Calendario
Info da proba

Ferrol - Volta a Ría

01/12/2019 10:00 - 13:00
Regulamento Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros

- REGULAMENTO -
XXXIV CARREIRA POPULAR - VOLTA Á RÍA
MEMORIAL “ADOLFO ROS”


O vindeiro día 1 de decembro de 2019, ás 10:00 horas, terá lugar a saída da XXXIV
CARREIRA POPULAR - VOLTA Á RÍA, “MEMORIAL ADOLFO ROS”, que se
celebrará consonte co seguinte:

REGULAMENTO XERAL
Artigo 1. Organizadores
1.1.- O Concello de Narón, en colaboración cos Concellos de Fene, Ferrol e Neda,
organiza a XXXIV edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á
Ría”. As probas terán lugar o día 1 de decembro de 2019 a partir das 10:00 horas, e
contarán tamén con probas para categorías de menores.
1.2.- A Organización contará coa axuda da Garda Civil de Tráfico e da Policía
Municipal dos catro Concellos, que regularán o tránsito ao longo do percorrido.
1.3.- Así mesmo actuarán como colaboradores habilitados pola organización, as
agrupacións de Protección Civil dos catro Concellos citados, así como algunha outra
entidade de voluntarios doutros concellos aos que se solicite colaboración no caso de
ser necesario. Entre os colaboradores estará tamén Aefat (Asociación que agrupa á
familias afectadas por ataxia telangiectasia en España).
Outros colaboradores serán o Club Atletismo Narón, A.D Náutico Narón, Club Pasa ou
Entorna e outros clubs inscritos no Concello de Narón.
Artigo 2.- Percorrido e duración.
2.1.- A saída e a chegada terán lugar na Estrada de Castela, nas inmediacións da
Praza de Galicia de Narón .
2.2.- O percorrido será de media maratón (distancia non homologada) 21.000 metros
aproximadamente sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de Narón, Neda, Fene e
Ferrol.
2.3.- A proba está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo.
2.4.- O percorrido estará sinalizado como mínimo cada 5 kms.
2.5.- No percorrido estableceranse controis, así como postos de avituallamento
situados nos Concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol e estarán nos quilómetros 5,
10, 15 e 20 aproximadamente.
2.6 - Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O
incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que
a infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os
das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa
apropiada e visible.
2.7.- O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o
primeiro clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de
control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola
organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba
coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia
actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir
as normas e sinais, e considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a
organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral
de circulación R.D. 1428/2003).
2. 8- O percorrido da proba figura como Anexo I ao presente Regulamento.
Artigo 3.- Participantes
3.1.- A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo.
3.2.- En calquera caso poderán participar na media maratón os/as nacidos/as no ano
2001 e anteriores. Para as categorías de menores, estableceranse probas de menor
distancia.
3.3.- Cada corredor/a participa na media maratón baixo a súa responsabilidade e
declara que dispón dun nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. A
organización terá potestade para descualificar a calquera atleta que a propósito da súa
imposibilidade para participar na proba, proporcione datos erróneos para poder facelo.
Artigo 4.- Condicións de participación e inscricións.
4.1 Unha inscrición é válida cando a persoa participante enche o boletín de inscrición a
través da web: www.ranckr.com e realice o pago da inscrición. Poderanse realizar
inscricións ata o mércores 27 de novembro de 2019 ás 23:59 horas.
4.2 Aqueles que se inscriban máis dunha vez, inducindo a posible erro á Organización,
quedarán descualificados.
4.3 A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións,
baixo ningunha causa, do importe da inscrición.
4.4 A realización da inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: “Declaro que estou en bo estado físico. Eximo á organización,
patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda
responsabilidade que da participación no evento se puidese derivar tal como: perda de
obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, lesións, …”
4.5 - Os participantes comprométense a:
• Aceptar estritamente tódolos artigos do presente regulamento.
• Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a organización se vexa
obrigada por causas alleas á súa vontade.
4.6 - Todos os corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a
