Calendario
Ver carrera

Brigantia Aventura-CANCELADA

23/05/2020 21:45 - 24:45

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
O presente regulamento describe as condicións sobre as cales se desenrola o evento denominado VI C-Trail
BRIGANTIA AVENTURA e será de estricto cumprimento para todos os participantes. Calquer incidencia non recollida
no mesmo, será resolto pola Organización
O presente regulamento pode ser correxido, modificado ou mellorado en calquer momento por parte da Organización
coa debida comunicación aos participantes e periodos de reclamación e resolución de incidencias
O feito de realizar a inscricion en calquera das modalidades do evento mosta a conformidade do participante coa
totalidade do contido do presente regulamento.
INTRODUCCION
O C-TRAIL BRIGANTIA AVENTURA nace coa finalidade de coñecer o monte e natureza do concello da Coruña e, con
elo, fomentar o deporte na natureza e ao aire libre, respectando o contorno.
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS
● ORGANIZA: Club Brigantia Aventura
● DÍA: 23 de maio 2020
● HORA DE SALIDA: 21:45
● LUGAR: Pavillón Polideportivo Mesoiro (A Coruña)
● DISTANCIAS:
o TRAIL: 18km
o ANDAINA: 10 km aprox
● DESNIVEL:
o TRAIL: 900 m+
o ANDAINA: 500 m+
● O percorrido será circular e desenrólase na súa maior parte por pistas, camiños e sendeiros por monte,
excepto a saída e chegada, que transcorre polo asfalto.
OBXECTIVOS
● Incentivar a práctica deportiva en contornos naturais co máximo respecto á natureza.
● Dinamización da zona de influencia da carreira
● Recuperar camiños antigos para o disfrute da xente
CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN, PARTICIPACIÓN E CANCELACIÓN
REQUISITOS
● Ter máIs de 18 anos.
● Conñecer e aceptar as condicións do presente regulamento.
● Realizar correctamente todos os pasos de inscrición.
● Dispor da experiencia, coñecemento, material e capacidade física necesaria para afrontar unha carreira de
resistencia no monte.
Esta é unha proba de resistencia, polo que, recomendamos unha boa forma física, xa que se superan desniveis
considerables, trascorrendo a carreira por terreos moi técnicos. Recoméndase realizar una proba de esforzo meses
antes.
A organización resérvase o dereito de excluir da proba, incluso antes do inicio de éstas, a aqueles participantes que a
conduta sexa inapropiada.
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación do presente regulamento. Non se permite a participación
dun corredor que suplante a identidade de outro e non é posible realizar cambios de corredor unha vez efectuada a
inscrición.
PRAZOS DE INSCRICIÓN E NÚMERO DE PRAZAS
O PRAZO para realizar a INSCRICIÓN dol VI C-TRAIL BRIGANTIA AVENTURA será do 7 de marzo ao 20 de maio ás
23:59 h. , existiendo un límite de 400 participantes.
A participación estará aberta a aquelas persoas que formalicen correctamente a INSCRICIÓN e cumpran cos requisitos
establecidos se os houbese na súa modalidade de competición.
LISTA DE ESPERA
No caso de que se esgoten as inscricións, establecerase unha lista de espera para cubrir as baixas que poidan
ocasionar os corredores.
A adxudicación de praza efectuarase por estricto orde de inscrición á lista de espera e cando se reciba petición de
baixa dun corredor. Neste caso seralle comunicado vía e-mail dende a organización a obtención da súa praza
(inscrición) e unha vez formalizada a mesma, considerarase inscrito a todos os efectos.
NON PARTICIPACIÓN E DEVOLUCIÓN DE INSCRICIÓN:
ADVERTENCIA: No caso de que a persoa inscrita non participe na carreira, sexa cal fose o motivo, a Organización non
devolverá* o importe da inscrición nin estará obrigada a entregarlle ningún agasallo da mesma (o que inclúe a bolsa
do corredor) unha vez concluída a carreira.
En caso de suspensión da proba antes do seu inicio, a Organización intentará buscar outra data para dito evento, ou
facilitará a participación en vindeiras edicións.
O mal tempo non será impedimento para a realización da proba, se ben a Organización resérvase o dereito de
suspendela ou modificar o seu percorrido se cré oportuno, sobre todo, se considera que a integridade física dos
corredores pode verse perxudicada.
QUÉ INCLÚE A INSCRICIÓN:
● Dorsal
● Bolsa do corredor con agasallo conmemorativo para aquelas persoas inscritas que efectúen a saída o día da
proba.
● Avituallamentos: Auga, bebidas isotónicas , froita e froitos secos.
