Calendario
Info da proba

Moraña - Espeto

23/07/2017 10:30 - 12:30
Regulamento V CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO, MORAÑA

REGULAMENTO
1.- O Club de Atletismo +9 Moraña, en colaboración co Concello de Moraña, a Deputación de Pontevedra e La Caixa, organiza a Carreira Carneiro ó Espeto 2017, que terá lugar o domingo 23 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situadas a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).

2.- A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.

3.- O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría.
O circuíto será o seguinte: Rúa 5, Mos, Rúa 1, Rúa 12, Rúa Dr. Batallán, Rúa 3, Buelo, Rúa 7, Rúa 6, Rúa 5.

4.- Ás 10:30 será a primeira carreira.
A entrega de premios será a partir das 13:30 h.

5.- Categorías (masculina e feminina):
Chupetes: Nacidos despois do ano 2013 (poderán correr acompañados dun adulto)
Pitufos: Nacidos nos anos 2013-2012
Prebenxamíns: Nacidos nos anos 2011-2010
Benxamíns: Nacidos nos anos 2009-2008
Alevíns: Nacidos nos anos 2007-2006
Infantís: Nacidos nos anos 2005-2004
Cadetes: Nacidos nos anos 2003-2002
Xuvenís: Nacidos nos anos 2001-2000
Promesas: de 18 a 23 anos
Absoluta: Senior: de 24 a 34 anos
Veteranos A: masculino: de 35 a 39 anos
feminino: de 35 a 39 anos
Veteranos B: masculino: de 40 a 44 anos
feminino: de 40 a 44 anos
Veteranos C: masculino: de 45 a 49 anos
feminino: de 45 a 49 anos
Veteranos D: masculino: de 50 a 54 anos
feminino: de 50 anos en adiante
Veteranos E: masculino: de 55 a 59 anos
Veteranos F: masculino: de 60 anos en diante.

CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA
Infantís / Cadetes 10:30 h 4 km
Xuvenís / Absoluta 11:00 h 10 km
Alevíns 12:15 h 2 Km
Parellas 12:30 h 2 Km
Benxamíns 12:45 h 1.400 m
Prebenxamíns 13:00 h 1.000 m
Pitufos 13:10 h 250 m
Chupetes 13:20 h 80 m

6.- Este ano, e despois do éxito do pasado ano, seguimos apostando pola carreira de parellas. As parellas poderán ser masculinas, femininas ou mixtas.
Correrán con dobre dorsal co mesmo número e terán que saír, correr e chegar xuntos á meta. Quedarán descalificadas as parellas nas que os seus membros cheguen por separado.
Terán que inscribirse cun nome para a parella e especificar os nomes de cada participante.

7.- Premios: Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da absoluta. Haberá trofeo para o corredor e corredora de máis idade, e camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.
Haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados de cada unha das seguintes categorías:

ABSOL. PROMESA SENIOR VET.A VET.B VET.C VET.D VET. E VET.F XUVENIL
MAS/Fe MAS/FE MAS/FE MAS/FE MAS/FE MAS/FE MAS. MAS. MAS. MAS/FE
1º 150€ 1º 30€ 1º 30€ 1º 30€ 1º 30€ 1º30€ 1º 30€ 1º 30€ 1º 30€ 1º 30€
2º 100€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€ 2º20€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€
3º 75 € 3º 10 € 3º 10€ 3º 10€ 3º 10€ 3º10€ 3º 10€ 3º10€ 3º 10€ 3º 10€

ESTE ANO, CON MOTIVO DO QUINTO ANIVERSARIO, TEREMOS UN PREMIO ESPECIAL DE 100 EUROS PARA O CORREDOR E CORREDORA QUE PASE EN PRIMEIRA POSICIÓN POLO META VOLANTE SITUADA NA METADE DO PERCORRIDO E REMATE OS 10 KM DE CARREIRA.
Estos premios non son acumulativos: Só se entregará o de maior cuantía. Para recollelo, terá que presentarse o interesado/a provisto de DNI.
O primeiro premio da absoluta masculino e feminino, ademáis do premio en metálico e o trofeo, entregaráselles un bono dunha cea para dúas persoas.
Teremos un premio especial de 100 euros para os atletas, masculino e feminino, que establezan un novo record:
Masculino ano 2016: Fernando Alarza 30:33
Feminino ano 2016: Paula Mayobre 36:02

Premio de 100 euros para o clube con máis participantes que rematen a carreira.

8.- Inscricións: As inscricións de todas as categorías faranse na páxina www.emesports.es ata o xoves 20 ás 23:59 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono.
Nas categorías de chupete a benxamín admitiranse inscricións na liña de saída ata unha hora antes da saída.
Prezo inscrición: 6 €
Categoría parellas: 7€ a parella
Categorías cadete, infantil e alevín: 1 € (levarán chip de cronometraxe)
Categorías de chupete a benxamín: gratuíta

9.- Os atletas deberán estar na liña de saída 10 minutos antes do comezo da carreira.

10.- Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.

11.- A Organización non se fará cargo dos obxectos de valor extraviados polos corredores.

12.- A participación supón a total aceptación deste regulamento. Todo corredor, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento coma as decisións que tome a Organización en caso de dúbidas.

13.- Haberá duchas no Pavillón Municipal de Deportes, a 600 metros da liña de meta.

14.- Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha carreira solidaria.

15.- A Organización da carreira servirá pinchos variados para todos os atletas participantes a partir das 12:30 h.

Teremos menú especial para os atletas composto por empanada, carneiro ó espeto, postre, bebida e café. O prezo será 20 euros (coa inscrición da carreira incluída). Para os familiares que desexen menú, o prezo será de 15 euros)
Para reservar menú a data límite de inscrición será o 15 de xullo ás 23:59 h.