Voltar

San Silvestres Galicia 11-Dec-2014

San Silvestres 2014
Arenteiro, Ares-Mugardos, Ribadeo e As Pontes

Comezamos co repaso das numerosas probas que teremos nos últimos días do ano espalladas por toda Galicia. A pesares do carácter festivo das mesmas, as que leven indicado o seu coeficiente serán puntuables para o Circuíto 2014-15.

Domingo 28
/ Solidaria do Arenteiro / Organizada polo Concello de O Carballiño e coa colaboración do Atletismo Arenteiro e Kórpore Carballiño, a proba chega a súa sexta edición sobre una distancia duns 10.000 m. Coeficiente 1,5.

/ Carreira de Fin de Ano / Esta carreira alterna a súa saída anualmente entre os concellos de Ares e Mugardos, sendo este 2014 o percorrido dende Ares ata Mugardos e volta. Coeficiente 1,50.

Mércores 31
/ San Silvestre de Ribadeo / Empezamos polo norte de Galicia. O Concello de Ribadeo organiza esta proba con 5.000 metros de percorrido e probas para todas as categorías. Coeficiente 1.

/ San Silvestre Pontesa / Un ano máis o Club Atletismo Olympo e o Concello de As Pontes invitan a todos os veciños e afeccioados a despedir o ano deportivamente e con premios para os mellores disfraces. Coeficiente 1.

Seguide atentos ao calendario porque seguen chegando probas. Para consultas ou aclarar dúbidas usade os temas abertos no foro e enlazados nos regulamentos das probas.

Correr en Galicia
"Vivir consiste en construir futuros recuerdos". Ernesto Sábato.


Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org