Calendario
Info da proba

A Estrada-San Silvestre

31/12/2019 17:00 - 18:00
Regulamento IX MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE
O Concello da Estrada, organizará o vindeiro martes día 31 de Decembro a IX Milla San Silvestre Estradense.
Tratase dunha proba de carácter lúdico non competitivo, pero haberá sorteos para todos os participantes.
INFORMACIÓN XERAL
Data: martes 31 de Decembro de 2019.
Hora: a partir das 16:00, retirada de dorsais.
Lugar: Plaza do Concello de A Estrada
Distancia: de 100m a 1.609 m. aprox
Organiza: Concello da Estrada
Inscrición: Ata o venres 28 de Decembro de 2018, (a organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora
de prazo), estas realizaranse a través de:
web: www.emesports. es (Gratuita)
Facendo constar: Nome – Apelidos - Data nacemento.
CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIOS APROXIMADOS
Pitufos (nados no 2013 e posteriores)- 100 metros – 17:00h
Prebenxamín ata Infantil (nados entre os anos 2012 e 2005)- ½ milla (800 m) – 17:15h
Cadetes ata Veterans (nados nos anos 2004 e anteriores)- 1 milla (1609 m) – 17:30h
PERCORRIDOS
* A carreira da categoría Pitufos terá lugar polas inmediacions da praza do Concello e os xardíns anexos a mesma
(CIRCUITO VERDE).
* A carreira da categoría Prebenxamín ata Infantil terá lugar por un circuito urban pechado o trafico de
aproximadamente 800m de lonxitude (CIRCUITO ROXO), o que haberá que dar 1 volta para completar a distancia
total de 800m. A saida e meta situaranse na praza do Concello.
* A carreira da categoría Cadetes ata Veterans terá lugar por un circuito urban pechado o trafico de
aproximadamente 800m de lonxitude (CIRCUITO ROXO), o que haberá que dar 2 voltas para unha distancia total
1600m. A saída e meta situaranse na praza do Concello.
Trofeo o disfraz máis orixinal, trofeo o grupo máis numeroso do mesmo disfraz e trofeo o/a participante
maior idade .
Retirada de dorsais a cambio dun quilo de comida non perecedeira que se destinará a Cáritas
Parroquial, dentro da Operación quilo de Nadal.
O termino das distintas carreiras todos os participantes serán obsequiados ca degustación de chocolate
quente e productos de repostería.
Para participar nos sorteos dos agasallos que se farán na chocolatada é obrigatorio levar o dorsal ben
visible.