Calendario
Info da proba

Santiago-San Silvestre

31/12/2019 18:00 - 19:00
Regulamento A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes, a VII Edición da Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o 31 de decembro de 2019 a partir das 18:00 horas da tarde.

>> Consulta as túas dúbidas e o percorrido da proba neste tema do foro

Esta proba continúa co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no VIII Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago rematado o pasado 7 de decembro.

As probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

2. A SAÍDA da proba será ás 18:00 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.

3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no ano 2010. A organización non se fará responsable dos atletas menores da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2010), polo que non poderán participar oficialmente na proba.

4. CATEGORIAS E HORARIOS
Nesta edición de 2019, haberá un caixón de SAIDA na parte dianteira da proba asignado polas marcas que a continuación se mencionan. O horario das probas será o seguinte:

CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA

SAN SILVESTRE CAIXÓN COMPETITIVO (marca mínima na/s distancia/s requirida/s) 2004 e anteriores 5,4 km aprox. 18:00 h
SAN SILVESTRE POPULAR CATEGORÍA ESCOLARES do 2005 ó 2010 5,4 km aprox. 18:00 h
SAN SILVESTRE POPULAR ADULTOS 2004 e anteriores 5,4 km aprox. 18:00 h

A ENTREGA DE PREMIOS SERÁ ÁS 19:15 HORAS APROX.
A SAIDA DE TODAS AS PROBAS REALIZARASE DESDE A PRAZA DO OBRADOIRO ÁS 18:00 HORAS

5. INSCRICIÓNS
ONLINE
✓ As inscricións da categoría ESCOLARES (do 2005 ao 2010) poderán realizarse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com ou www.sansilvestresantiago.com, con data límite o venres 27 de decembro ás 23.59 horas.

✓ As inscricións das probas de ADULTOS poderá facerse tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com ou www.sansilvestresantiago.com, con data límite o venres 27 de decembro ás 23.59 horas.

Deberán rellenar o formulario cos datos requiridos e finalizar o proceso de inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs).

Máis información en www.atletismo.gal.
TODOS OS ATLETAS ADULTOS INSCRITOS NO CIRCUITO CORRESAN 2019 ESTARÁN INSCRITOS GRATUITAMENTE.

OS ATLETAS ESCOLARES DEBERÁN FORMALIZAR A SÚA INSCRICIÓN NA PROBA, NON ESTARÁN PREVIAMENTE INSCRITOS.

DEBERÁN RECOLLER O DORSAL DA PROBA NOS HORARIOS INDICADOS NESTE REGULAMENTO.

NON SE PODERÁ COMPETIR CO DORSAL DO CIRCUITO CORRESAN OS ATLETAS INSCRITOS NO CIRCUITO, NO CASO DE DESEXAR SAIR NO CAIXÓN COMPETITIVO DA SAN SILVESTRE, DEBERÁN ACREDITAR A SÚA MARCA REMITINDO UN EMAIL A info@sansilvestresantiago.com.

SAN SILVESTRE CAIXON COMPETITIVO:
Neste caixón só poderán entrar aqueles atletas homes e mulleres cuxas marcas sexan as seguintes:
• Masculina: 42’ en 10 k (só probas homologadas) e sub 21’ en probas de 5 k (só probas homologadas). Terán que indicar a marca, lugar e data onde se fixo.
• Feminina: 47’ en 10 k (só probas homologadas) e sub 23.30’ en probas de 5 k (só probas homologadas). Terán que indicar a marca, lugar e data onde se fixo.
• Escolares: deberán solicitalo no email info@sansilvestresantiago.com.
Esta medida farase só coa fin de realizar de xeito máis fluído a saída da proba.

PREZOS E PRAZOS DA INSCRICIÓN
▪ CATEGORÍA ESCOLARES (do 2005 ao 2010 incluídos): GRATUITA
▪ CATEGORÍA ADULTOS (2004 e anteriores): 5 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.sansilvestresantiago.com.
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 683 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il info@sansilvestresantiago.com.

Teléfonos de información xeral da proba:
981 291 683 / 981 528 730

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.
Em@il de información info@sansilvestresantiago.com .

6. PREMIOS E AGASALLOS
SAN SILVESTRE:
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (5,5 km aprox.).
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (5,5 km aprox.).
Premio participación ao 3 clubs de atletismo federado feminino con máis participantes ADULTOS nas probas.
Premio participación aos 3 clubs de atletismo federado masculino con máis participantes ADULTOS nas probas.
Premio participación ao 3 GRUPOS POPULARES con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación a EMPRESA con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio aos 3 mellores disfraces de grupo (mínimo 3 integrantes)
Premio aos 3 mellores disfraces individuais.

7. RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:
➢ LUGAR: CENTRO COMERCIAL AS CANCELAS
➢ Horarios e días:
▪ 29 de decembro de 16:00 a 20:30 horas
▪ 30 de decembro de 11:00 a 20:30 horas
▪ 31 de decembro de 11:00 a 17:00 horas

NON SE ENTREGARAN DORSAIS NA PRAZA DO OBRADOIRO
Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal que non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de xeito visible na zona anterior do corpo.

8. CIRCUITO
O circuito está publicado nas web www.carreirasgalegas.com e www.sansilvestresantiago.com. A Saída e Meta será desde a Praza do Obradoiro.

A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.

Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.

Prégase precaución na proba polo alto volumen de participantes na mesma. A seguridade é o primeiro.

9. Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.

10. OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle
permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.