Lun, 23 Abr 2012, 8:13
Asunto: Re: VI CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO
Boas.
Non hai tramo de "escalada" con corda coma o ano pasado, pero sí que haberá tramos "divertidos" sobre todo cas choivas destes días. Xa sabedes que dende a organización sempre tratamos de sorprendervos para facer a carreira distinta e amena tanto para os que van a competir coma os que van a disfrutala; e este ano non vai ser menos.
Respecto ó das coincidencias con outras carreiras: cando buscamos a data consultamos e reconsultamos o calendario de carreiras e non había nengunha nesta data, e a do Pino estaba para o fin de semana anterior; logo remataron coincidindo tres carreiras. Pola nosa parte non teríamos problema en poñer fins de semana de 3 ou 4 días, pero dame a min que os recortes non chejaron á semana laboral... só os sueldos... e ós postos de traballo.
Comentarvos que onte estivemos unhas 20 persoas vendo con detalle o percorrido e si deixamos aparte os comentarios sobre os nosos ascendientes finados (jejeje) ... as impresións do trazado foron moi boas, apuntando que pese a ser algo máis longo que o ano pasado (1 km. máis) parece algo máis rápido... pero eso xa se verá o día da carreira.
Saudos.