Ven, 25 Xul 2008, 22:29
Asunto: Re: XIII Memorial Mario Puentes
Eu quero facer varias reflexións inxenuas e cheas de curiosidade:
1º.- ¿E posible organizar esta prova tan singular e fermosa sen premios en metálico? O 90% ou máis dos que imos ás carreiras palmamos cartos (jasoil, comida fora, ...)
E dicir, ¿Pode ser a carreira eminente e esencialmente popular?
2º.- ¿Cómo é posible non aproveitar a inercia e sona que esta carreira arrastra desde fai ben anos?
3º.- Os gastos mínimos (licencia, auga, ..) ¿Son inasumibles.
Eu entendo que provas de carácter profesional se vexan afectadas directamente pola crise económica, pero provas de carácter popular, non o entendo.
Eu vou con moita frecuencia ao Concello de Nigrán (Patos, Madorras, Panxon, Praia América, Ramallosa), e debe ser un concello razonablemente rico.
¿Non ten a cantidade precisa para pagar o mínimo necesario para celebara a prova?
Non é a miña intención arranxar a casa de ninguén. Simplemente me sorprenden algunhas cousas.
Lugares como A Merca, Meaño, Montederramo, Cuntis, Esgos, Ferreirua (que non son precismente Silicon Valey) con ilusión duns veciños e amigos do deporte conseguen organizar provas dignas e ata brillantes.
¿Non ten cartos Nigrán para fomentar esta prova?
Eu vexo palcos e actuacións todo o verán...