Calendario
Info da proba

Santiago-Duchenne-APLAZADA

28/03/2020 17:30 - 19:30
Regulamento CROSS SOLIDARIO EN FAVOR DA INVESTIGACIÓN DE DUCHENNE Y BECKER
“UNHA TARDE CON SAMUEL” 28/03/2020
Organizarase no circuíto de Campo a Través do Parque de Salgueiriños en Santiago de Compostela,
un Cross Solidario para dar a coñecer esta enfermidade e outras recadando fondos para a
investigación das enfermidades de distrofia muscular DUCHENNE e BECKER.
Baixo o lema dunha “TARDE CON SAMUEL”, afectado por ista enfermidade rara, organizarase a
segunda edición dun Cross Solidario que estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do Concello de Santiago e outras entidades.
Esta proba de carácter 100% solidario, celebrarase o SÁBADO 28 DE MARZO no Parque de
Salgueiriños en Santiago de Compostela.
Toda a información respecto a esta enfermidade poderana consultar no ligazón
https://www.duchenne-spain.org/que-es-duchenne/ .
As probas rexeranse polo seguinte:
REGLAMENTO
Artigo 1. Participación.
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición no tempo e
prazo preciso e sempre que entren dentro do rango de idades establecido para as categorías
establecidas no presente regulamento. O control da proba estará baixo a supervisión do Comité de
Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Artigo 2. Categorías de competición.
Estableceranse as seguintes categorías de competición, tanto masculinas como femininas:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
Pitufas/as Nadas/os en 2013 e posteriores 350 m aprox. 17:30 H
Sub 10 Nadas/os en 2011 e 2012 1200 m aprox. 17:45 H
Sub 12 Nadas/os en 2009 e 2010 1200 m aprox. 17:45 H
Sub 14 Nadas/os en 2007 e 2008 2000 m aprox. 18:00 h
Sub 16 Nadas/os en 2005 e 2006 2000 m aprox. 18:00 h
Sub 18-Sub 20 Nadas/os entre 2001 e 2004 5000 m aprox. 18:30 h
Senior Nadas/os en 2000 ata máster 5000 m aprox. 18:30 h
Máster 1 De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba 5000 m aprox. 18:30 h
Máster 2 De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba 5000 m aprox. 18:30 h
Máster 3 De 55 anos cumpridos o día da proba en adiante 5000 m aprox. 18:30 h
ANDAINA 2500m aprox. 17.30h
ANDAINA adaptada para personas con movidad reducida precio 5€
Artigo 3. Lugar de saída das probas.
As probas terán a súa SAIDA e Meta no Parque municipal de Salgueriños a partir das 17:30 horas
do sábado 28 de marzo de 2020.
Artigo 4. Inscricións. PREZO e PRAZO.
As inscricións poderán realizarse a través das páxinas web atletismo.gal e
www.carreirasgalegas.com con prazo límite o mércores 25 de marzo de 2019 ás 23:59 horas.
PREZOS DE INSCRICIÓN
• Adultos (de sub 18-sub 20 en adiante) 8 euros
• ANDAINA 5 euros
• Escolares GRATUITO
(Donativo solidario “voluntario no momento de recoller o dorsal)

Na páxina web www.carreirasgalegas.com existirá a posibilidade de inscribirse con DORSAL 0, a
través da cal poderase facer un donativo sen necesidade de participar na proba.
TODA A RECADACIÓN IRÁ DESTINADA AO MOTIVO REAL DA PROBA.
Artigo 5. Retirada de dorsais.
• Os dorsais recolleranse o día venres 27 marzo 11h-13.30h/ 16h-20h en DECATHLON E O
sabado28 marzo de 10.30h. -13.00h. logo recolleranse na zona de saída a partir das 16.30h.
Artigo 6. Avituallamento.
Haberá servicio de AVITUALLAMENTO líquido e sólido na zona de meta por cortesía dos
colaboradores.
Artigo 7. Premios.
A entrega de premios realizarase unha vez conclúan as probas. Establecen os seguintes premios:
• Medallas aos tres primeiros clasificados/as da proba absoluta.
• Medallas para os tres primeiros/ras clasificados/as de cada categoría establecida no
presente regulamento.
• Medallas para os tres clubs federados máis numerosos da proba, entre adultos e escolares.
Artigo 8. Responsabilidade e reclamacións.
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais que a sí mesmo ou a outras
persoas ocasionen os participantes desta proba.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da proba (o que designe o comité
galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo) non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
A organización reservase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias o requiren
(informando previamente)
Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo a normativa en vigor da RFEA
e FGA para probas en ruta da tempada 2020.
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
participar na proba, aceptan esta normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación
non prevista nela, resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as
regras da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e, a través da
súa inscrición, o corredor autoriza expresamente que os seus datos básicos sexan transferidos a
esta entidade para a tramitación, antes da compañía de seguros, do seguro obrigatorio de
accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e o ranking popular de
probas de estrada. En calquera caso e conforme establecido pola Lei de Protección de Datos, o
interesado poderá exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de
Glasgow13- 15008 A Coruña.
Esta proba disporá dos seguros e servicios sanitarios requirido nas normativas vixentes
. − Servizo de ambulancia, médico e sanitarios
− Servizo de masaxes (Escola Europea Parasanitaria).
_ Fotografía Profesional