● . Seguro de R.C. e de seguro de accidentes
● Asistencia durante a carreira mediante o dispositivo sanitario e de seguridade fixado pola Organización
● Gardarroupas en zona de saída/meta
● Duchas e vestiarios na zona de servizos, situada no polideportivo de Mesoiro
● Premios, aos primeros/as clasificados das categorías senior e veteranos, feminino e masculino.
● Sorteo de regalos entre os asistentes
● Percorrido sinalizado
● Cronometraxe electrónico
CATEGORÍAS E PREMIOS:
CATEGORÍAS:
Disporanse 2 categorías:
● SENIOR: dende os 18 anos ata os 43 anos
● VETERANAS/OS: a partir dos 44 anos inclusive
A idade a ter en consideración será a que se teña ao finalizar o ano. Premios non acumulables.
PREMIOS:
A entrega de premios realizarase aproximadamente ás 23:30 horas. Entregarase premio aos seguintes clasificados:
● TRAIL:
o 1º, 2º y 3º clasificado SENIOR MASCULINO
o 1º, 2º y 3º clasificado SENIOR FEMENINO
o 1º, 2º y 3º clasificado VETERANO
o 1º, 2º y 3º clasificado VETERANA
AVITUALLAMENTOS:
A carreira dispondrá de varios avituallamentos tanto líquidos (auga e isotónico) como sólidos (froita e outros).
● TRAIL:
2 Avituallamientos + meta
● ANDAINA
1 Avituallamientos + meta
SEGURO DE ACCIDENTES
Para accidentes ou lesións derivadas da proba, a organización conta co correspondente seguro de responsabilidade
civil e seguro de accidentes, eximíndose á Organización das mesmas que proveñan de causas alleas á organización do
evento.
A organización non será responsable de ningún dano causado por unha imprudencia ou neglixencia do participante.
Queda excluído da Responsabilidade Civil dos danos ocasionadoss polos participantes a terceiros, non podendo culpar
en ningún caso á organización de ditos danos.
Asimesmo, os participantes declaran que están na condición física perfecta para realizar a carreira, que participan
voluntariamente, baixo a súa propia responsabilidade na competición e descargan á organización dos posibles danos
que se xeneren por realizaar unha proba de resistencia.
MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDADO
Todos os/as corredores deberán levar un MATERIAL OBRIGATORIO DE SEGURIDADE , que pode ser controlado na
saída, na chegada ou en calquer punto da carreira sendo o seguinte:
● DORSAL VISIBLE na parte dianteira
● SISTEMA DE ILUMINACION con pilas ou bateria auxiliar de reposto.
Os/as deportistas que non porten o material obrigatorio non poderán continuar en carreira e serán
inmediatamente descalificados (haberá controis ao longo do percorrido).
Este material pode ser aumentado por parte da organización, previo aviso polos cauces que estime oportuno.
MATERIAL RECOMENDADO (dependendo da climatología este material recomendado pode sufrir modificacións)
● ROUPA E ZAPATILLAS ADECUADAS PARA UNHA CARREIRA POR MONTE
● SISTEMA DE HIDRATACIÓN
● TELÉFONO MÓBIL
SINALIZACIÓN:
A carreira estará marcada con pequenas sinais, pequenos carteis informativos, bandeiriñas e cintas colgantes
distanciadas unhas de outras, co obxectivo de que o corredor/a siga o trazado da organización.
COMPORTAMENTO DEPORTIVO E SOSTENIBILIDADE
A solidaridade, a colaboración e o respecto entre participantes , e entre estos e o voluntariado, patrocinadores,
público e outros posibles usuarios dos camiños por onde transcorre a carreira son elementos centrais de este trail.
Non respectalos será motivo de descalificación.
A circulación nos pasos por estrada está aberta ao tráfico e os participantes deberán respectar as normas viales nas
estradas de uso público e poboacións.
Os participantes serán responsables dos danos ocasionados en poboacións, contorno e medio ambiente.
Los participantes serán responsables de los daños ocasionados en población, entorno y medio ambiente.
Está prohibido ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
RELACIÓN DE PAUTAS XERAIS DE RESPECTO AO MEDIO AMBIENTE
As seguintes pautas van dirixidas a participantes e persoas que realicen o seguimento da proba.
● Non verter nin abandonar obxectos ou residuos sólidos ou líquidos fora dos lugares habilitados.
● Retirar e trasladar todos os elementos e residuos producidos nas zonas de asistencia, saída e meta.
● Realizar o percorrido producindo o menor ruido posible.
● Non perturbar a tranquilidade do espazo ou á fauna doméstica ou salvaxe.
● Non invadir propiedades privadas ou prohibidas ao longo do percorrido.
● Respectar o mundo rural, os dereitos e costumes locais.
● Non producer alteracións nos procesos e no funcionamento natural dos ecosistemas.
