Voltar

O Circuíto 2014-15 - Parellas e equipos 27-Out-2014

Participa no Circuíto 2014-15
Fai as túas carreiras máis divertidas

O Circuíto Galego de Carreiras Populares 2014-15 é un xogo aberto a todos os atletas populares onde o importante é pasalo ben e onde NON gaña o corredor máis rápido, senón o máis constante ao longo da tempada. O único requisito é ter cumpridos os 18 anos o 6/9/2014.

Podes sumar puntos entre as máis de 200 carreiras que serán puntuables ao longo da tempada co único límite de 40 probas enviadas na túa ficha. A tempada vai do 6/9/2014 ata o 28/6/2015.

¿Cómo vai iso de sumar puntos?
Primeiro tes que inscribirte na modalidade individual do Circuito e logo participar nalgunha das probas puntuables. Unha vez publicados os resultados da carreira na que participaches só tes que ir á sección enviar posto e indicar o teu nick, a proba e o posto logrado. Nada máis.

Hai un prazo de 15 días por proba para enviar o posto.

:: Quero participar

¿Qué carreiras puntúan?
As probas puntuables actualízanse nesta listaxe segundo as organizacións vaian confirmando a data da celebración de cada carreiras. Podes facerte unha idea das probas puntuables consultando as da tempada pasada.

¿Cómo podo competir por parellas e equipos?
Para facer máis divertido o xogo podes participar cun amigo ou grupo de amigos na modalidade de parellas e equipos.

Por parellas.
Hai unha clasificación xeral para todas as parellas (femininas, masculinas ou mixtas) e outra só para as parellas mixtas.
Para participar só tes deixar unha mensaxe cos 2 nicks da parella neste tema do foro.
Para repetir a parella da tempada anterior, indicalo neste outro tema.

Por equipos
Hai tres divisións de equipos e as novas inscricións empezan en 3ª.
Están formados por 6 corredores dos que un deles é o capitán.
A puntuación do equipo é a suma dos 5 que en cada momento leven máis puntuación.
En caso de empate ponse por diante o que teña o capitán con máis puntos.
Para inscribir a un equipo o capitán ten que deixar unha mensaxe neste tema coa alineación.
Podes buscar corredores para o teu equipo no mercado de fichaxes.

As clasificacións actualizadas de cada división e a lista de inscritos a podes consultar da web do Circuíto 2014-15. Se tes calquera dúbida podes enviar un correo ou facer a consulta no foro do Circuíto.

Correr en Galicia
“En España, de cada diez cabezas nueve embisten y una piensa.” Antonio Machado.



Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org