Foros ›
Autor
Mensaxe
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Mensaxes
Pobra do Caramiñal
Respostar citando Envío Mér, 14 Xul 2010, 17:25
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

Xa nos podemos ir armando de paciencia Muro Muro Muro .

A min non me molesta moito pero paso de correr que seguro que a cago.
Ó levantarme polas mañans molestame algo, encima o primeiro que fago é baixar unhas escaleiras 8 ou 10 xa que a outra solución é saltar pola ventana.
Ríndose

¿Recomendaronvos algúns exercicios ou repouso?

A min por un lado repouso e por outro exercicios e xa non sei a quen facerlle caso.

Un saúdo

Pincha para ver os meus albums Dándolle caña á bici...
vistahermosa

Montañés
Montañés
28/02/10
145 Carreiras
1431 Mensaxes
Terra de Afiadores
Respostar citando Envío Mér, 14 Xul 2010, 18:47
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

Pois eu mañan vou o fixio aver que me di, xa vos contarei e cos consellos de todos podemos acurtar o tempo pra voltar canto antes.
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Xul 2010, 12:50
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

Eu fun onte ao fisio e deume corrientes antiinflamatorias e ultrasonidos. De momento non vexo moita melloría, sigo a notar esa típica molestia pola mañá ó levantarme, pero haberá que facer mais sesións.

Non me mandou repouso. Comenteille que este finde tiña carreira e non me puxo mala cara... Pensando

A min molestame únicamente os 5 primeiros minutos do día, e cando levo xa 40 ou 50 minutos correndo, ou cando "toqueteo" cos dedos para ver si está dolorida a zona. O resto do día, non noto nada.

Los Perros del Anuncio - 2014/15
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Mensaxes
Pobra do Caramiñal
Respostar citando Envío Xov, 15 Xul 2010, 14:29
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

alber escribió:
Eu fun onte ao fisio e deume corrientes antiinflamatorias e ultrasonidos. De momento non vexo moita melloría, sigo a notar esa típica molestia pola mañá ó levantarme, pero haberá que facer mais sesións.

Non me mandou repouso. Comenteille que este finde tiña carreira e non me puxo mala cara... Pensando

A min molestame únicamente os 5 primeiros minutos do día, e cando levo xa 40 ou 50 minutos correndo, ou cando "toqueteo" cos dedos para ver si está dolorida a zona. O resto do día, non noto nada.

Pois eu estou con repouso e máis ou menos estou coma ti.
Onte estiven facendo algúns exercicios e parece que non teño máis molestias.

Hoxe volverei a facelos.

Hai que ter coidado co tema das carreiras que logo esta lesión podese volver crónica.

Eu conozco un caso que xa leva moito tempo, será o que me motiva (ou asusta) para non salir a correr.

Un saúdo

Pincha para ver os meus albums Dándolle caña á bici...
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Xul 2010, 21:57
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

**borrado**


Última edición por xiamenfroi o Dom, 21 Nov 2010, 0:54; editado 1 vez
vistahermosa

Montañés
Montañés
28/02/10
145 Carreiras
1431 Mensaxes
Terra de Afiadores
Respostar citando Envío Xov, 15 Xul 2010, 22:06
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

Pois eu cheguei fai un rato do fixio, dixome que tiña unha pequena inflamacion, ainda que non moy grave. Uns vinte minutos de masaxe, ultrasons e rematou con correntes. Dixome que non parara de todo, pero solo correr suavemente sin forzar ( nada de carreiras ) e pa semana voltarei autra sesion.
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Mensaxes
Pobra do Caramiñal
Respostar citando Envío Ven, 16 Xul 2010, 17:30
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

Eu o exercicio que fago é o último que sale neste enlace:

www.championchip.cat/l...quiles.htm

Consiste en poñerse nunha escaleira e aguantar a baixada que é o importante e subimos coas duas pernas para non forzar.

Fixen uns poucos e hoxe doenme os xemelos pola falta de entreno.

Un saúdo

Pincha para ver os meus albums Dándolle caña á bici...
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Mensaxes
Pobra do Caramiñal
Respostar citando Envío Mar, 27 Xul 2010, 6:57
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

¿Como vai eso?

Eu salín a correr o domingo uns 25min a ritmo moi lento e non me molestou, menos mal porque si non dame algo xa que fun lento e pouco tempo.

Díxome o fisio que podía ir días alternos, hoxe volverei a ir.
Eu pensei que xa estaba bastante recuperado pero no fisio sufrín coma un can. Muerto Muerto

De momento teño paciencia, polo menos ata que remate agosto.

Un saúdo

Pincha para ver os meus albums Dándolle caña á bici...
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Xul 2010, 16:22
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

**borrado**


Última edición por xiamenfroi o Dom, 21 Nov 2010, 0:54; editado 1 vez
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Mensaxes
Pobra do Caramiñal
Respostar citando Envío Mér, 28 Xul 2010, 7:05
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

xiamenfroi escribió:
Hola correlegas.

Bueno, eu onte tiven a miña segunda sesión de Cyriax, e poido dicir que comezo (lentamente) a ver a lonxana luz ao final do tunel. O primeiro día pasóume coma a Sochas (sufrín coma outro can), moitísima dor.

O planing que ela me da é de unha sesión semanal de fisio (con ultrasons, cyriax e vendaxe de descarga que retiro aos 3 días, por ese orden). Ademais exercicio suave sen impacto (natación, aquarruning, elíptica, bici...). Crema antiinflamatoria e despois calor local.

Supoño que non haberá moitas diferencias entre os tratamentos. Anímovos a que escribades os vosos.

Un saúdo, correlegas.

xiamenfroi, alégrome que che vaia mellorando.
O masaxe que me dan a min doe moitísimo e os dous días seguintes doeme máis do habitual.

