Voltar

Carreiras fin de semana 09-Xul-2014

Carreiras fin de semana

Aínda estas a tempo de inscribirte nalgunha das probas de ruta deste fin de semana:

CorreSan - Nocturna Cidade Vella, Compostela (12/7). Un percorrido espectacular con saída e chegada na praza da Quintana e correndo polo casco vello da capital. Precaución na saída! :: Regulamento e plano :: Comentarios ::

Carreira Popular de Tomiño (12/7). Organizada un ano máis por ADETO e con probas dende os 150 aos 9.000 metros na proba absoluta :: Regulamento e plano :: Comentarios ::

Corre Coruña - Ventorrillo (13/7). Unha nova proba do circuíto municipal que chega ao barrio do Ventorrillo cun percorrido por A Silva e Penamoa :: Regulamento e plano :: Comentarios ::

Real Carreira de Relevos Ría do Masma, Barreiros (13/7) :: Unha nova proba no norte de Lugo nun orixinal formato de relevos e percorrido pola "Ría do Masma" :: Regulamento e plano :: Comentarios ::

Sexa cal sexa a túa elección, desfruta dunha gran fin de semana de carreiras populares.

Correr en Galicia
"Si no puedo dibujarlo, es que no lo entiendo." Alber Einstein.


Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org