Ven, 18 Set 2009, 0:10
Asunto: Re: carreira de meaño
Hola.
En primeiro lugar dicirvos que xa están rematadas as clasificacións (incluídos chupetes e andantes) podendo consultalas na páxina do GAM.
En canto á carreira, efectivamente houbo, máis que fallos, problemas xurdidos pola gran participación rexistrada. Case todos tendes razón, aínda que non estou de acordo con algún de vos.
Primeiro: as colas na meta.
Sen dúbida o gran problema deste domingo. O sistema de toma de tempos, baseado nun lector de código de barras, aínda que foi punteiro no seu día, co número de particpiantes que hai na actualidade resulta pouco efectivo. Chegado este punto, a organización deberá tomar unha decisión: ben prescindir da toma de tempos, ben realizar unha forte inversión para incorpora-lo chip (championchip, cronotec, etc.). Sempre partindo da base de que a organización actual non está de acordo con cobrar ós corredores.
Segundo: as colas para recoller camisetas e refresco.
Aínda que é un problema, desde logo que de moita menor importancia. O feito de dar as camisetas este ano fora da zona de meta foi precisamente para evitar que botárades aínda máis tempo parados despois da carreira mentres vos retiraban o dorsal, tendo a posibilidade de tomar folgos, estirar, ducharse, etc. antes de ir a recolle-la camiseta e refresco. Os que protestades por esta cola non tendes razón para elo.
Terceiro: saída conxunta de nenos e maiores.
A razón de que unha asociación cultural e deportiva organice unha carreira non é outra que a de transmitir os valores do deporte a maiores e, por encima de todo, ós nenos. Se separamos ós nenos dos maiores estaremos facendo que se sintan menos protagonistas, e cercenando a posibilidade que correr a carón de xente que debera ser o seu ídolo. E esto debe ser así canto máis pequechos. ¿É que non vos dades conta da tremenda ilusión conque un rapaz de 3 ou 4 anos corre entre os maiores e o orgulloso que está coa súa medalla recibida ó chegar á meta?. Esto nunca se conseguirá na mesma medida se os facemos correr sos antes ou despois. O importante é que se vexan no "medio" dos maiores.
Outra cousa moi diferente é o tema da seguridade que algún de vos comentou. Estou de acordo, temos que estudiar o xeito de que os nenos poidan correr xunto os maiores e con seguridade. Será máis ou menos complicado, pero pódese facer.
Esto vai para Santa.
¿de donde quitaches que ós nenos non se lle daba refresco? Por favor, infórmate mellor antes de facer estas afirmacións. Os nenos levaron (ó igual que os maiores) un auga na meta, coa entrega do dorsal dábaselles unha bolsa cunha camiseta, unha mazá, unha rifa e un ticket para recoller un refresco. Exactamente igual nenos que maiores, homes que mulleres, andantes que corredores.
Os nosos campións.
Quero agradecer unha vez máis a Pedro Nimo a súa desinteresada colaboración. Recibir o trofeo das mans deste campión foi un premio engadido que persoalmente puden ver na cara dalgúns corredores.
Tamén gracias Serafín Portela e Manuel García Gendra, por estar en Meaño a peser de non correr. Ánimos á familia de la Torre, que non puideron asistir por causas maiores, pero estaban no noso pensamento.
Tamén a María Abel, Esther Pedrosa e Julia Vaquero.
Gracias, gracias e gracias
E porsupostísimo, gracias a todos e cada un dos corredores que participáchedes o domingo na carreira, especialmente ós que vos supón un esforzo este deporte e que o dades todo só co ánimo de superarvos un pouco máis cada día, inlcuso a costa de "estorbar" a algúns que se creen o que nunca serán e que neste foro vos faltan ó respeto.
Unha vez máis, gracias a todos e ata sempre.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es