Foros ›
Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Set 2010, 18:08
Asunto: IV Andaina de San Cibrao

Celebrase o vindeiro domingo 19 de setembro de 2010 con saída ás 9:00 horas e cá aréa recreativa de A BOUTUREIRA coma eixe da mesma. Dividirase en dous tramos:

TRAMO 1º: A Boutureira - Montelongo de Arriba - Penedo - A Torre - A Boutureira. Distancia: 11,300 quilómetros.



TRAMO 2º: A Boutureira - Vilanova - Outeiro Calvo - Muiño Victoria (tramo alternativo) - A Boutureira. Distancia: 10,200 quilómetros.



A inscrición custa 6 EUROS e proporciona dereito a un polo conmemorativo, avituallamento, bocadillo e bebida. Poderedes, opcionalmente, "papar" unha ración de polbo, pan e viño con ticket de reserva de 6 EUROS. Data límite o 16 de setembro. Xeitos de inscribirse:

A). - Directamente nas tendas de deportes:

Armería O Vinteún (988 373 766), Takos Sport (988 373 700), Intersport Bouso (988 226 592), Zagora Aventura (988 269 408), Arana Sport (988 391 307), Red.1 Deportes (988 237 019), Sequesport (988 617 707).

Có boletín de inscrición que se atopa no TRÍPTICO ou cubrindo o FORMULARIO recollerase o dorsal e o ticket do polbo.

B). - Directamente no Concello de San Cibrao das Viñas (988 381 034), do seguinte xeito:

1º -Realizalo ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ate o día 16 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.

2º - Cumprimentalo seguinte boletín de inscrición i entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto có resgardo do ingreso.

C). - Por Fax, do seguinte xeito:

1º - Realizalo ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 16 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.

2º - Cumprimentalo seguinte boletín de inscrición e remitilo ó Concello xunto có resgardo do ingreso por Fax ó 988 381101

3º - Agardala confirmación da reserva por parte do Concello, có número de dorsal, por correo electrónico, por Fax ou por teléfono.

4º - Recollelo dorsal calquera día de luns a venres e de 8:30 a 14:00 nos días previos a Andaina, na Casa do Concello, ou o día 19 de setembro no punto de saída, media hora antes do inicio da andaina.

As tendas de deportes suministrarán dorsais ate o día 16 de setembro e ate un máximo de 300 participantes.

No Concello de San Cibrao das Viñas poderán retirarse ate o día 17 de setembro.

Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 19, ás 8:30 horas, antes do comezo da proba e ate chegar ó tope de 300 participantes. Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

Mais información na web do concello
andarina

Novo foreiro
Novo foreiro
18/08/10
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Set 2010, 7:42
Asunto: Re: IV Andaina de San Cibrao

Esta andaina ten boa pinta e servirame como entrenamento para facer a andaina do Maratón do Miño.
Barazal

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/10
0 Carreiras
24 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 06 Set 2010, 10:50
Asunto: Re: IV Andaina de San Cibrao

Esta Andaina fixémola o ano pasado uns amigos de Pontevedra e quedamos encantados coa acollida desta xente.
De feito foi unha referencia para organizar a nosa Andaina Pontevedra-Almofrei deste anterior domingo 12 de setembro. Agardamos a vosa presenza este fin de semana. Nos tamén estaremos en San Cibrao. Ata pronto, saudiños.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos