Calendario
Info da proba

Sanxenxo

29/12/2019 11:00 - 13:00
Regulamento Por segundo ano consecutivo, o vindeiro dia 29 de decembro (DOMINGO), realizaremos a andaina "POR ELAS".
Tratase dunha andaina solidaria, onde recolleremos alimentos non perecedoiros que serán doados íntegramente A Asociación de Bancos de Alimentos Rias Baixas. Cada persoa recibirá ao cambio unha pañoleta ou camiseta con lema para visualizar na andaina.
O noso obxectivo é mostrar a unión e repulsa colectiva fronte a violencia de xénero, e o recordo a todas esas mulleres que neste ano 2019 perderon a vida polo simple feito de ser mulleres.
Agardamos contar con vos, e agradeceríamos moito a vosa difusión neste evento.
Por elas. Por nos. Por todas as persoas.
Sanxenxo contra a violencia machista.