Ven, 11 Nov 2011, 0:36
Asunto: Re: 33º Memorial Belarmino Alonso de Campo a través
33º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través
Regulamento:
1º - O Comesaña Sporting Club, coa autorización da Federación Galega
de Atletismo, orgaiza en Vigo, o próximo día 27 de Novembro o 33º
Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través en San Andrés de Comesaña,
“Molinos” á beira do campo de fútbol “A Xunqueira”.
2º- O control e dirección das carreiras estará a cargo do Comité de
Xuíces da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo.
3º - O horario de saída das carreiras será o seguinte:
10:30’ - Juvenil/Júnior masculina, (Nados anos: 1.996/95 e 1.994/93)
10:53’ - Juvenil/Júnior femenina, (Nadas anos: 1.996/95 e 1.994/93)
11:15’ - Promesa/Sénior masculina, (Nados anos: 1.992/91/90 e 89 ou antes)
12:02’ - Promesa/Sénior femenina, (Nadas anos: 1.992/91/90 e 89 ou antes)
12:32’ - Cadete masculina, (Nados anos: 1.997e1.998)
12:52’ - Cadete femenina, (Nadas anos: 1.997e 1.998)
13:05’ - Infantil masculina, (Nados anos: 1.999 e 2.000)
13:16’ - Infantil femenina, (Nadas anos: 1.999 e 2.000)
13:23’ - Alevín masculina, (Nados anos: 2.001 e 2.002)
13:30’ - Alevín femenina. (Nadas anos: 2.001 e 2.002)
4º - As inscricións deberán efectuarse por un dos métodos seguintes:
Por escrito, ben por correo ordinario a Comesaña Sporting Club,
Pedreira, 21, 36213 Vigo; ou por Fax o número 986 235 169; Pechándose
o prazo por este método o día 22 de novembro, non admitíndose por
estes medios ningunha inscrición despois da data indicada. Por
Internet, cubrindo o formulario no enderezo
comesana.org/inscripcion.html, ou enviando un correo
electrónico cos datos a comesana @ comesana.org pechándose o prazo, só
para estes procedementos, o 25 de novembro ás 20:00 h. Todas as
inscricións farán constar: Nome do club, (se non e independiente) e
teléfono de contacto, agrupadas por categorías. Para cada atleta, nome
e apelidos, ano de nacemento e número de licencia federativa.
5º - Todos os atletas participantes deberán ter dilixenciadas as súas
licencia para a tempada 2011/2012. Os atletas extranxeiros teran
limitada sua participación a ter dilixenciada sua licencia federativa
pola FGA, excepto os portugueses, estes sempre que non foran
internacionais, en Campo a Través, ou fondo e meio-fondo, nos cinco
últimos anos.
5º - En todas as carreiras haberá unha clasificación por clubs,
establecéndose esta coa suma dos postos ocupados polos catro primeiros
atletas dun mesmo club en cada carreira (postos reais, sen eliminar os
atletas que non puntúen por ningún club, por ser independentes ou por
competir o seu con menos de 4 atletas). En caso de empate este
resolverase en favor do club co 4º atleta mellor clasificado.
Realizaranse clasificacións individuais absolutas e por as categorías:
Promesa, Xúnior, Xuvenil, Cadete, Infantil e alevín de ambos los dous
sexos.
6º - Os atletas nados en 1989 ou antes, consideraranse a todos os
efectos coma sénior.
7º - Serán gañadores do 33º Memorial Belarmino Alonso de Campo a
Través a primeira atleta clasificada da carreira promesa-sénior
feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira promesa-sénior
masculina.
8º - Outorgaranse premios en metálico e trofeos (o menos) aos cinco
primeiros clasificados nas carreiras promesa/sénior de ambos os dous
sexos, (600, 400, 250, 100 e 60 €) así como trofeos aos primeiros nas
categorías: Promesa, Xúnior, Xuvenil, Cadete, Infantil e Alevín.
9º - Tamén trofeo para o club gañador de cada carreira.
10º - Os participantes correrán cos gastos de desprazamento.
11º - Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no
momento da confirmación, que se realizarán como mínimo media hora
antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de
habela, a publicidade impresa.
12º - Os participantes nas carreiras xuvenil/júnior e promesa/sénior
deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de
comezo das súas carreiras.
13º - As reclamacións sobre a competición deberán ser presentadas de
acordó con as normas establecidas no Regulamento Internacional da
IAAF.
14º - O Comesaña Sporting Club e os seus colaboradores non se fan
responsables sobre os posibles danos que co motivo da competición
poidan sufrir os participantes ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos
dereitos que lle puidesen corresponder ante a compañía aseguradora
correspondente.
15º - O non previsto neste Regulamento resolverase dacordo co
Regulamento da IAAF.
16º - O feito de inscribirse neste 33º Memorial Belarmino Alonso de
Campo a Través, implica a total aceptación do preceptuado no presente
regulam
En San Andrés de Comesaña – Vigo,
a 27 de outubro do 2.011
Vº Bº Delegación FGA en Vigo Comesaña
Sporting Club