Voltar

O Barconamora 10-Feb-2015

Carreira por parellas “O Barconamora”
Nova edición desta orixinal proposta

O próximo 22 de febreiro o Centro Comercial Aberto de O Barco organiza a cuarta edición da Carreira Popular “O Barconamora”, unha orixinal proba na que os participantes deben facer o percorrido correndo xuntos en calquera das modalidades existentes: parellas mixtas, de homes ou de mulleres.

A saída da proba absoluta será ás 12 da mañá dende a praza José Otero de O Barco de Valdeorras, haberá probas para os máis pequenos e puntuará cun coeficiente de 1,00 para o Circuíto 2014-15.

/ Regulamento da proba

/ Comentarios e dúbidas

Correr en Galicia
“Unha vida sen propósito é unha norte prematura.” Goethe

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org