Calendario
Info da proba

Verín

01/04/2012 9:30 - 12:30
Regulamento II Andaina "Pozo do Demo" - Verín

Organiza: Asociación de Sendeirismo "Ruta das Augas" e Concello de Verín (Ourense)
Distancia: 18 Km. (NOVO PERCORRIDO).

Inscricións: Do 7 ao 29 de marzo. Gratuito.
Medios de Inscrición:
- Por correo electrónico: pozododemo@verin.net / buzon@multisport.es
- Por teléfono: Pavillón de Deportes (988.41.11.40), Multisport (988.41.44.23)
ou Asociación de Sendeirismo "Ruta das Augas" (600.41.00.18)

Requisitos para inscribirse:
- Prova: Andaina.
- Nome completo e Apelidos.
- Data de Nacemento.
- D.N.I.
- Enderezo completo.
- Teléfono de Contacto.
- Clube ou Asociación de Pertenencia.

>>> Se enviará confirmación das inscricións.

Recollida de Dorsais:
- Venres, 30 e Sábado, 31 de marzo > Multisport (R/ Irmáns Moreno) mañán e tarde.
- Domingo 1 de abril > Pavillón de Deportes (08,00 a 09,15 horas).

Saída da Andaina: 09,30 horas dende o Pavillón de Deportes de Verín.
Chegada: Pavillón de Deportes.
Entrega de Premios e Sorteo de Agasallos aos participantes: 13,15 horas.

Trazado:
- Lonxitude: 17,78 Km.
- Dificultade: Media.
- Para consultar a ubicación e o perfil do trazado: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2544378
- Descrición:
Saída dende o Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e o monte Montemaior. Tras subilo, se rodea por detrás ata chegar ao pobo de Veiga das Meás (avituaiamento), para emprender toda a baixada pola zona conocida como A Fraga, facendo ruta paralela ao río Quintas polo descenso do Pozo do Demo. Ao alcanzar o val de novo, retórnase cara o lugar de saída, pasando pola fonte de Cabreiroá (podendo facerse unha parada para beber) e atravesando os frondosos piñeiros que escoltan as pistas de terra.
- Sinalización: O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor amarelo.

Recomendacións para a Andaina:
- A baixada polo Pozo do Demo discorre por pequenos penedos e restos de grava ou area polo que existe certo perigo de producirse pequenos esguinces ou perdas de equilibrio.
- Facer a baixada en grupo ou parellas. Non se debe ir só.
- Empregar calzado resistente e compacto (tipo botas para camiñar). Non é aconsellable o tenis deportivo para prevenir esbarramentos.
- Non saírse do trazado marcado pola Organización.

Servizos:
- Control de Protección Civil e de Cruz Vermella.
- Vestiarios e Duchas en Pavillón de Deportes e Piscina Climatizada (anexa).
- Masaxe Deportivo Gratuito (en caso de necesitarse por algún percance).
- Guardería Infantil Gratuita (para fillos/as dos participantes).
- Avituaiamentos na Andaina e Pincho durante a entrega de premios e agasallos.

Regulamento:
1.- A seguridade e control da prova correrá a cargo da Policia Municipal do Concello de Verín, de Protección Civil e o voluntariado que percorrerá o trazado da Andaina.

2.- Os únicos vehículos autorizados a seguir a prova serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós camiñantes en moto, bicicleta, quads particulares, etc, por todo o circuito.

3.- A prova contará con persoal sanitario, situado ó inicio e fin do traxecto, así como durante o percorrido.

4.- A organización declina toda responsabilidade sobre danos físicos ou morais que, durante a participación na Andaina, un participante poda causarse a sí mesmo ou a terceiros, así como das neglixencias ou imprudencias que podan cometer durante o seu transcurso. Se ben, a organización disporá dun Seguro de Resposabilidade Civil por parte do Concello de Verín (coorganizador das provas).

5.- Estarán excluidos dos seguros mencionados anteriormente, os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenrola a prova.

6.- Non se admitirán inscricións despois das 24 horas do 29 de marzo.

7.- Toda persoa que non se inscriba no prazo asignado (do 7 ao 29 de marzo) ou envíe unha inscrición incompleta, en canto aos requisitos pedidos, NON se lle concederá dorsal, polo que non se lle recoñecerá como participante lexítimo da Andaina.

8.- Toda persona que participe sen posuír dorsal ou non levalo durante o percorrido, o fará baixo a súa responsabilidade e non poderá participar no sorteo de agasallos, do pincho que se brindará, nin estará amparado/a polo seguros das provas.

9.- A prova soamente poderá ser suspendida polas inclemencias do tempo ou causas de forza maior. En casos extremos será a organización quen tome a última decisión. A organización resérvase o dereito de modificar aspectos organizativos do presente regulamento no caso de que o estime conveniente.

10.- A participación conleva a total aceptación deste Regulamento. Todo camiñante, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento, como as decisións que tome a organización en caso de dúbidas que ponderan suscitarse para a seguridade ou comportamento cívico dos participantes.

Colaboradores:
- Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia.
- Saudeter.
- Cruz Vermella.
- Protección Civil.
- BTT Verín.
- Cadena COPE.
- Onda Cero.
- Os Trotamoteiros.
- Mariaje García (Tiras Neuromusculares y Masaje Deportivo)
- Asociación Cultural O Cigarrón.

Patrocinadores:
- Augas de Cabreiroá.
- AEVER.
- Eurocidade Chaves-Verín.
- Denominacion de Orixe Vinos de Monterrei.
- GADISA.
- HortoVerín S.L.
- Multisport Verín
- Hi-Tec.
- Coca-Cola.