Calendario
Info da proba

Portomarín

01/12/2019 12:10 - 13:10
Regulamento I CROSS PORTOMARÍN – IV TROFEO VERXEL NUTRICIÓN DEPORTIVA – CTO
PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Club Verxel Nutrición Deportiva organiza o I Cross de Portomarín - IV Trofeo Verxel Nutrición Deportiva - Cto
Provincial de cross. A proba organizarase o vindeiro Domingo 01 de decembro de 2019, na localidade de
Portomarín, no circuíto do embalse.
Artigo 2: Participación:
A proba de adultos estará aberta a todos/as os/as atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías e distancias:
O circuíto será sobre herba e terra e estará pechado a todos os vehículos.
CARREIRA POPULAR
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
SUB 18 (2002-2003) 5000m (2 voltas)
SUB 20-23 (1997-2001) 5000m (2 voltas)
SENIOR (1996 ata 34 anos) 5000m (2 voltas)
MÁSTER A 35-44 anos 5000m (2 voltas)
MÁSTER B 45-54 anos 5000m (2 voltas)
MÁSTER C 55 anos e posteriores 5000m (2 voltas)
Artigo 4: Horario:
HORA PROBA CATEGORÍAS DISTANCIA
12.10h FEMENINA SUB18-SUB20/23-SENIOR-MÁSTER 5000m
12.40h MASCULINA SUB18-SUB20/23-SENIOR-MÁSTER 5000m
Artigo 5: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com A inscrición pecharase o XOVES día 28 de novembro ás 23:59 horas.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en man
da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para descualificar a
calquera atleta que incumpra o regulamento. Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes
aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para
a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 6: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com.
Os dereitos de inscripción nas probas de adultos terán un custe de 3€.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado,
e neste caso facilitarase o número de licenza e o club.
Artigo 7: Retirada de Dorsais:
Os dorsáis poderanse retirar o día antes na tenda DECATHLON de LUGO (sita no Polígono das Gándaras) en
horario de 09:30 a 21:00h e o día da proba da proba na zona habilitada ata 45’ antes da saída de cada proba.
Artigo 8: Premios:
• Premiación aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Premiación aos tres primeiros clasificados de cada categoría na proba popular tanto masculinos como
femininos.
• A entrega de premios será aproximadamente, ás 13.00h.

Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Vestiarios, baños e duchas no pavillón deportivo, a escasos metros do circuíto.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
5. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba
e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de
seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o
interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito
ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Verxel Nutrición Deportiva.
Colaboran: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo), Concello de Portomarín, Xunta de Galicia