inscrición o corredor consinte expresamente que os seus datos sexan empregados
pola organización para comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e
como establece a Lei de Protección da datos, o interesado pode exercer os seus
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou
correo electrónico nas oficinas do Servizo de Deportes do Concello de Narón, Estrada
da Gándara, 148, 15570-Narón, ou no Rexistro Xeral do Concello de Narón, Praza de
Galicia, s/n-15570-Narón.
4.7 A organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. En
caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que
dispoña a organización.
Descualificacións: O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están
facultados para retirar da carreira a:
• Calquera atleta que manifeste un mal estado físico -
• Todo/a atleta que non realice o percorrido completo
• Todo/a atleta que non teña dorsal ou non o leve visible, dobre ou manipule a
publicidade ou o fotocopie.
• Todo/a atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se retire en
protestas ante a organización, á marxe do estipulado no apartado de
reclamacións.
4.8 Condicións para as cadeiras de rodas e Handbikes:
• As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
• Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran
deseñadas para a actividade de atletismo.
• Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores
toquen o chan durante a carreira.
• Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme
ás regras enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes
á cadeira.
• Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante
toda a carreira.
• O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor
sobre as rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.
4.9 Condicións para participantes con Discapacidade Visual:
• Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este guía
identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún
atleta con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá
participar na proba, por motivos de seguridade.
• Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía
deberá estar por detrás del.
• O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser
dirixido por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben
correr sen suxeición. Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa
ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo de
polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o corredor
poderá recibir instrucións verbais do guía.
• Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de
transporte.
• O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle
impulso. A infracción suporá a descualificación.
• Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o atleta e o
guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m
Artigo 5.- Categorías
5.1 – Categorías Absolutas
• Sub 20: Nacidos/as no 2000 e 2001
• Sub 23: Nacidos/as no 1997, 1998 e 1999
• Sénior : Nacidos/as en 1996 ata 1984
• Máster A : Nacidos/as en 1983 ata 1978
• Máster B : Nacidos/as en 1977 ata 1969
• Máster C: Nacidos/as en 1968 ata 1959
• Máster D: Nacidos/as en 1958 e anteriores
• Cadeira de rodas*
• Handbike*
• Invidentes*
* Considéranse categorías non oficiais da F.G.A
5.2 – Categorías de menores
• Sub 18: Nados/as no 2002 / 2003
• Sub 16: Nados/as no 2004 / 2005
• Sub 14: Nados/as no 2006 / 2007
• Sub 12: Nados/as no 2008 / 2009
• Sub 10: Nados/as no 2010 / 2011
• Sub 8: Nados/as no 2012 / 2013
Artigo 6.- Custo da inscrición
6.1 Para inscribirse na proba (media maratón), as persoas participantes deberán pagar
a cantidade de 4 €.
6.2- As inscricións para as carreiras de menores serán gratuítas
Artigo 7.- Retirada de dorsal.
7.1.- A retirada de chips e dorsais poderase efectuar :
• Venres 29 de novembro de 12:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 horas no
Complexo Polideportivo Municipal da Gándara ( estrada da Gándara, 148
15.570 – Narón)
• Sábado 30 de novembro 9:00 a 13:30 e 16.00 a 21.00 no Complexo
Polideportivo Municipal da Gándara ( estrada da Gándara, 148 - 15570–
Narón)
• Domingo 1 de decembro, dende as 8.00 ata as 9.30 horas na Praza de Galicia
do Concello de Narón
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación,
debendo por tanto, recoller os dorsais persoalmente. Se o dorsal fose retirado por
outra persoa diferente ao participante na proba, o que recolle deberá deixar nome e
apelidos e un teléfono de contacto.
Artigo 8.- Probas para menores
A continuación da saída da carreira absoluta terá lugar a carreira das categorías de
menores, discorrendo polo Concello de Ferrol cos mesmos puntos de saída e chegada
que a carreira principal, cos seguintes percorridos e distancias:

