Foros ›
'Tea Party' vs 'Café (con gotas) Party'
Foros de debate / Otros temas de interés
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Xan 2011, 0:26
Asunto: 'Tea Party' vs 'Café (con gotas) Party'

O clima de crispación política, motivado pola actitude incendiaria á que o 'Tea Party' leva sometendo á politica norteamericana dende hai uns anos, liderado por Sarah Palin (que na súa web chegou a poñer unha diana sobre certos líderes demócratas, igualito que si de Al-Qaeda se tratase), levou a que un descerebrado armado cunha Glock disparase e matase a un feixe de inocentes, entre eles a unha nena de 9 anos.

Os feitos semellan indicar que uns, a mencionada Palin & Cia, sinalaron os posibles obxetivos, sen pensar nas consecuencias da súa acción e sen pensar que hai moita pistola solta polos USA, mentras que un chalado lles completou a faena. Dende logo non poido crer que o fixese voluntariamente, nin que todo o Tea Party pense igual, pero sí parece que tensou a goma ata o límite, só para sacar rédito político. Ata esas consecuencias leva a crispación e a escalada de violencia dialéctica nun país que non vivira tal situación, probablemente, nunca na súa historia. Agora non hai mais que ver o Facebook da mencionada republicana ultraconservadora (estíveno lendo media hora) para ver o cruce de acusacións que se fai a cidadanía norteamericana, entrando moitas mensaxes por minuto, que na maoiría dos casos xulgan severamente a actitude da ex-gobernadora de Alaska. A este clima tamén contribuiu certa prensa e medios de comunicación norteamericanos (Fox News), que deberan revisar profundamente a súa ética periodística, si teñen á señorita Etica en plantilla.

Extrapolando o sucedido, creo que en España poderíamos levar o mesmo camiño que alá. Agás a existencia de armas cortas á venda nos supermercados, temos o resto de ingredientes para facer o mesmo caldo ponzoñento que nos USA, de feito, xa hai tempo que o perol está ao lume e se están a botar esos ingredientes. Temos algúns políticos ultraconservadores coma Esperanza Aguirre e Alicia Sánchez-Camacho (esta última tamén fixo a ‘gracia’ dun divertido videoxogo de disparos na rede…), mais que nunca hai moita prensa que voltou a retomar a senda do Nacionalcatolicismo, medios de comunicación gatunos cos seus felinos tertulianos, e unha masa social desexosa de sangue. E finalmente temos o motivo e o culpable para perpetrar a receita: a crise económica e ZP.

ZP é un cadáver político. De iso non me cabe duda, e está tratando de chegar ás eleccións xerais de 2012 sen desvelar públicamente si vai ou non vai presentarse á reelección. A día de hoxe estou convencido que non o vai facer, e que se limitará a non deixar moi retrasado nos tacos de saída ao seu sucesor Rubalcaba. E a verdade é que non debe seguir: a súa xestión da crise foi e está sendo nefasta. Ese simple feito xa levará ao PSOE a perder as eleccións, tal e como pronostican todas as enquisas. Mais vendo cómo están a gobernar outros en Galicia, xa estou a pensar en cambiar de deporte, deixar o running, e adicarme á verdadeira afición que leva no sangue todo bo galego que se precie: a emigración.

Pero iso non quere dicir que me guste o que está a pasar en España e en Galicia últimamente. A xente na rúa está cada vez mais radicalizada, os debates acalorados doutro tempo no bar xa están pasando de castaño oscuro, e mesmo moi pertiño asoman exemplos da caverna mais rancia, resesota, tradicionalista e retrógrada. Eles dirán que outros son exemplos da barbarie comunista e nacionalista. E así se estará, cadaquén na súa trincheira, zumbándose todo obxeto arroxadizo que haxa a man e lembrando aquela famosa frase da película ‘Highlander’: Só pode quedar un…

Ata aquí chegamos. E a verdade, non sei o tensa que está a goma en España, nin canto mais pode dar de sí. Só agardo que a ninguén lle ocorra aquí o que pasou no aparcadoiro do supermercado de Tucson mentras que unha muller lle expoñía pacíficamente as súas ideas e soños a un grupo de veciños, sen descalificacións ou insultos, en paz.
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Xan 2011, 1:08
Asunto: Re: 'Tea Party' vs 'Café (con gotas) Party'

