entreno pouco esixente chego as 200, e a veces as 220. Xa non me fio del, probarei a cambiarlle a pila, pero non teño moita fe en que iso funcione, creo que foi unha actualización. Non sei se a alguen maís lle pasou. Teño o pulsómetor HRM de Garmin. Xa contarei.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 09 Feb 2015, 21:58
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Luns 9 de novembro,
Castrelos, 10.5km en 4:12, ppm 156, ppMax 176, Peso 61Kg.
Hoxe tiña marcado, 10 km. a 4:30-4:20, intercalando no medio 10 cambios de ritmo de 20 segundos de ritmo 3:40, e 1 minuto de descanso.
Como o final fun por Castrelos, os cambiosde ritmo os tiña pensado facer, 100m entre 20s e 22s, e outros 100 en 27s (4:30). Era máis fácil de calcular...


0.5 k de quecemento básico.
6km: a 4:24 de media
13 Cambios de rimto 100m forte, 100 trote: 20 22 21 21 21 22 20 19 20 18 [os 100 metros de recuperación foron entre 25 e 28 s (4:10/:4:40).
2 km a 4:15.

Cando ía marchar, me encontrei cun amigo, e fixen con el unha volta,
o final foron 2.5 km maís a un rimto de 5:00

En total 13.5 km. Me pasei un pouco, tanto nos kilómetros como un pelín no rimto, pero non fixen ningunha animalada, así que consta como entreno completado.

pd: Había moitísima xente correndo por castrelos as 7 da tarde. Non é un horario que a min me coincida, pero me sorprendeu para ben, a cantidade de grupos e persoas que había correndo. Moi feliz Moi feliz
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 11 Feb 2015, 16:50
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Martes 10 de Febreiro,
con moi pouco tempo, me escapei antes dunha reunión, e fixen:
10 min elíptica, estiramentos, fortalecemento e core, rematando con 5 de elíptica.
A noite, 1 hora de futbol sala.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos