Calendario
Info da proba

Toques

01/03/2020 10:30 - 12:30
Regulamento II SUBIDA A SAN CIDRE-XACODESAFÍO
1/03/2020
REGULAMENTO
O presente documento pretende establecer os conceptos regulamentarios e organizativos
e as consignas básicas da II Cross de San Cidre.
Artigo 1.- Organización
O Concello de Toques, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo,
organizará o domingo 1 de MARZO de 2020 a partir das 10:30 horas da mañá, a II
edición do CROSS SUBIDA A SAN CIDRE, que este ano muda a denominación da
carreira por II SUBIDA A SAN CIDRE-XACODESAFÍO 2020. As probas estarán
baixo o control técnico do comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Artigo 2 .-Categorías de participación:
Para a PROBA DE 13 KM, establécense as seguintes categorías:
CATEGORIA SEXO IDADE
Absoluto Masculino e feminino Calquera das categoría
Sénior Masculino e feminino de 18 anos anos cumpridos o día proba ate
34 anos
Máster 35 Masculino e feminino 35 anos cumpridos o día da proba ata os 44
anos
Máster 45 Masculino e feminino 45 anos cumpridos o día da proba e ata os
49 anos.
Máster 50 Masculino e feminino 50 anos cumpridos o día da proba en adiante
Empadroados Masculino e feminino Calquera categoría empadroados/as en
Toques
Categorías Escolares:
Nas probas escolares (menores de 18 anos) estableceranse as seguintes categorías:
CATEGORIA SEXO IDADE
Prebenxamín Masculino e feminino nados/as en 2013 e posteriores
Sub 10 Masculino e feminino nados/as en 2011 e 2012
Sub 12 Masculino e feminino nados/as en 2009 e 2010
Sub 14 Masculino e feminino nados/as en 2007 e 2008
Sub 16 Masculino e feminino nados/as en 2005 e 2006
Sub 18+ Masculino e femnino Nados/as en 2004 ata os 17 anos
Artigo 3.- A proba. Horarios:
O Cross de San Cidre é unha carreira de monte e pistas forestais con varias distancias
segundo a categoría.
A saída de todas as probas estará ubicada no Lugar Souto, 14, no Concello de Toques.
HORARIO DAS PROBAS:
10:30 horas Subida a San Cidre 13 km (de senior a máster)
A maiores realizaranse probas de menores de 18 anos:
Proba de menores (