CATEGORÍAS SAÍDA DISTANCIAS
Sub 18 e Sub 16 10:05 4.000 mts
Sub 14 e Sub 12 10:20 2000 mts
Sub 10 10:35 1000 mts
Sub 8 10:45 800 mts
Artigo 9.- Premios
9.1.- As clasificación publicaranse inmediatamente despois de finalizar a proba na
Web da entidade cronometradora.
9.2 - Haberá trofeos para:
• Gañador e gañadora absoluta da proba.
• Tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos da
clasificación xeral da proba absoluta residentes en calquera dos catro
concellos organizadores ( Narón, Neda, Fene e Ferrol )
• Tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina,
tanto absoluta como de menores.
9.3 Todos os participantes que obtivesen algún premio deberán presentar algún
documento de identidade (DNI ou pasaporte) que acredite a data de nacemento do
premiado así como a súa residencia en calquera dos catro Concellos (Narón, Neda,
Fene e Ferrol) no caso de obter premio por clasificación para residentes nos concellos
organizadores.
A non presentación deste documento supón a non entrega do premio
9.4 .- A entrega de trofeos terá lugar ás 13:00 horas no Auditorio Municipal, sito na
Praza de Galicia de Narón. Os/As premiados/as deberán estar no lugar indicado 10
minutos antes para axilizar a entrega de premios.
Artigo 10.- Control Técnico da proba.
10.1 - A proba será controlada polo Comité Galego de Xuíces de Atletismo e rexerase
polas normas do Regulamento da IAAF. Tamén está incluída no Calendario Oficial da
Federación Galega de Atletismo.
10.2 – O Xuíz árbitro será designado pola F.G.A. para resolver calquera suceso de tipo
técnico, interpretando o regulamento da proba.
10.3- Os tempos tomaranse mediante sistema informático. Existirá un control de tempo
na saída, no quilómetro 10 e na meta. Só terán validez os chips persoais integrados no
dorsal da carreira. O tempo de carreira só será rexistrado se a persoa participante leva
posto correctamente o chip, que irá integrado no dorsal.
10.4- O dorsal debe levarse na parte dianteira en lugar visible.
10.5 – Apelacións. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse
verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos despois da
publicación dos mesmos
Artigo 11.- Seguros.
11.1.- A organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e
Responsabilidade Civil.
11.2.- A organización recomenda aos participantes que, con anterioridade á proba,
efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento
axeitado para as características desta competición.
11.3- A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais que
poidan sufrir os participantes antes, durante ou como consecuencia da súa
participación nesta proba.
Artigo 12.- Aceptación do regulamento
12.1.- Os/As participantes aceptan cada un dos artigos deste regulamento e
comprométense a non anticiparse ao momento da saída e a cubrir a distancia
completa antes de cruzar a liña de meta.
12.2.- Todos/as os/as participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización, ela mesma ou mediante terceiras entidades,
traten informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou
comercial, os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba
mediante fotografías, vídeos, etc. De acordo co que estable a Lei orgánica 15/1999, do
13 de decembro, da protección de datos de carácter persoal, o/a participante poderá
exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar
de forma parcial ou total o seu contido. Poderase exercer este dereito mediante un
escrito ou correo electrónico nas oficinas do Negociado de Deportes do Concello de
Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402 Ferrol.
12.3- Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición, o/a corredor/a consinte expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de Accidentes e Responsabilidade Civil, así como a xestión da licenza de
día e ranking popular de probas en ruta. En todo caso e tal e como establece a Lei de
protección de datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo (Avda. Glasgow, Nº13. – 15008, A Coruña).
12.4- A Organización poderá modificar o presente regulamento, sen previo aviso.
Igualmente resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia
non contemplada neste Regulamento.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha hora
dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir
ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o
tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de
continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e
considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a organización de toda
responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D.
1428/2003).
Haberá servizo de duchas no Local de Domirón do Alto do Castiñeiro (Rúa Manuel
Antonio,9-15570, Narón, así como tamén no Complexo Polideportivo Municipal de A
Gándara ( Estrada da Gándara, 148 – 15570 -Narón)

Anexo I: Percorrido Carreira Absoluta
SAÍDA DE NARON
• Saída - Estrada de Castela, nas inmediacións da Praza de Galicia de
Narón, dirección Neda
ENTRADA EN NEDA
• Ponte de Xuvia
• Avda. De Xuvia
• Avda. Algeciras
• Puntal.
ENTRADA EN FENE
• Avda.de Conces.
• Cruce Igrexia.
• Avda.das Pías
ENTRADA EN FERROL
• Avenida das Pías.
• Avda. do Mar
• Rúa Telleiras
• Estrada Caranza
• Avda. Mc. Mahón
• Rúa Taxonera
• Rúa dos Irmandiños
• Praza de Galicia
• Rúa Concepción Arenal
• Xiro a dereita en Rúa Magdalena
• Praza de España ( Paso por zona peatonal diante dos arcos da Praza de
Sevilla)
• Rúa Carvallo Calero
• Xiro a Dereita carreteira de Castela
• Estrada de Castela
ENTRADA EN NARÓN
• Ponte das Cabras
• Estrada de Castela
• Meta – Estrada de Castela, nas inmediacións da Praza de Galicia de
Narón.