Ven, 15 Mai 2015, 9:55
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR CONCELLO DA LARACHA ( 10/5/2015 )
A verdade é que a min encantoume. Pareceume unha carreira rapidísima.
Sí, tiña as súas costas sube-baixa, pero en comparación con outras da Costa da Morte (Corcubión tiña un quilómetro inicial que xa morrías) sae bastante ben parada.
Penso que as dúas voltas permiten "medirte" moi ben. Fas a primeira...xa está!!! só é esto??? pois veña outra máis!!!
Tamén é certo que eu tiña moitas ganas de correr rápido(despois dos meses de C-42) e nese sentido quedei máis que satisfeito (sorprendido diría eu) tanto polo tempo, como polo posto. De feito, cando me vin ahí diante, nun grupo no que non coñecei a ninguén, xa me decatei de que ía bastante ben. Cómpre agradecerlle o Sr. Reinoso que estaba facendo series (de 3000 e de 5000) e que me levou/obrigou a ir con el os dous últimos quilómetros.
De feito, é moi relevante a importancia do "coco", da "psique" nos últimos quilómetros. En serio, un día haberá que facer unha reflexión por un expert@ no tema da psicoloxía no rendemento deportivo.
Esta carreira para min comezou o sábado da semana anterior. Fixen con un compañeiro o paseo do Mero, para aló conversando e entrando pouco a pouco e de volta xa a un ritmo alegre. Neses momentos de ritmos "alegres" houbo intres nos que pedía papas
Doume bastante coraxe, que o meu compañeiro fose quen de impoñer un ritmo que a min me costaba moito seguir, peeero, desta vez en vez de decirlle "levanta un pouco", calei a boquiña e decidín chegar ata onde puidera pero sen concesións. Apretei a mandíbula, mudei o xesto de pufff, por un "te vas cagar" é despois de 8 qms. era eu quen tiraba como unha vacatola atormetada. Ben, pois todo este rollo ven a conto de que cando faltando dous quilómetros para rematar en Laracha e xa ía coa reserva, acordemei do que acontecera hai unha semana, fixen o mismo xesto e obtiven o mismo resultado. Xa sei, que non sempre vai saír ben, o traer "sensacións positivas" pero é unha ferramenta máis que podemos empregar en momentos "delicados".