DEREITOS DE IMAGE
Todos os/as participantes renuncian a utilizar os seus dereitos de imaxe e autorizan á organización e aos
patrocinadores a utilizar e publicar libremente as imaxes de foto ou video grabadas durante os días que dure a proba,
incluíndo momentos previos e posteriores, dende a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dos
participantes.
Ademáis o voluntariado, persoal de montaxe ou persoal externo á proba pero que dunha forma ou outra participe
nela, aceptarán tamén a cesión de ditos dereitos de imaxe.
En cumprimento da ley de protección dos dereitos de imaxe: calquer excepción deberá ser presentada por escrito pola
persoa facendo mención expresa das imaxes.
A Organización da proba, poderá utilizar este material como crea convinte, sempre que non vulnere o dereito á
intimidade do participante. De igual forma, os corredores inscritos accederán a que o seu nome salga reflexado nun
listado de participantes e clasificación publicado na páxina web oficial da carreira ou en calquer outro medio de
comunicación.
DESENROLO DA CARREIRA
REUNIÓN INFORMATIVA (BRIEFING) (o día da proba ás 21:15 h aprox.)
Previo ao inicio das carreiras realizarase unha reunión informativa de carácter non obrigatorio (aínda que
recomendable) cos corredores inscritos, na que se tratarán temas relacionados co material, percorrido, segudidade e
comportamento en carreira, así como información de última hora que sexa de interés para os participantes.
ENTREGA DE DORSAIS E BOLSA DE CORREDOR
Os dorsais poderán recollerse de forma anticipada no lugar e horarios a especificar días antes nas redes sociais da
organización, debendo presentar os participantes o DNI ou calquer outro documento legal identificativo.
O dorsal poderá recollerse tamén o día da proba dende as 16:00 horas ata as 20:30 horas, na secretaría da carreira.
O/A corredor deberá portar o dorsal en todo momento nun lugar visible, non podendo ser recortado, dobrado nin
modificado. O incumplimento reiterado deste apartado acarreará a descalificación inmediata do corredor.
ZONAS E HORAS DE SAÍDA E DE CHEGADA:
● HORA LÍMITE DE RECOLLIDA DE DORSAIS: Sábado 23 de maio ás 20:30 hroas na secretaría situada na saída.
● SAÍDA: Sábado ás 21:45 horas.
● HORA DE PECHE DE META: 00:15 h.
OS CONTROIS
Ao longo do percorrido, haberá controis de paso, ben sexa de forma automática ou manual, para asegurarse de que os
participantes completan o percorrido, ademáis de rexistrar os tempos de paso de cada un.
TEMPOS DE CORTE
Estableceranse os seguintes tempos de corte:
● PECHE DE META 00:15 horas (2:30 horas de darse a saída)
Todo aquel participante que chegue cun tempo superior, será descalificado. O que queira continuar, terá que entregar
OBRIGATORIAMENTE o dorsal e quedando a organización exenta de calquer incidencia que poida ocorrerlle.
ABANDONO
Os participantes poderán abandonar a proba voluntariamente, coa obrigación de informar e dirixirse aos voluntarios
da carreira, que avisarán á organización de inmediato para levalos a meta.
A parte, a organización ou os servizos médicos poden obrigar a abandonar a un participante, ou obrigalo a facer unha
parada, se consideran que se atopa nunha situación física de risco.
XURADO, RECLAMACIÓNS, PENALIZACIÓNS e DESCALIFICACIÓN
A organización será a responsable de velar polo cumprimento das normas que rixen a carreira, aplicando as
penalizacións e/ou descalificacións que crea oportunas dacordo co listado de infraccións (non limitativo) que figura a
continuación:
● Saída do percorrido marcado
● Dorsal tapado, dobrado ou non visible claramente
● Acompañameto por parte dunha persoa non inscrita na carreira
● Asistencia fora dos avituallamentos
● Usar transporte non autorizado durante o transcurso da carreira
● Abandono voluntario de basura
● Calquer comportamento ou actitude que perxudique ou degrade o contorno (incluido facer excesivo ruido).
● Mostrar unha actitude antideportiva
● Non dispor dalgún elemento do equipo obrigatorio.
● Non asistencia a unha persoa en dificultade (ferida, esgotamento, hipotermia, etc.).
● Non pasar por un punto de control ou non fichar.
A organización poderá tomar a decisión de establecer os puntos de control que crea oportunos, sen previo aviso e sen
necesidade de informar previamente da súa localización.
Os membros da organización serán tamén os responsables de valorar as posibles reclamacións que poida haber en
relación á clasificación, penalizacións e/ou descalificacións que se aplicasen.
As reclamacións deberán comunicarse a algún dos membros da organización no seguinte punto de control

[ Go Back ]