Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Barreiros
17/04/2022
11:30 - 13:00
[
Go Back
]
Descripción
VIII Carreira Popular das Praias, Barreiros
Data:
domingo, 17 de abril de 2022.
Web:
Carreira Popular das Praias
Inscricións:
Máis kms Barreiros
::
Comenta a Popular das Praias neste tema do foro
::
ORGANIZA:
Asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros e a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia
COLABORA:
Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Peña Barcelonista San Miguel - Casa Elena Turismo Rural - Taxi Valea - Pinturas Centeno - Agrupación Protección Civil de Barreiros.
DATA:
17 de abril de 2022
HORA:
11:00 H. Probas infantiles
11:30 H. Proba adultos
10:00 H. Andaina
LUGAR:
PUNTA ANGUIEIRA – SAN BARTOLO – BARREIROS – (LUGO). Diante Hotel Ría do Masma.
SAÍDA
ADULTOS E ANDAINA: Praia de Arealonga, Santiago de Reinante, xunto Restaurante La Yenka.
CHEGADA
ADULTOS E ANDAINA: Diante do Hotel Ría do Masma na praia de Altar.
CARREIRAS
INFANTILES
: En praia de Altar
RECOLLIDA DE DORSAIS:
Hotel Ría do Masma (zona meta, antes de coller o autobús), ata 30 minutos antes da carreira na mesa adicada a tal fin diante do Hotel Ría do Masma, en Punta Anguieira, San Bartolo.
CRONOMETRAXE:
Adultos con chip a través da empresa Championchipnorte.
INSCRIPCIÓNS:
Inscripción e información a través da web e
https://carreirapopulardaspraias.jimdofree.com/
https://maiskmsbarreiros.gal/
A inscricción nesta carreira automaticamente inscribe a cada corredor/a no "CIRCUITO +KMBARREIROS" na categoría correspondente do circuíto, podendo ser esta distinta á da carreira
PRECIO :
Carreira Adultos: 7 € ata o 31 de marzo e 9€ do 1 de abril ata o 12 de abril, os propietarios do chip amarelo de campionchipnorte, os que non dispoñan deste chip cobraraselles 1€ máis en concepto de aluguer.
Andaina: 3€ ata o 31 de marzo e 4€ do 1 de abril ata o 12 de abril.
Nenos ata juvenil, gratuita. O prazo remata o día 12 de abril.
Tfnos: 649 571 360 (Jose), 653684615 (Iván).
Datos a aportar polos participantes: Apelidos e Nome, DNI, data nacemento, sexo, tfno. contacto, email.
CATEGORIAS E DISTANCIAS:
- PITUFOS: NADOS 2017 e posteriores / 80 m. Carreira non competitiva.
- SUB 8 : 2015 - 2016/ 150m. Carreira non competitiva.
- SUB 10 : 2013 – 2014 / 400 m.
- SUB 12 : 2011 – 2012 / 600 m.
- SUB 14 : 2009 - 2010 / 1.200 m.
- SUB 16 : 2007– 2008 / 1500 m.
CATEGORIAS ADULTOS – 9 KM
-ALTAR (SUB 23): 2006 -- 2000
- COTO (SENIOR): 1988 – 1999
- LÓNGARA (VETERÁNS A): 1978 – 1987
- AS PASADAS (VETERÁNS B): 1968 – 1977
- AREALONGA (VETERÁNS C): Nacidos antes de 1968.
PREMIOS:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como femenino. Asimesmo haberá premio para os gañadores absolutos masculino e femenino. A organización ofrecerá obsequios varios e avituallamento final ós participantes.
Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.
PERCORRIDOS:
Os percorridos infantís serán na propia praia de Altar, con varias distancias dependendo das categorías.
Adultos e andaina: Saida na Praia de Arealonga (en Santiago de Reinante, xunto ó Restaurante La Yenka) e a chegada será na praia de Altar, diante do Hotel Ría do Masma.
Existirá un avituallamento líquido a metade de carreira.
Con este percorrido, os participantes pasarán por toda-las praias de mar do Concello de Barreiros, Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Asimesmo pasaremos polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, algo que fai esta carreira especial.
PROTOCOLO COVID:
A proba realizarase con un protocolo covid adapatado para esta competición, que se detalla no anexo I.
Asemade deberase levar cuberto obrigatoriamente a declaración responsable do anexo II.
Esta carreira adaptarase ás medidas covid vixentes no momento de realización da mesma.
VARIOS:
A organización poñerá a disposición dos participantes un servicio de autobús para o desprazamento dende a zona de meta á zona de saida. O servizo de autobuses empezará ás 09:30 h e remata ás 11:05 h.
A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil e servizos de protección civil.
Os participantes, se así o desexan, poderán mandar algunha prenda de abrigo dende a liña de saida ata a meta. Estas prendas, etiquetadas co número de dorsal, entregaranse a un responsable da organización antes da saida e poderanse recoller na zona de meta á sua chegada, identificándose co dorsal. Haberá servizo de duchas no pavillón polideportivo do Concello de Barreiros.
Por tratarse dunha proba deportiva e popular, sen ánimo de lucro, a organización non se fai responsable dos danos físicos, materiais, morais e de calquer índole que poidan sufrir os participantes ou os seus acompañantes.
Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a organización. En caso contrario poderán ser descalificados, coa conseguinte pérdida de dereitos. Os participantes deberán pasar por todos os puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto dará lugar á descalificación do infractor. Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de acción que a organización considere inapropiadas.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer. A organización poderá pedir un documento acreditativo da identidade.
Aseos e aparcadoiro na área de Punta Anguieira.
Os circuitos poderanse consultar na
web da carreira
.
::
Comenta a Popular das Praias neste tema do foro
::
Información actualizada a 22/3/2022
[
Go Back
]