Xov, 16 Nov 2006, 15:24
Asunto: POR ALUSIONS
Vou tentar se breve:
Fomos un grupo de 8 amigos do equipo Pato Blanco para coñecer Nova Ãorque e a sua famosa carreira de maratón. Divertímonos, rimos, mercamos, coñecemos os iconos turísticos habituais (rañaceos, pontes, neóns...), pero sobre todo disfrutamos dusn días de convivencia.
En canto á carreira decirvos:
NEGATIVO:
1º.- Esperar máis de 3 horas ao frío do Atlántico Norte na Ponte Verrazano desde as 7 ata as 10:10 (hora da saida).
2º.- O firme ao longo do percorrido, e salvo na ponte da saido e na famosísisma 5ª Avenida, parece propio dun país subdesenvolvido. As ruas, as estradas e as autoestradas non son as propias dunha grande potencia económica. O peralte tamén facía dificil correr polas beiras da calzada en casi todo o percorrido
3º.- Emgarrafamento inicial, que, ademáis de que o tempo real sexa o da alfombra, durante casi 2 millas, aquelo parece unha procesión, onde gañar metros é ben difícil.
4º.- 2 pontes (Verrazano e Queensborough) que cada unha delas achégase aos dous quilómetros, co primeiro deles de forte desnivel.
POSITIVO
1º.- Ambientazo. Colorido, millóns de espectadores, sobre todo en Queens, na 1ª e 5ª avenidas e en Central Park. Grupos musicais, a xente entregada, e participantes de ducias e paises que conformaban un regueiro de cores polas ruas de Manhattan.
2º.- Avituallamentos. Excelentes. En tódalas millas había auga e/ou bebidas isotónicas a partir da milla 12, moitos voluntarios.
3º.- Chegada en Central Park. As últimas 2 millas son moi, moi fermosas. O derradeiro tramo da Quinta Avenida, o percorrido polo Sul de Central Park e os últimos 450 metros.
Na vida, en xeral as comparación son odiosas. Cada carreira, cada maratón, cada prova ten os seus encantos. Londres?, Berlín? Madrid? Nova Iorque?. Cada unha ten o seu encanto que individuliza frente ao resto e non vou facer unha xerarquía.
Trátase dunha festa do atletismo popular onde todos os tolos que nos gusta temos cabida e onde te podes atopar xente de tódalas idades, de tódalas razas, e de todalas condicións.
A pesar do custe, merece a pena... recoméndovola.