Calendario
Info da proba

Cariño-APLAZADA

29/03/2020 9:30 - 23:30
Regulamento O Clube Ciclista Cariño organiza o vindeiro domingo 29 de Marzo a terceira edición da carreira a pé por montaña e andaina denominada “Northwest Experience”, no concello de Cariño.
Para participar será preciso ter 16 anos cumpridos o día da proba, no caso dos participantes na modalidade de trail ou minitrail. No caso dos menores participantes na andaina, establécese un mínimo de 8 anos de idade. Polo mero feiro de inscribirse na proba, o pai/nai/titor do menor acepta a normativa e condicións da mesma, recoñecendo expresamente que o seu representadp se atopa en condicións físicas adecuadas para a práctica do exercicio físico e eximindo de toda responsabilidade aos organizadores, colaboradores e voluntarios en canto ao desenvolvemento das súas funcións refírese.

EN AMBOS CASOS OS MENORES DEBERÁN IR ACOMPAÑADOS POR UN ADULTO. A SAÍDA SERÁ EN MASA DENDE A CASA DO CONCELLO AS 9:30 HORAS

DISTANCIAS, PERCORRIDOS E ENTORNO

TRAIL: 24 kms cun desnivel positivo acumulado de 1200 metros.
MINITRAIL: 12 kms con 600 metros de desnivel positivo acumulado.
ANDAINAS: Con dúas distancias de 12 e 19 kms, con 600 e 950 metros de desnivel positivo acumulado respectivamente.

Ambos percorridos transcorren por zonas de especial interese ambiental, como o é a Costa Ártabra en Serra da Capelada. Será de vital importancia o respeto polo medioambiente, fauna e flora en todo momento. Para ese efecto, colocásense contedores de lixo nas inmediacións dos avituallamentos dispostos pola organización para que os participantes depositen os seus refugallos.

Haberá un punto de paso que será necesario exceder a unha determinada hora para poder continuar facendo o percorrido completo. De non ser así, por motivos de seguridade e para cumprir co horario predisposto, o participante verase obrigado a atender as indicacións da organización e acurtar parte do percorrido.

A hora de peche de meta será ás 14:00 horas, polo que os participantes que excedan o tope de tempo establecido pasarán a non formar parte desde ese momento da proba.
A organización resérvase o dereito para realizar as modificacións que considere precisas, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrígano ou por causa de forza maior.

CATEGORÍAS E PREMIOS
A modalidade de trail e minitrail serán de carácter competitivo. Elaborarase unha táboa clasificatoria para cada unha das distancias e outorgaranse premios aos 3 primeiros clasificados ( masc. e fem.) das seguintes categorías.





CATEGORÍA

IDADE / RANGO

SENIOR MASC. E FEM.

18 A 39 ANOS

VET. A MASC. E FEM.

DE 40 ANOS A 49 ANOS

VET. B MASC. E FEM.

DE 50 ANOS EN DIANTE

EMPADROADO/A EN CARIÑO

MASC. E FEM. ABSOLUTOS

GRUPO*

MÁIS NUMEROSO

*Para contar como integrante do grupo débese notificar no momento de inscrición. ¡Moito ollo o escribir o nome do grupo!



INSCRICIÓNS E RECOLLIDA DE DORSAIS
As inscricións son estritamente persoais e intransferibles, non podendo ser utilizadas por outra persoa diferente a inscrita.
Só se aceptaran inscricións pagadas, non existindo a posibilidade de pre-inscrición ou pago ao recoller o dorsal o día da proba.
Para inscribirse utilizarase o formulario habilitado no páxina oficial do evento: www.northwestexperience.es





TRAIL 24 KM

APERTURA ATA O 19/03

15 €

DO 19/03 A 26/03

18 €

MINITRAIL 12 KM

APERTURA ATA O 19/03

12 €

DO 19/03 A 26/03

15 €

ANDAINAS

APERTURA ATA 19/03

10 €

DO 19/03 A 26/03

13 €



500 prazas dispoñibles, ou data límite de inscrición ata o xoves día 26 de Marzo ás 22:00H.
Inclúe os seguros pertinentes para a proba, dorsal, aluguer de chip (na modalidade trail/ minitrail), agasallos, avituallamentos sólido/líquido, duchas, pincho remate de proba e premios.
A recollida de dorsais será na casa do Concello de Cariño, podendo retiralo o Sábado 28 de Marzo en horario de 19 a 21h, e o Domingo 29 de 8:00 a 9:15h.

