castiñeiras escribió: |
Meu ben querido Abraham, eu correr correr, ¡en fin!, sabes que son un home enfermo e fagho o que podo, pero si, dispois de tantos anos nestes menesteres, por fin imos poder correr xuntos nunha mesma proba, ainda que o de correr xuntos soamente sexa un eufemismo. Aproveito para explicarlle a sisi83, que a capacidade de beber cervexa de un home non depende de que si correr un trail de 11500 mts en menos ou máis de unha hora, é máis, non depende siquera de que corra, é algho patolóxico, innato na natureza do propio home; un home que non bebe 15 litros de cervexa o día non é home nin é nada......ou polo menos na miña aldea é así. |