Lun, 17 Nov 2014, 15:02
Asunto: Re: Temporada de cross por TV.
Postos a seguir destacando galeg@s, mencionar tamén á campioa en benxamín Xela Martínez Domínguez, e xa de paso pego a ligazón ás clasificacións para quen queira velas en detalle. Eran pouc@s galeg@s pero @s que estaban destacaron.
www.crossatapuerca.com...ross-2014/
A temporada pasada en TDP televisaron unhas cantas competicións de cross, e este ano, por agora empezan ben. Pero se a audiencia non responde, acabarán por non facelo, e teremos que velo por streaming na web de cada cross, e preguntarémonos o porque e cagarémonos en tdp e na televisión pública, pero as audiencias están aí:
www.formulatv.com/noti...overy-max/
Na parte baixa (tdp foi a penúltima no ránking de audiencias, só por diante de 24h) vemos os 5 programas máis vistos da canle. Ten
delito que a tomadura de pelo de partido de exhibición teña máis
share que unha competición de alto nivel coma o cross de Atapuerca. Non sei cal será o motivo, se e que TDP ten mal sinal, se é que aos que nos gusta o atletismo, cando televisan unha competición estamos precisamente participando en carreiras e non podemos velas... non sei, pero é unha pena non aproveitar este auxe das carreiras amateurs para dar un pulo ao atletismo. Por exemplo, porque a crtvg non aproveita a G2 para televisar ou polo menos dar máis cobertura aos grandes eventos atléticos galegos, os que moven máis xente (pedestre, san martiño, vigbai, maratón atlántica, etc.) e deixa de usala como caixón desastre de contidos repetidos. Non chega con
Citius, altius, fortius , nin coas reportaxes ou conexións en directo que podan facer en
A Revista ou noutros programas, fai falla máis! Que tomen o exemplo de LevanteTV, televisando o medio maratón de fai unhas semanas e o maratón de onte de Valencia.
Creo que é un tema interesante para tratar, á par que triste. Algo así se estivo comentando no twitter de Miguel Calvo onte, sobre o fenómeno do "runin" e a relación co atletismo. Un dos problemas é ese, que moitos así o din, que practican "runin", ademáis pronunciado así con U... pero non son conscientes de que é atletismo.
Tamén o podemos constatar aquí neste foro. Ti,
corvo, e outros usuarios como
Kaufman tedes posteado información completísima e temas sobre eventos de atletismo que non tiveron ningunha ou pouca repercusión, e sen embargo hai temas de carreiras populares con miles e miles de mensaxes (aínda que moitas delas só traten do supostamente caras e do supostamente mal medidas que son as carreiras
)