Lun, 10 Xul 2017, 18:56
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)
III Trail Encontro Monte Pindo: perfilando detalles.
Esta fin de semana aparte do traballo de campo, traballo burocrático e mil cousas mais tocou reunir os voluntarios para informarlles dos recorridos deste ano, así como facer hincapé nas medidas de seguridade e posibles incidencias que poden surdir durante a proba. E de agradecer que xente tan xoven se interese por axudarnos. ¡Mil grazas rapaces por tervos con nos un ano mais!.
Este ano, despois da experiencia do ano pasado, fíxose hincapé entre outras cousas en como actuar ante un golpe de calor, a deshidratación ou a temida páxara. Cada avituallamento e no alto da Moa disporá de botiquín con manta térmica e tamén disporemos soro fisiolóxico por se fixera falla (esperemos que non).
Dende a Organización poñemos os medios adecuados pero tamén apelamos a responsabilidade dos participantes. O tempo cambiante que estamos sufrindo as derradeiras semanas fan que o noso corpo sexa unha bomba de reloxería (un día temos un calor horrible e o seguinte temos que poñernos a cazadora para sair a rúa).
A pesar de non obligar o uso de sistema de hidratación RECOMENDAMOS ENCARECIDAMENTE O USO DE CALQUER SISTEMA DE HIDRATACIÓN (mochila camelbag ou cinto de hidratación) así como hidratarse ben durante a semana. Tamén recomendamos que levedes algo sólido (barritas, uvas pasas, ...). Iso si, ¡POR FAVOR! que o monte quede mellor do que volo vades atopar.
Rogamos que teñades en conta a vosa hidratación e alimentación durante a proba.