Calendario
Info da proba

Noia-San Silvestre

31/12/2019 17:00 - 18:00
Regulamento XVI San Silvestre de Noia

A carreira incorpora este ano un carácter solidario, posto que a proba organizada polo CLUB Atletismo NOIA en colaboración co Concello de Noia, recollerá alimentos para as persoas usuarias dos servizos de #Cáritas na localidade. Así o presentaron esta mañá a concelleira de Deportes - Concello de Noia, Laura Salgado Garcia, e o presidente de Cáritas Noia, Juan Carlos Pérez Oviedo, que animaron a toda a poboación a participar.

A San Silvestre, que non terá carácter competitivo, sairá da Alameda ás 17:00 horas do martes 31 de decembro. Percorrerá o casco histórico para proseguir polo paseo marítimo e retornar á Casa do Concello. Uns 3 km aptos para que os percorran todo tipo de participantes, independentemente da súa condición física.

Todas as persoas que queiran participar na San Silvestre, ou que queiran colaborar aínda que non participen na proba, deberán achegar un produto alimenticio (envasado que non superase a súa data de caducidade nin de consumo preferente). Todas as doazóns serán entregadas aos responsables de Cáritas en Noia ao final da proba.