Calendario
Info da proba

Ames

28/12/2019 18:40 - 19:40
Regulamento I Carreira-andaina dos Inocentes Concello de Ames
A I Carreira-andaina dos Inocentes 2019 é un actividade organizada polo Concello de Ames a
través da súa Concellería de Deportes. Consistirá nunha carreira e andaina a pé de 3 km aprox.
e a participación poderá ser individual ou en grupos de mínimo 3 integrantes.
Toda a recadación do día irá destinada a SOGAPS, (SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO
SAHARAUI), unha organización NON gubernamental formada por persoas voluntarias que
adican parte do seu tempo en colaborar na axuda ao pobo saharaui, pretendendo mellorar as
súas condicións de vida, tanto dos refuxiados saharauis, como da poboación residente no
Sahara Occidental ocupada por Marrocos.
Poden consultar máis información no ligazón: https://sogaps.org/ .
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
HORA ACTIVIDADE
17:30 h Entrega de dorsais e agasallo na carpa organización
18:30 h Sesión de quecemento grupal
18:40 h I Carreira e andaina do Inocente Concello de Ames
19:30 h SORTEO DE AGASALLOS E ENTREGA DE PREMIOS – FIN DE FESTA
REGULAMENTO
1. PARTICIPACIÓN: poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa
clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de
Xuices da Federación Galega de Atletismo. Poderase participar de maneira individual ou en
grupos de mínimo 3 integrantes (disfraces grupais).
2. LUGAR: a SAÍDA e a META da proba realizarase na Praza de Chavián (Bertamiráns) e a
saída será en torno ás 18:40 horas.
3. IDADE MÍNIMA: non se establecerá idade mínima de participacIón, pero todos os menores
de 10 anos deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto durante a andaina ou a
carreira.
4. INSCRICIONS: poderán realizarse na web www.carreirasgalegas.com, con data límite o
xoves 26 de decembro ás 23:59 horas. Debera encherse o formulario cos datos requiridos.
5. PREZOS DA INSCRICION:
- Categoría escolares (nados/as no 2004 e posteriores): GRATUÍTA
- Categoría adultos (nados/as no 2003 e anteriores): 6 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
www.carreirasgalegas.com .
** Os escolares menores de 16 anos inscribiranse gratuitamente na plataforma, pero
poderán realizar o donativo solidario no momento da recollida do dorsal.
A RECADACIÓN IRÁ DESTINADA INTEGRAMENTE A SOGAP: máis información no ligazón:
https://sogaps.org/.
Establecerase no formulario de inscrición a opción “DORSAL 0” no caso de que se desexe
realizar un donativo a Asociación. Tamén o día propio do evento habilitarase unha carpa da
Organización para poder colaborar e donar o que cada persoa ou familia desexe.
6. PREMIOS E AGASALLOS:
- Premio as/aos 3 primeiras/os chegadas/os a META
- Premio aos 3 mellores disfraces de grupo (mínimo 3 integrantes)
- Premio aos 3 mellores disfraces individuais.
7. RECOLLIDA DE DORSAIS: realizarase na secretaría de competición situada na carpa da
organización (Praza de Chavián - Bertamiráns) o mesmo día da carreira ata media hora
antes da proba.
Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de xeito visible na zona
anterior do corpo.
8. CIRCUÍTO: a saída e meta será desde a Praza de Chavián e o percorrido terá un lonxitude
aproximada duns 3 Km.
9. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en ruta
da FGA e da RFEA en vigor.
A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia
non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación
deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os
participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara,
baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle
permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da
devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.
LOPD
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet