Calendario
Info da proba

Bueu - Nocedo

27/03/2022 10:00 - 14:00
Regulamento I Trail do Nocedo, Beluso (Bueu)

Data: domingo, 27 de marzo de 2022 ás 10:00 h.
Web: Trail do Nocedo
Inscricións: Championchip Norte

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

REGULAMENTO

Artigo 1.- ORGANIZACIÓN
A Asociación por Beluso (ASBEL), en colaboración coa Comunidade de Montes de Beluso e o Concello de Bueu, organiza o próximo domingo, día 27 de marzo de 2022 a 1ª edición do TRAIL DO NOCEDO, que se celebrará na parroquia de Beluso (Bueu).

Artigo 2.- REGULAMENTO
A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento, e que será de estrito cumprimento para todxs os/as participantes do Trail do Nocedo.
O evento desenrolarase dentro dos protocolos Covid estipulados para esa data.

Artigo 3.- A PROBA
A proba transcorrerá 100% polos montes da parroquia de Beluso, e ofrece dúas posibilidades de participación:

Trail: 25 km / 1.200 m de desnivel
Trailiño: 15 km / 600 m de desnivel

Artigo 4.- PARTICIPACIÓN
Os/as participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma. Para iso deberán comer e beber sen deixar ningún envase fóra dos recipientes habilitados para tal uso. O incumprimento deste punto carrexará a descalificación inmediata do corredor, podendo ser inhabilitado mediante un simple testemuño de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.
Para participar na TRAIL hai que ser maior de idade, e para o TRAILIÑO a idade mínima é de 16 anos cumpridos o mesmo día da proba, non permitindo a participación a ningún atleta con menos da devandita idade.

Está prohibido ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
O/a participante deberá levar o dorsal facilitado pola organización en todo momento, nun lugar visible non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O incumprimento deste punto, carrexará a descualificación inmediata do corredor.

Artigo 5.- A CARREIRA
O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e señalética específica creada para a proba. O rutómetro da mesma será publicado nas páxinas web oficiais da carreira:

https://crosscaboudra.com/trail-do-nocedo
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2227/i-trail-do-nocedo

Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.

O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións e respectar as indicacións dos corpos de seguridade que alí se atopen.

Durante o transcurso da carreira, os/as participantes deberán facer caso aos membros da organización da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata.

A proba estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip de mylaps. Os/as participantes deberán portar o chip durante todo o percorrido, situándoo na zapatilla, xa que no caso contrario, as lecturas dos tempos non se realizarán correctamente.

FORA DE CARREIRA: establécense 2 puntos de control de límite de paso que afectan a proba da trail. Os/as corredores que non alcancen ese punto nun tempo inferior o establecido deberán abandonar a proba, sendo a organización a responsable de garantir a súa chegada a meta.

Puntos: km 12 + km 17 / Tempo límite: informarase na semana do evento

Artigo 6.- CATEGORÍAS (masc + fem)
ABSOLUTA
SÉNIOR
VETERÁN 40
VETERÁN 50

EQUIPOS (soamente na Trail): os equipos teñen que ser de 4 atletas, e poden ser totalmente masculinos, femininos ou mixtos. A clasificación final determinarase en función dos 3 mellores tempos de cada equipo.

CATEGORÍA ESPECIAL: empadroadxs en Bueu, máis veterán/a, de máis lonxe e club + participantes.
Premios NON acumulables, salvo na categoría de empadroados en Bueu

Artigo 7.- INSCRICIÓN
Páxina Web: www.championchipnorte.com
Data límite: martes, 22 de marzo (23.30 h)

Custe:
Ata o 28 de febreiro: Trail: 18€ / Trailiño: 14€
A partir do 1 de marzo: Trail: 20€ / Trailiño: 15€

Inclúe: dereito de participación, cronometraxe, avituallamento, recuperación, gardaroupa, duchas, agasallo, seguro médico e de responsabilidade civil.

Outros custos posibles: A proba se cronometrará co sistema de MyLaps, se non se posúe chip amarelo terase que alugar un cun custo de 1 euro. A entrega de dorsais comunicarase días antes do evento.

Artigo 8.- AVITUALLAMENTOS
A organización poñerá a disposición de todxs os/as participantes de avituallamentos (con servizo de botiquín de 1º auxilios) repartidos en todo o percorrido onde poderán fornecerse de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización.

Trail: 4 intermedios + 1 final / Trailiño: 1 intermedio + 1 final

Artigo 9.- DEREITOS DE IMAXE
A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dxs participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dxs participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite temporal para utilizalos.

Artigo 10.- CANCELACIÓNS
En caso de non poder celebrar a proba pola COVID 19, serán devoltas as inscricións o 100%. Calquera inscrito/a que queira darse de baixa do evento, poderá facelo ata o 13 de marzo (23.59 h), devolvéndolle o 75% da cuota de inscrición. Pasada esa data, NON se fará efectiva tal devolución, podendo solicitar á organización un cambio de datos por outro/a participante ata o dia 22 de marzo.

Artigo 11.- NORMAS AMBIENTAIS
A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carácter especial para co medio ambiente. Unha parte importante da proba desenvólvese no interior de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que os/as participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.

Artigo 12.- SEGURIDADE
Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes: estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,…. Tamén os producidos polos desprazamentos particulares ata/dende o lugar no que se desenvolve a proba.

Ambulancia

Servizo de Recuperación (masaxistas)

Plan de Emerxencia: Policía Local, Protección Civil e Ambulancia

Artigo 13.- MATERIAL
TRAIL (obrigatorio) / TRAILIÑO (aconsellable)

Teléfono con carga completa
Depósito de auga para unha capacidade mínima de 500 ml
Manta térmica para calquera imprevisto durante a proba

Información Xeral
Poderán participar as persoas que o desexen, tendo que estar fisicamente ben preparado/a para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista ASUME que para a realización da proba é necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva. Os menores de idade deberán presentar unha autorización da nai, pai ou titor, aprobando a súa participación no trailiño.

Todo participante, polo feito de inscribirse, ACEPTA AS CONDICIÓNS E REGULAMENTACIÓNS IMPOSTAS pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.

Os atletas deberán estar na liña de saída 5 MINUTOS ANTES DO COMEZO DA CARREIRA e participarán cos dorsais asignados pola Organización, quedando ben visible a súa publicidade.

Os DORSAIS E CHIPS deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo menos 45’ antes do inicio da súa proba. Establecerase un punto de recollida 1 día antes (pendente concretar sitio).

A organización resérvase o DEREITO a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE dos obxectos de valor extraviados polos corredores.

Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación Internacional de Atletismo (IAAF). A inscrición no 1º Trail do Nocedo implica a TOTAL ACEPTACIÓN do preceptuado no presente Regulamento.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

Información actualizada a 17/3/2022