Parece que todos fan o mesmo

LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Xan 2011, 17:26
Asunto: Re: 'Tea Party' vs 'Café (con gotas) Party'

xiamenfroi escribió:
A xente na rúa está cada vez mais radicalizada

Estando de acordo contigo en casi todo o que expós, teño, nembargantes, que discrepar no da radicalización da xente da rúa. Eu estou vendo unha acritude enfermiza e moi perigosa en medios como os foros de moitos dos periódicos dixitales. As opinións que se poden ler, meten medo. Pensar que pode ser o teu veciño do piso do lado o que faga semellantes aseveracións, debería por os pelos de punta ó máis pintado. Logo, "tertulianos" (por chamarlle de algunha maneira) de algúns medios audiovisuales, auténticos terroristas da demagoxia, fan o resto.
A indignación da xente coa que me atopo na rúa no día a día, resúltame comprensible. Quen non o está preocupado, indignado, coa situación que estamos vivindo? Pero de ahí a esa imaxen que nos queren vender certos medios, de que pouco menos que estamos ó borde dun cataclismo cíviconuclear, media un abismo...penso eu, vamos!!
boirinho

Foreiro Senior
Foreiro Senior
8/11/09
22 Carreiras
447 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Mar, 11 Xan 2011, 21:25
Asunto: Re: 'Tea Party' vs 'Café (con gotas) Party'

URKO escribió:
xiamenfroi escribió:
A xente na rúa está cada vez mais radicalizada

Estando de acordo contigo en casi todo o que expós, teño, nembargantes, que discrepar no da radicalización da xente da rúa. Eu estou vendo unha acritude enfermiza e moi perigosa en medios como os foros de moitos dos periódicos dixitales. As opinións que se poden ler, meten medo. Pensar que pode ser o teu veciño do piso do lado o que faga semellantes aseveracións, debería por os pelos de punta ó máis pintado. Logo, "tertulianos" (por chamarlle de algunha maneira) de algúns medios audiovisuales, auténticos terroristas da demagoxia, fan o resto.
A indignación da xente coa que me atopo na rúa no día a día, resúltame comprensible. Quen non o está preocupado, indignado, coa situación que estamos vivindo? Pero de ahí a esa imaxen que nos queren vender certos medios, de que pouco menos que estamos ó borde dun cataclismo cíviconuclear, media un abismo...penso eu, vamos!!
O problema é que a un par deles que o crean firmemente, podenna liar parda, como o Arizona Baby do outro día...
Non pode sair gratuitas as opinións e declaracións de xente como os de Intereconomía, ou os de EsRadio...
No outro lado tamén hai moito impresentable, pero penso que non chega a eses extremos.

www.subeaobarbanza.blogspot.com
runrunpabli

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/02/09
0 Carreiras
1237 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Xan 2011, 17:21
Asunto: Re: 'Tea Party' vs 'Café (con gotas) Party'

aqui vouvos deixar unhas perliñas de unha das ideologas do" tea party", en castelan "carajillo party". poño en mallusculas para resaltar, non son gritos, e que non sei poñer negrilla.
.- AFRICA ES UN PAIS NO UN CONTINENTE.
.-TRES NOMBRES DE LOS PERIODICOS AMERICANOS QUE LEO?.... SON MUCHOS. EJEM, EJEMPERO LE TRAERE LA LISTA LA PROXIMA VEZ QUE ME ENTREVISTE.
.-LA FUNCION DEL VICEPRESIDENTE?. EJEM.. ES ESTAR A CARGO DEL SENADO.
.-POR SUPUESTO APOYAREMOS MILITARMENTE A NUESTROS ALIADOS DE COREA DEL NORTE...ESPERE, ESPERE, COREA DEL NORTE ES LA QUE ESTA AL SUR NO?
ademais esta sra confesa non haber leido un libro xamais, aparte dos de secundaria que eran obligatorios. ela e os seus partidarios elaboraron un atractivo movemento que evoca unha das historias da guerra da independencia. A proposito o 90% dos seus seguidores non recordan en que ano se produxo a independencia dos EEUU.
runrunpabli

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/02/09
0 Carreiras
1237 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Xan 2011, 17:27
Asunto: Re: 'Tea Party' vs 'Café (con gotas) Party'

coñooo que se me escaparon as cariñas que ia poñer. Muro Avergonzado Avergoñado Muerto Payaso Nono Avergoñado





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos