Calendario
Info da proba

Ames-Ribeiras Tambre

23/02/2020 9:00 - 12:30
Regulamento O Concello de Ames organizará o domingo 23 de febrero de 2020 o II Trail e Andaina Ribeiras do
Tambre. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
A proba rexirase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGARES DE SAÍDA e META
O Trail e Andaina Ribeiras do Tambre terá os seguintes horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA SAIDA META
10:00 h TRAIL 15,23 km aprox. Ponte Maceira
Real Aeroclub de Santiago (instalación en
Ameixenda (concello de Ames)
10:05 h ANDAINA 14,23 km aprox. Ponte Maceira
Real Aeroclub de Santiago (instalación en
Ameixenda (concello de Ames)
Os participantes tanto na ANDAINA como no TRAIL serán trasladados en autobús desde o Real
Aeroclub de Santiago (instalacións en Ameixenda (Concello de Ames) ate o punto de SAÍDA en Ponte
Maceira a partir das 08:30 horas.
Artigo 2. CATEGORIAS e IDADE MINIMA DE PARTICIPACION
ANDAINA
Non se establecerán categorías de participación. Os menores de idade terán que ir acompañados en
todo momento por un adulto maior de 18 anos. A idade mínima de participación será de 10 anos
cumpridos o día da proba.
TRAIL
CATEGORIAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL
CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
SENIOR MASC/FMNO De 18 anos cumpridos o día da proba ate máster
MASTER 1 MASC/ FMNO Nados entre 1980 e 1985
MASTER 2 MASC/ FMNO Nados entre 1971 e 1979
MASTER 3 MASC/ FMNO Nados en 1970 e anteriores
ABSOLUTA MASC/FMNO Calquera das categorías anteriores
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes tanto
no Trail como na Andaina inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Runnning
que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas
federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licencia.
Para o resto de participantes suscribirase un seguro licenza de día.
Artigo 4. DISTANCIAS E DESNIVEIS
❖ DISTANCIAS:
Andaina: 14,2 km aprox.
Trail: 15,2 km aprox.
❖ DESNIVEL POSITIVO:
Andaina: 320 m aprox.
Trail: 371 m aprox.
❖ DESNIVEL ACUMULADO:
Andaina: 495 m aprox.
Trail: 541 m aprox.
Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
As inscricións poderán formalizarse a través da páxina web www.emesports.es e
www.carreirasgalegas.com nos seguintes prazos:
❖ APERTURA DE INSCRICIONS: venres 17 de xaneiro de 2020 as 23.59 h
❖ PECHE DE INSCRICIONS: mércores 19 de febrero de 2020 ás 23.59 h
❖ PREZOS DA INSCRICION:
TRAIL: 11 €
ANDAINA: 7 €
Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais tanto para a Andaina como para o Trail poderán recollerse a partir das 8.30 horas nas
instalacións do Real Aeroclub – Ames.
Artigo 7. TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL E ANDAINA
Tanto na Andaina coma no Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Real
Aeroclub en Ameixenda ao punto de saída das probas (Ponte Maceira) do seguinte xeito:
PROBA HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES LUGAR DE SAÍDA DOS AUTOBUSES e
DIRECCIÓN
ANDAINA A partir das 08.30 horas Saída dos autobuses das instalación do Real
Aeroclub en Ameixenda – Ames en
TRAIL A partir das 08.30 horas dirección a Ponte Maceira
Artigo 8. PREMIOS e AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente
reglamento.
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as locais empadroados no Concello de Ames.
▪ Premio a aos/as 3 primeiros/as socios/as do Real Aeroclub de Santiago.
▪ Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail.
▪ AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na
Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).
__________________________________________________________________________________
A entrega de premios realizarase a partir das 12:30 horas nas instalacións do Real Aeroclub –
Ames.
PREMIOS ECONÓMICOS PARA EQUIPOS
EQUIPOS EQUIPOS MIXTOS IMPORTE PREMIO
TRAIL
1º EQUIPO CLASIFICADO 150,00 €
2º EQUIPO CLASIFICADO 125,00 €
3º EQUIPO CLASIFICADO 100,00 €
4º EQUIPO CLASIFICADO 75,00 €
5º EQUIPO CLASIFICADO 50,00 €
• PREMIOS ESPECIAIS A EQUIPOS: Darase trofeo aos 3 primeiros equipos tanto federados
como populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual indumentaria) e
premio en metálico aos 5 primeiros equipos da clasificación do Trail.
Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos
seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do
equipo. Os equipos poderán ser mixtos.
Artigo 9. TRACK DAS RUTAS:
TRAIL: https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/trail-ribeiras-do-tambre-33534879
ANDAINA: A ANDAINA SERÁ GUIADA
Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS e UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO REAL AEROCLUB
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas nas instalación do Real Aeroclub. Aquí
tendes o Link coa ubicación do lugar de recollida de dorsais e saída dos autobuses. Tamén será o
lugar de meta das probas (Ameixenda, San Mamede de Piñeiro, Ames):
https://www.google.es/maps/dir/''/Carretera+Santiago+Carballo,+Km+11,+15871+Ames,+A+Coru%C
3%B1a,+A+Coru%C3%B1a/data=!4m5!4m4!1m0!1m2!1m1!1s0xd2e54f19c047bd3:0xea34016193597
806?sa=X&ved=0ahUKEwiPh_7vicXKAhWK5xoKHYTUCKoQiBMIFDAA
Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento tanto no Trail como na Andaina (1 no percorrido, e 1 na meta).
Recomendable levar avituallamento persoal ou mochila de hidratación:
AVITUALLAMENTO 1: LÍQUIDO e SOLIDO KM 8 APROX.
AVITUALLAMENTO META: LÍQUIDO E SÓLIDO META
Os participantes na ANDAINA terán que levar hidratación propia se o desexan. Terán os mesmos
avituallamentos que no Trail (KM 8 e liña de meta).
Artigo 12. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao xuiz árbitro da Competición non máis tarde de 30’
despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas
de Trail Running.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes
por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa
responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en
condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A
organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias
inherentes á proba.