Eu fun correr 2 días 25min e non me molesta ó correr pero polas mañáns parece que sigo igual.

A verdade é que hai que ter paciencia. Triste

Un saúdo

Pincha para ver os meus albums Dándolle caña á bici...
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Xul 2010, 8:52
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

Creo que estou mais ou menos igual...

Reducin o kilometraxe a 20km ou 30km semanales (contra 70 ou 80 que facía habitualmente). Vou un día por semana ó fisio, que me dan masaxe, ultrasóns, e corrientes, pero polas mañas segueme molestando... Muro

Estou aproveitando para andar en bici, e ademáis como me dei un caprichiño novo de dúas rodas Satisfecho teño máis gañas de sair ó monte a andar en bici.

Dende o Xoves non saio nada a correr, hoxe sairei unha hora a trote, a ver que tal vou. Pensando

Los Perros del Anuncio - 2014/15
vistahermosa

Montañés
Montañés
28/02/10
145 Carreiras
1431 Mensaxes
Terra de Afiadores
Respostar citando Envío Mér, 04 Ago 2010, 18:57
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

Eu despois de duas sesion de fixio e entrenar suavemente atrevinme a ir a carreira da ponte, a verdade e que me sintin bastante ben. Logo collin unha semaniña de vacacions, donde solo fun un dia a correr, ahora de volta a vida normal teño que volver o fixio, pois a molestias siguen tanto o levantarse pola maña como o votar lungo tempo sentado, polo que deduzo que o pior e cando esta frio o tendon.
saric

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/11/09
8 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Ago 2010, 8:38
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

Boas,
a verdade e que lendo as vosas mensaxes coinciden bastante co que em pasou a min, a dor pola mañan (parece que tes os pes rixidos), o de non ter molestias aparentes, etc etc.
A min cargaseme sempre o final da tempada (xogar nos campos vellos de herba artificial e como xogar en cemento), e ainda que en teoria descanso ata octubre sigo tendo as molestias. o Sair a correr no me doe, pero pola tarde ou o dia seguinte noto a zona moi cargada, e se toco noto molestias.
A min non me da sensacion de molestia a diario ata que chego ao fisio, en canto me toca as veces casi caigo da camilla, as ultimas veces descarga dos xemeos que estan moi cargados ainda que non o pareza en vida normal, e o tendon a vivir.
Tamen coincido en que as veces o reposo parece que non fai nada, e outras veces correndo case vas mellor.
Parece que o problema e que se produce un acortamento e engrosamento do tendon, e tampouco e bo parar de todo.
No meu caso ainda non deron coa solucion, nin cambiando de zapas nin reposo, pero eu tamen levo sobrepeso dende o embarazo, e estou tentando de baixalo a ver se asi mellora.
Isabel

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/07/05
0 Carreiras
325 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 8:24
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

hola. bueno moito ánimo a todos......

Eu bueno, non sei que dicir. O levantarme polas mañans non me doe, pero si lle toco me doe, e ademais o sigo tendo inflamado, asi que o fisio recomendoume unhas inyeccions de traumell, non sou filtracions. O
curioso é que a inflamación baixou un pouco, pero al deixar de ponelas creo que volve a estar igual.

O fisio non volvin xa que estou todo rato entre asturias e Galicia, e sinceramente estou farta....

Levo parada un mes, só nado, un pouco de bici de paseo e só corrin despaciñó 5 km nun triatlón, vou a deixar pasar agosto, en septembro comenzo a correr e xa paso do tema, levo 6 meses con o temiña e estou mais que harta.

Primero fun sete sesions de desgarca e mandoume correr, a pesar de que me doia, logo fun a outro fisio que me cubre a mutua y puseronme calor e ultrasonidos durante
dez dias e logo estando en vigo, un fisio me fixo o das inyecciones, un poco de correntes e maxase e ultrasonidos pero só pudenn ir 3 dias....


Perdón a chapa.
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Mensaxes
Pobra do Caramiñal
Respostar citando Envío Mar, 17 Ago 2010, 7:04
Asunto: Re: Tendinitis en el talón de aquiles

Isabel escribió:
hola. bueno moito ánimo a todos......

Eu bueno, non sei que dicir. O levantarme polas mañans non me doe, pero si lle toco me doe, e ademais o sigo tendo inflamado, asi que o fisio recomendoume unhas inyeccions de traumell, non sou filtracions. O
curioso é que a inflamación baixou un pouco, pero al deixar de ponelas creo que volve a estar igual.

O fisio non volvin xa que estou todo rato entre asturias e Galicia, e sinceramente estou farta....

Levo parada un mes, só nado, un pouco de bici de paseo e só corrin despaciñó 5 km nun triatlón, vou a deixar pasar agosto, en septembro comenzo a correr e xa paso do tema, levo 6 meses con o temiña e estou mais que harta.

Primero fun sete sesions de desgarca e mandoume correr, a pesar de que me doia, logo fun a outro fisio que me cubre a mutua y puseronme calor e ultrasonidos durante
dez dias e logo estando en vigo, un fisio me fixo o das inyecciones, un poco de correntes e maxase e ultrasonidos pero só pudenn ir 3 dias....


Perdón a chapa.

Moitos ánimos!!

Aquí creo que estamos todos igual. Eu esta semana xa nin estirei nin corrín nin nada, ata o carallo. Muro Muro Muro Muro
Esta semana supoño que irei probar aínda que non sei que facer porque vaia ó fisio, corra, non corra parece que todo vai igual. Algún día mellor e outro peor.

Eu o día 16 fixen 3 meses.

Un saúdo

Pincha para ver os meus albums Dándolle caña á bici...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos