Calendario
Info da proba

Narón-APLAZADA

22/03/2020 10:45 - 11:45
Regulamento A I Carreira pola Igualdade organizada polo Padroado de Deportes do Concello de
Narón e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo,
terá lugar o domingo 22 de marzo a partir das 10:00 horas (carreira menores ) 10:45
horas carreira absoluta e andaina
A proba está suxeita ás seguintes normas:
1. A Saída e a chegada situaranse nas proximidades da Plaza da Gandara
2. O percorrido será de 5.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello
de Narón para as categorías absolutas.
3. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
4. A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil,
persoal do padroado de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo
do percorrido.
5. As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente antes dos 30
minutos posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría da
competición, sendo o Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o non
previsto neste regulamento, resolverase conforme as normas da F.G.A ; R.F.E.A
e a W.A. por este orden.
6. SERÁN MOTIVOS DE DESCUALIFICACIÓNS OS SEGUINTES:
1. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches
de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata
descualificación dos corredores que a infrinxiran. Os únicos
vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das
forzas de seguridade e os de apoio a organización, que contarán
con roupa apropiada e visible.
2. Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas
extensión (no peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada en
meta .Participar con un dorsal que corresponde a outro corredor
3. Non realizar o percorrido da carreira completo.
4. Non pasar polos controis de carreira establecidos.
5. Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo
máximo de duración da proba.
6. Non atender as indicacións dos membros da organización e dos
xuíces.
7. Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
8. Aquela conduta que sexa estimada antideportiva, sempre que non
sexa motivo de expulsión do Circuíto.

9. Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización
poda se considerada como conduta antideportiva merecedora de
sanción disciplinaria
10. Ser reincidente en algunha infracción de descualificación de
carreira.
11. Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
12. Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente co
espírito deportivo da proba.
7. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto,
8. No percorrido estableceranse controis,
9. Disporase de servizo de duchas no Pavillón da Gandara
10. O control de chegada pecharase unha hora despois da saida . Cando un
participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha hora dende a
saida), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha
a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico
automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de
continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e
sinais, e considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a organización
de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de
circulación R.D. 1428/2003).
11. A Organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e
Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos
participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento
médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as
características desta competición.
12. CATEGORÍAS:
CATEGORÍAS DE MENORES
HORARIO CATEGORÍA IDADE
10:25 Prebenxamin Nados/as en 2013-2016
10:15 Benxamín/a - Sub 10 Nados/as en 2011 - 2012
10:15 Alevín - Sub 12 Nados/as en 2009- 2010
10:00 Infantil - Sub 14 Nados/as en 2007- 2008
10:00 Cadete - Sub 16 Nados/as en 2006 - 2005
CATEGORÍAS ABSOLUTAS
10:45 ANDAINA Todas as idades
10:45 ABSOLUTA Nados/as en 2004 en adiante

13. INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS.
1. As inscricións poderán efectuarse a partir do día ata as 23:59 h do día 19
do marzo a través da páxina web www.carreiras galegas .com Non se
admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
2. A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do sábado 21 no
Pavillón da Gándara en horario de mañá de 10:00 a 14:00 e pola tarde
dende as 17:00 ata as 20:00 h . O domingo 22 de 08:30 a 09:30 no posto
habilitado para tal fin na Plaza da Gandara .
3. A pobra terá un límite de inscrición de 1000 participantes ( Carreiras +
andainas ).
14. PREMIOS.
A organización premiará cunha medalla a todos os participantes na proba
15. A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que
discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de
decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste
regulamento.
16. Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De igual
maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus
datos sexan empregados pola organización para comunicacións acerca da súa
actividade.
17. En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter
persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico
dirixido ó Padroado de Deportes do Concello de Narón, p.deportes@naron.es
18. Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento.

OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar
ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia
na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado
físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese
derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de
inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de
dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao
que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.