Calendario
Info da proba

Monterroso-San Silvestre

31/12/2019 16:30 - 17:30
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Monterroso organiza a III San Silvestre de Monterroso. A proba organizarase o vindeiro
martes 31 de decembro, con saída e meta na cúpula e discorrerá por distintas rúas da vila.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 2: Categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido
estará controlado por vehículos da organización.
A saída de cada proba será na cúpula así como a meta.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2013 e posteriores) 16.30 h 150m
PROMOCIÓN (2010-2012) 16.35 h 400m
SUB 12 (2008-2009) 16.45 h 1000m
SUB 14 (2006-2007) 16.45 h 1000m
SUB 16 (2004-2005) 16.45 h 1000m
SUB 18-20 (2000-2003) 17.00 h 4500m
SENIOR (1985-1999) 17.00 h 4500m
VETERÁN A (1975-1984) 17.00 h 4500m
VETERÁN B (1963-1974) 17.00 h 4500m
VETERÁN C (1962 e anteriores) 17.00 h 4500m
Artigo 3: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 40’ despois da saída da mesma.
Artigo 4: Condicións de Participación:
➢ As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com
➢ A inscrición pecharase o SÁBADO 28 de decembro ás 23:59 horas.
➢ Non se admitirán inscricións fóra de prazo.
➢ A inscrición na proba é persoal eintransferible
➢ O control da proba non contará con sistema de cronometraxe, correndo o control da mesma a cargo dos
Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
➢ A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
➢ No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en
man da organización.
➢ A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
➢ Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF
para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 5: Inscrición:
As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo. www.carreirasgalegas.com
A proba terá carácter SOLIDARIO sendo os dereitos de inscrición GRATUÍTOS, mais cada participante deberá
colaborar cunha ración de alimentos non perecedoiros (PRODUCTOS DE NADAL, aceite, azucre, conservas,
café, cacao, chocolate) que será doado ao Banco de alimentos do Concello de Monterroso.
A inscrición pecharase o SÁBADO 28 de decembro ás 23:59 horas.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado,
e neste caso facilitarase o número de licenza e o club
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais poderanse retirar o día da proba no Espazo Lorenzo Varela de 09:30 a 13:30 e pola tarde na zona habilitada
pola organización (na cúpula) ata 45’ antes da saída de cada proba.
Artigo 7: Premios:
➢ Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta
➢ Trofeo aos primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos, e medalla
conmemorativa ao segundo e terceiro.
➢ Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría
nin se farán clasificacións.
➢ Nas categorías PROMOCIÓN, SUB 12, SUB 14 e SUB 16 darase medalla a todos os participantes, así como
trofeo ao primeiro clasificado tanto masculino como feminino, e medalla conmemorativa ao segundo e
terceiro.
➢ Trofeo aos 3 primeiros clasificados locais da carreira absoluta.
➢ Trofeo ao corredor/a ca vestimenta máis orixinal.
➢ A entrega de premios será na zona de meta, na cúpula, en torno ás 17.45h.
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
4. Vestiarios e duchas na cúpula.
5. Avituallamento na zona de saída da proba (cúpula).
6. Chocolatada ao finalizar as diferentes probas para voluntarios e corredores.
7. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba
e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de
seguros que corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo.
Artigo 10: Aceptación do regulamento:
A inscrición na proba conleva a autorización da publicación de fotografías ou vídeos da participación na mesma, así
coma os resultados.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o
interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito
ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Concello de Monterroso
Colaboran: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).