Calendario
Info da proba

Mugardos - Ares

29/12/2019 11:00 - 12:30
Regulamento XV CARREIRA DE FIN DE ANO
Regulamento da Proba:
“ XV Carreira de fin de ano 2019 Mugardos-Ares-Mugardos”.
• DATA: 29 DE DECEMBRO DE 2019. Proba incluída no calendario da FGA
• HORARIO: Saída ás 11 da mañá da Casa do Concello de Mugardos.
• LUGAR: Acreditacións e meta no Pavillón polideportivo do Cristo concello de Mugardos.
• DISTANCIA A PERCORRER: 10 km.(non homologados)
• IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
• CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo Comité
galego de xuíces. Farase unha clasificación xeral única.
• INSCRICIÓNS : Ate as 23:59 do 25 de decembro na pasarela
http://www.carreirasgalegas.com realizando un pago de 4 € . Número máximo de prazas 500.
Retirada de dorsais o sábado 28 de decembro 9 a 14 e de 17 a 20.30 e o propio día da
Carreira no Pavillón polideportivo do Cristo de 9:00 a 10:30. A retirada do dorsal será a
confirmación da asistencia á proba.
• PERCORRIDO: Mugardos-Ares-Mugardos.
Ás 10’50 horas concentración previa a saída da proba na Avenida de Galicia diante do Concello de
Mugardos, dende a saída faise un percorrido polo casco urbano, rúa María, avd. de Galicia, rúa do
Mercado, rúa Apelón, rúa Castelao, avenida de Galicia, logo rúa dos Corzás dirección Ares (AC-130),
entrase na vila de Ares pola avd. de Mugardos até o Paseo marítimo onde se xira á esquerda, neste
punto haberá un avituallamento líquido, séguese o paseo marítimo ate que se chega á avd. Saavedra
Meneses que se percorre ate o cruce da rúa Federico García Expósito onde se xira á esquerda cara esta
rúa. Ao rematar a Rúa Federico García Expósito acadamos de novo a Avd de Mugardos dirección
Mugardos pola
AC-130 ate o cruce dos Catro camiños en Mugardos onde se entra á rúa do Cristo para rematar a proba
fronte ao Polideportivo municipal de Mugardos.
Tempo máximo de control da chegada 70’ logo da saída. Avituallamento sólido e líquido para todas as
persoas participantes ao chegar á meta. Por cuestións alleas á organización como obras públicas ou
privadas poderá haber pequenas variacións no circuíto descrito. Durante toda a carreira o tráfico estará
restrinxido e todos os cruces controlados por policía e protección civil debendo os participantes atender
as súas indicacións.
O tempo estimado da proba é de entre 31 min e 70 min.
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as
persoas participantes que rematen a proba participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.
As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor da FGA para
probas de estas características.
A cobertura do seguro de accidentes deportivos non cubre patoloxías nin lesións anteriores ou alleas á
proba sendo responsabilidade de cada participante a cobertura das mesmas así como o de estar nas
condicións físicas axeitadas para realizar a proba.
• Organizan: Concellos de Mugardos e Ares e a Federación Galega de Atletismo
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas,
patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos
participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira
a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica
ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado
físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da
inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na
carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista
no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA
e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.