Todos os participantes deberán levar de forma obrigatoria visible o dorsal, sendo este persoal e intransferible. A persoa inscrita só poderá participar co dorsal que lle foi asignado e acepta non permitir o uso do mesmo a outra persoa.



MATERIAL RECOMENDADO E OBRIGATORIO
Cada participante debe ser plenamente consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenvolverse baixo posibles condicións climáticas de frío, choiva e/ou vento. Por tanto, debe prever que a súa indumentaria, calzado e condicións físicas sexan as máis apropiadas para realizar a proba.
No caso de que a previsión meteorolóxica sexa adversa, a organización pode esixir material obrigatorio que será comunicado con tempo de antelanción suficiente.



AVITUALLAMENTOS
Haberá varios avituallamentos líquidos e sólidos durante o percorrido;
– Tres (3) para a modalidade de trail.
– Dous (2) para minitrail e andainas longa e curta.



DEREITO DE PARTICIPACIÓN E ABANDONOS
A organización resérvase o dereito de participación a quen desatenda as indicacións, cometan calquera infracción grave, teñan un comportamento antideportivo ou que non cumpra o presente regulamento.

En calquera caso, os responsables da organización terán a potestade para retirar da proba aos participantes que non cumpran coas expectativas dos tempos establecidos para os controis de peche ou teñan problemas físicos evidentes (vómitos,desorientación, desmaios…) que poidan poñer en perigo a súa saúde.

No caso de abandono voluntario, terá que realizarse nos controis de paso ou avituallamentos sempre que sexa posible, e deberán ser comunicados inmediatamente á organización para ver a posibilidade de traslado do participante á zona de meta.

ACCIDENTES, SEGUROS E ASISTENCIA MÉDICA
A participación na proba esta baixo a responsabilidade e propio risco de cada participante, o cal, no momento da súa inscrición manifesta atoparse fisicamente apto para a proba.

A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidese ser causa ou víctima o participante, que deberá estar cuberto polos seguros da proba. Tampouco se fai solidaria dos gastos nin das débedas que puidesen contraer os participantes durante a proba. O participante exime á organización de responsabilidade por perda ou deterioración dos obxectos persoais por calquera circunstancia.

Dispoñerase durante o desenvolvemento da proba e de forma permanente dun médico e unha ambulancia que estarán de retén por se houbese que socorrer a algún participante nun punto do percorrido.

SUSPENSIÓN, ACEPTACIÓN E DEREITOS DE IMAXE
En caso de anulación da proba por causas de forza maior e cunha antelación de máis de 7 días respeto a data de saída, pospoñerase para outra data pactada e, no caso de quen así o solicite, realizarase un reembolso parcial dos dereitos de inscrición. O importe fixarase en función da capacidade de reembolso da organización tras facer fronte aos gastos fixos non retornables.

Se estando a proba en marcha as condicións meteorolóxicas vólvense adversas, a organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido ou mesmo a suspensión da proba. Neste caso os dereitos de inscrición non serán devoltos. Así mesmo, tampouco se fai responsable das decisións que, a título persoal, tomen os participantes como consecuencia da suspensión da mesma.

Nos casos cancelación da inscrición por parte do participante, poderá darse de baixa con dereito a devolución do importe integro da cuota de inscrición (menos gastos bancarios) ata o 19/03. Dereito o 50% do importe de inscrición (menos gastos bancarios) ata 48 horas antes do inicio do evento.
Sempre e cando a baixa seña por mor dunha enfermidade ou lesión, devolverase o importe íntegro (menos gastos bancarios e ata 24 horas antes do evento). Para este caso será preciso xustificación médica.

Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamento imposto pola organización e autoriza á utilización de imaxes e vídeos fotográficos filmados.