Calendario
Info da proba

A Coruña C-21

13/02/2022 9:30 - 12:00
Regulamento Art. 1 – DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 13 de febreiro de 2022
na Coruña a XIV Media Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097,50 metros.
A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA, disputarase a través
dun circuíto totalmente urbano.
Art. 2 – HORARIO
A proba comezará ás 09:30 a.m. e a liña de saída estará situada na altura do Obelisco, no Cantón
Grande. O horario de saída poderá ser modificado en función das necesidades COVID.
Art. 3 – CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 21.097,50 metros. O percorrido está medido e
homologado pola Real Federación Española de Atletismo e discorre sobre asfalto na súa
totalidade. A ruta estará debidamente sinalizada e terá marcados todos os quilómetros. A
carreira realizarase unicamente pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido, sen empregar
ningún espazo peonil. Está prohibido usar como zonas de carreira as beirarrúas, illas centrais,
áreas axardinadas etc., agás as zonas peonís sinalizadas como circuíto.
Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das
persoas infractoras.
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
ART. 4 – CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de
Xuíces da FGA.
Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da RFEA. Todas as
reclamacións deberánselle facer verbalmente á xuíza ou xuíz árbitro da proba ata 30 minutos
despois da publicación dos resultados.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control de
chips ao longo de todo o percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos
os puntos poderán ser descualificadas e como consecuencia non aparecerán nos resultados
finais.
Art. 6 – UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira, e
deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen
manipulalo, e así deben levarse durante toda a proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do cal, as persoas que cheguen a meta (finishers)
poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo.
Art. 8 – DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba á ou ao atleta que
manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle
requira, ás e aos corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil,
xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
As ou os xuíces da proba terán a facultade de descualificar á persoa infractora que non leve
visible o seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o
percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA e WA.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
Art. 9 – PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
2 horas e 30 minutos despois de súa saída. Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e
15 minutos para o paso polos 10 km.
CATEGORÍAS E INSCRICIÓN
Art. 10 - CATEGORÍAS
- Sub 20, nadas/os en 2003 e 2004
- Sub 23, nadas/os en 2000, 2001 e 2002
- Sénior, nadas/os desde 1999 ata a categoría Máster
- Máster 1: De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
- Máster 2: De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
- Máster 3: De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
- Máster 4: De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba
- Máster 5: De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba
- Máster 6: De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba
- Máster 7: A partir de 65 anos cumpridos no día da proba
- Atletas con discapacidade*: nadas/os en 2004 e anos anteriores
*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que
axuden á impulsión destas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro
adherido á roda. Non se permite handbike.
Ojo morado Persoa con discapacidade visual
C) Persoa con discapacidade intelectual
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se
desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na
táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico secretaria@atletismo.gal
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo de
2 guías para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de
participantes con discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con
antelación á Federación Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se van
situar os guías das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde, para
o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal
Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa
categoría.
Art. 11 – INSCRICIÓN E COTA
Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación
COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo
cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado
médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e
os 180 días anteriores a celebración da proba.
Calquera de unha destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da
recollida do dorsal ou con antelación segundo a propia organización do evento así o estableza.
a) A través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59
horas do 6 de febreiro de 2022.
Cota e prazos de inscrición:
• Prazo ordinario: ata o domingo 30 de xaneiro: 18 €
• 2º prazo: desde o luns 31 de xaneiro ata o domingo 6 de febreiro: 30 €
• Prazo extraordinario: desde o luns 7 de febreiro ata o martes 8 de febreiro: 40 €
Ojo morado Inscrición presencial:
Os/ as atletas serán debidamente informados das datas e da localización
c) Bonificacións: 50% para maiores de 65 anos, persoas usuarias do Carné Xove e persoas
desempregadas. O prazo para o envío de documentos por correo electrónico finaliza ás
23:59 horas do 30 de xaneiro do 2022, coincidindo coa fin do prazo ordinario de
inscrición. Para acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que
se entenderá realizada no momento que se marque a opción “solicito bonificación”, no
formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial; e enviarlle os
documentos que se detallan a continuación á Federación Galega de Atletismo mediante un correo
electrónico a info@carreirasgalegas.com:
• Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
• Persoas usuarias do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove.
• Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baias, expedido polo Servizo
Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de desemprego.
c) Inscrición gratuíta: Todas aquelas persoas que se inscriban e finalicen a C21 de 2022 e a
C10 de 2022, terán dereito á inscrición gratuíta na Maratón Atlántica C42 de 2022 ou á
carreira 10K que se celebra ese mesmo día.
Art. 12 – DEVOLUCIÓN DA COTA
Só se devolverá a tarifa de inscrición no caso de lesión e /ou enfermidade, se se presenta un
informe médico, antes do día en que se realice a proba, na Federación Galega de Atletismo
(Avenida de Glasgow, 13 (Edificio Federacións). 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com).
O importe da devolución verá determinado pola data de presentación do informe médico:
• O 75% da cota se se presenta unha semana antes da realización da proba, ata o 30 de
xaneiro ás 23:59h.
• O 50% se se presenta despois desa data, ata o 6 de febreiro ás 23:59h.
Se non se envía o devandito informe, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos
xustificados, a organización avaliará se se devolve cota.
SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
Art. 13 – ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
Os/ as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización. Sendo os días previos
á celebración da proba (venres, sábado e domingo) os días nos que se poderán recoller os
dorsais. Podéndose establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Art. 14 – SAÍDA
A saída da carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e
actividades deportivas nen o contexto da nova normalidade provocada polo COVID-19, partindo
do protocolo FÍSICOVID– DXT GALEGO da FGA, certificado pola Secretaría Xeral para ou
Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento
das normas de prevención do COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada
momento. Podendo realizarse en calquera caso as quendas de saída que fosen necesarias e que
a organización estableza en función da inscrición e segundo as marcas acreditas polos
participantes na inscrición.
Art. 15 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
As localizacións e servizos ao participantes estarán condicionados pola especial situación
derivada polo COVID 19 no momento de realización da proba. Podendo ser cancelados ou
reducidos tanto en número de usuarios como de horarios establecidos. Para eles os/ as atletas
serán debidamente informados de localizacións e horarios establecidos para os servizos.
8
Art. 16 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Seguindo as normas da WA, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e
aproximadamente cada 5 quilómetros. Para elo a organización publicará os horarios e localización
para os participantes interesados.
Toda a persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberá entregarllo á
organización ata unha hora antes da saída, debidamente pechado e marcado co seu número de
dorsal e punto quilométrico no que quere atopalo.
No caso de que a persoa participante queira que o seu avituallamento persoal lle sexa entregado
en man, é a súa responsabilidade designar e situar a unha persoa especificamente para esta
función. A dita persoa deberá estar acreditada pola organización.
Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da
carreira da persoa infractora.
Así mesmo, porán a disposición colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e
que son de uso obrigado, polo que de as e os atletas non os utilizaren, poderá supoñer a súa
descualificación.
Art. 17 – SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do
seguro obrigatorio deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal
indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias,
enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e
contacto/s en caso de emerxencia.
Art. 19 – CLASIFICACIÓNS
As clasificacións serán publicadas unicamente en formato dixital, nas páxinas web da organización
destinadas para ese efecto.