Calendario
Info da proba

Riveira-APLAZADA

26/04/2020 11:00 - 12:30
Regulamento I CARREIRA SOLIDARIA SAGRADO
CORAZÓN DE JESÚS -CASTIÑEIRAS
O Concello de Riveira patrocina e organiza conxuntamente
coa Anpa do colexio Sagrado Corazón de Jesús de
Castiñeiras , o domingo 26 de abril de 2020, a partires das
11.00 horas, a I Carreira solidaria Sagrado Corazón de
Jesús.
Todos os cartos recaudados irán destinados para
apadriñamentos de nenos en zonas desfavorecidas de
Perú, onde están as Hermanas da Congregación facendo
labores solidarias.
A mesa terá saída e chegada na mesma escola e a montaxe
estará realizada por Galitiming.
1-Poderá participar toda persoa que o desexe a partires
dos 3 anos de idade.
2-CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
Todas Femeninas e Masculinas.
*CHUPETE : nados no 2015 e posteriores.
*PRE-BENXAMÍN : nados no 2015 e posteriores
*SUB-10 :nados no 2011-2012
*SUB-12 :nados no 2009-2010
*SUB-14 :nados no 2007-2008
*SUB-16 : nados no 2005-2006
*SUB-18 : nados no 2003-2004
*SUB-20 : nados no 2001-2002
*SUB-23 : nados no 1998-1999-200
*ZAPATILLA INCLUSIVA : categoría única absoluta para
persoas con diversidade funcional.
*SENIOR : nados no 1997 ata o día que se fan 35 anos.
*MÁSTER A : 36-45 anos ata o día da proba
*MÁSTER B : 46 anos cumpridos en diante
*PREMIO AO CLUBE MÁIS NUMEROSO.
3-PROBA ABSOLUTA MIXTA 4 Km
*11:00 h : ZAPATILLA INCLUSIVA ( 2 Km.)
*11:00 h: SUB 14-SUB 16- SUB 18 –SUB 20 -SUB 23
*11:00 h: SENIOR/MÁSTER A/MÁSTER B
*11:40 h : SUB 10-SUB 12 ( 1 Km. aprox.)
*11:50 h: PRE-BENXAMÍN (400 metros aprox.)
*12:00 h: CHUPETES ( 100 metros aprox.)
ENTREGA DE PREMIOS AO FINALIZAR AS PROBAS.
4-INSCRICIÓNS
Realizaranse ONLINE a través da páxina web GALITIMING
ata o xoves 23 de abril ás 23:59 horas.
Os dorsais recolleranse a partir das 10:00 horas e ata
media hora antes do inicio das probas.
Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, cos datos
incompletos ou sen todos os datos obligatorios.
O prezo da inscrición será o seguinte:
5 € en concepto de organización só para SUB 14 e
superiores. O resto das categorías 2 €.
5-PREMIOS E AGASALLOS
Haberá premios para:
Os tres primeiros clasificados e clasificadas na proba
ABSOLUTA en todas as categorías (agás na proba de
biberóns, pre-benxamín, e sub 10-sub 12, que recibirán
unha medalla).
6-RESPONSABILIDADE E RECLAMACIÓNS
A organización da proba non se fará responsable dos danos
morais e físicos que a sí mesmo ou a outras persoas
ocasionen os participantes desta proba.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente á
organización da proba, non máis tarde de 30 minutos
despois da publicación dos resultados.
A organización resérvase o dereito de modificar este
regulamento se as circuntancias o requiren (informando
previamente)
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGLAMENTO: Todos os
participantes, polo feito de inscribirse e participar na
proba, aceptan este regulamento e, en caso de dúbida ou
xurdindo alguna situación non prevista nela, resolveranse
dacordo coas disposicións dispoñibles.