Ven, 31 Out 2008, 20:21
Asunto: Re: 26 Octubre XXXI Carreira Pedestre Santiago de Compostela
Interesante debate o que se está plantexando en torno ós premios das categorías masculina e femenina!!!
Partindo da premisa de que non teño unha opinión totalmente formada, quero decir que podería estar de acordo con
Chica83 en que o número de participantes non debería influir no montante de premios a repartir. Dito doutro xeito: imaxinemos unha carreira donde habitualmente hai 300 participantes e tres premios para os gañadores, e de repente, un ano a organización ve que solo se apuntan 100, ¿veríamos como lícito que solo se otorgase 1 premio, prorrateando dese xeito os premios en función dos participantes??
Sei que o tema é complexo, e o fácil sería entrar nunha estúpida loita homes vs mulleres...e esa non sería nin a cuestión nin a solución...Penso que este debate da para un fío aparte...aínda que tamén teño que decir que moito me da que se podería facilmente ferir susceptibilidades...!!