Calendario
Info da proba

Xurés

25/09/2021 16:30 - 19:30
Regulamento Artigo 1.- ORGANIZACIÓN
O Concello de Muiños, en colaboración con Sra. Emilia e Inorde, organiza o próximo 25 DE SETEMBRO DE 2021 a II edición do TRAIL DO XURÉS. O horario de saida da proba será as 16:30 horas
Artigo 2.- A PROBA
O Trail do Xurés é unha PROBA de montaña que contará con unha distancia de 16 km e adaptado ao protocolo sanitario vixente.
Debido a pandemia da COVID 19, estará limitada a 300 prazas.
A proba transcorrerá 100% por pistas e camiños, habilitando un avituallamento no percorrido.
Artigo 3.- REGULAMENTO
A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento. O presente regulamento será de estrito cumprimento para todos os participantes do Trail do Xurés.
Artigo 4.- PARTICIPACIÓN
Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma. Para iso deberán comer e beber SEN DEIXAR NINGÚN ENVASE FÓRA DOS RECIPIENTES habilitados para tal uso.
O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO CARREXARÁ A DESCALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR, podendo ser inhabilitado mediante un simple testemuño de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.
A idade mínima de participación é de 16 anos cumpridos o mesmo día da proba, e non se permite a participación a ningún atleta con menos da devandita idade. Está prohibído ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
O corredor do Trail do Xurés deberá levar o dorsal facilitado pola Organización en todo momento, nun lugar visible (parte pectoral dianteira) non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO, CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR.
Artigo 5.- A CARREIRA
O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e señalética específica creada para a proba. O rutómetro da mesma é o publicado na páxina web oficial da carreira (www.traildoxures.com).
Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.
O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións e respectar o código de circulación viaria. Durante o transcurso da carreira, os participantes deberán FACER CASO aos MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata. A proba estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip de MyLaps. Os participantes deberán portar o chip durante todo o percorrido, situándoo na zapatilla do corredor, xa que no caso contrario, as lecturas dos tempos non se realizasen correctamente.
Artigo 6.- INSCRICIÓN
A inscrición ao Trail do Xurés iniciarase a partir do 29 de xullo a través da páxina web da proba e finalizará o día 22 de setembro e os prezos de inscrición serán de:

do 29 de xullo o 9 de agosto: 12 euros
do 10 de agosto ao 19 de setembro: 14 euros
do 20 ao 22 de setembro: 16 euros
LÍMITE 300 PRAZAS

A inscrición á proba inclúe:
-Dereito de participación.
-Seguro de accidentes e RC Bolsa do corredor.
-Obsequio participación.
-Servizo médico.
-Avituallamiento nos puntos habilitados.

A entrega de dorsais se comunicará na web e redes sociais da proba dias previos a carreira
Artigo 7.- AVITUALLAMENTOS
A organización poñerá a disposición de todos os participantes de avituallamientos repartidos en todo o percorrido onde poderán fornecerse de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización. Debido a situación actual, a froita será entrega por persoal da organización, mentras que o restante avituallamento estará embolsado de forma individual.
Artigo 8.- DEREITOS DE IMAXE
A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dos participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dos participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite temporal para utilizalos.
Artigo 9.- CATEGORÍAS
-Absoluto (masculino e feminino)
-Master 40 (masculino e feminino)
-Master 50 (masculino e feminino)

Establécese a categoría especial o participante con maior e menor idade
Premios NON acumulables, salvo a categoria especial.
Artigo 10.- CANCELACIÓNS
En caso de non poder celebrar a proba pola COVID 19, serán devoltas as inscricións o 100%.
Artigo 11.- SERVIZOS GARDARROUPA
A organización poñerá un servizo de gardarroupa para os participantes.
Artigo 12.- NORMAS AMBIENTAIS
A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carócter especial para co medio ambiente:
- Unha parte da proba desenvólvese no interior de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que os participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.