Dom, 05 Set 2010, 18:08
Asunto: IV Andaina de San Cibrao
Celebrase o vindeiro domingo 19 de setembro de 2010 con saída ás 9:00 horas e cá aréa recreativa de A BOUTUREIRA coma eixe da mesma. Dividirase en dous tramos:
TRAMO 1º: A Boutureira - Montelongo de Arriba - Penedo - A Torre - A Boutureira. Distancia: 11,300 quilómetros.
TRAMO 2º: A Boutureira - Vilanova - Outeiro Calvo - Muiño Victoria (tramo alternativo) - A Boutureira. Distancia: 10,200 quilómetros.
A inscrición custa 6 EUROS e proporciona dereito a un polo conmemorativo, avituallamento, bocadillo e bebida. Poderedes, opcionalmente, "papar" unha ración de polbo, pan e viño con ticket de reserva de 6 EUROS. Data límite o 16 de setembro. Xeitos de inscribirse:
A). - Directamente nas tendas de deportes:
Armería O Vinteún (988 373 766), Takos Sport (988 373 700), Intersport Bouso (988 226 592), Zagora Aventura (988 269 408), Arana Sport (988 391 307), Red.1 Deportes (988 237 019), Sequesport (988 617 707).
Có boletín de inscrición que se atopa no
TRÍPTICO ou cubrindo o
FORMULARIO recollerase o dorsal e o ticket do polbo.
B). - Directamente no Concello de San Cibrao das Viñas (988 381 034), do seguinte xeito:
1º -Realizalo ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ate o día 16 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
2º - Cumprimentalo seguinte boletín de inscrición i entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto có resgardo do ingreso.
C). - Por Fax, do seguinte xeito:
1º - Realizalo ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 16 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
2º - Cumprimentalo seguinte boletín de inscrición e remitilo ó Concello xunto có resgardo do ingreso por Fax ó 988 381101
3º - Agardala confirmación da reserva por parte do Concello, có número de dorsal, por correo electrónico, por Fax ou por teléfono.
4º - Recollelo dorsal calquera día de luns a venres e de 8:30 a 14:00 nos días previos a Andaina, na Casa do Concello, ou o día 19 de setembro no punto de saída, media hora antes do inicio da andaina.
As tendas de deportes suministrarán dorsais ate o día 16 de setembro e ate un máximo de 300 participantes.
No Concello de San Cibrao das Viñas poderán retirarse ate o día 17 de setembro.
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 19, ás 8:30 horas, antes do comezo da proba e ate chegar ó tope de 300 participantes. Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.
Mais información na
web do concello