Calendario
Info da proba

Outes

30/01/2022 11:00 - 14:00
Regulamento TRAIL DE OUTES - TRAIL SERIES 22
PERCORRIDO:
O percorrido desenvolverase sobre un circuíto con piso de terra debidamente sinalizado.
A organización non pode garantir a cobertura en todo o percorrido.
A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todos os participantes sen dorsal.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
O tempo máximo para completar cada proba figura nas características técnicas da mesma. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

PARTICIPANTES:
Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calquera participante se consideran que a condición física ou a súa actitude o require, así como a todos aqueles que corran sin dorsal.
Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respectar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
Finamento por accidente: 10.000 €
Invalidez por accidente: 12.000 €
Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a él ou a terceiros.
Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servizos de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
A idade mínima é de 18 anos. Calquera membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispoñerá de tempos intermedios.
Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
En todas as probas haberá avituallamento intermedio líquido.
Nos avituallamentos intermedios non se dispondrá de recipientes para líquido (cada participante deberá levar o seu recipiente).
Disporase de un avituallamento final de líquido e sólido na liña de meta.
A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles suporá a descualificación do participante.
Facilitarase acceso a duchas e aseos ao remate de cada proba (sempre que a evolución sanitaria da pandemia o permita).

MATERIAL:
É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
É recomendable levar un teléfono móbil con batería e saldo para estar en contacto coa organización se fose preciso.
É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquera corredor que non cumpra esta recomendación.
A tódos/as os/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descualificado o corredor que chegue sen dorsal.
Facilitarase un chip a todos/as os/as participantes que deberá situar no calzado ou no nocello para a súa correcta lectura nos puntos de control, se o corredor non devolve o chip (ou dispositivo GPS no caso do Barbanza42K) ao remate da proba deberá abonar o importe do mesmo á empresa provedora.
A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
O Trail do Barbanza ten uns requisitos de MATERIAL OBRIGATORIO propios que se detallan na web.

RETIRADA DE DORSAIS:
O mesmo día da proba no lugar de saída, dende as 1 h. e ata 15 min antes da saída de cada unha das carreiras.
Se a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
Recoméndase seguir as instrucións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
É imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN que lle será facilitada para a retirada do dorsal; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a presente.

DESCUALIFICACIÓNS:
Se o participante amosara unha conduta antideportiva.
Se o participante retira sinais da carreira.
Se o participante non remata o percorrido.
Se o participante non atende as indicacións da organización.
Se o participante non porta o material obrigatorio.
Se o participante atenta contra o medioambiente.
Se o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
Se o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar doutros participantes.
Se o participante pon en risco a súa integridade ou a doutros participantes cunha conduta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
Calquera outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, comunicaríase unha nova data de celebración.
Calquera tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
Arousa NeO non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

PROTOCOLO ANTI-COVID19
@ participante deberá portar en todo momento a mascarilla homologada que debe traer xa posta desde que entra ao recinto da carreira e a súa instalación.
Só se pode retirar a mascarilla unha vez que se da a saída da carreira e debe voltar a poñerse á chegada.
Recoméndase ao publico e acompañantes d@s participantes que non se amontonen no recinto de saida/meta, respetando a distancia social.
Para a entrega de trofeos habilitarase un espazo ao que só poderán acceder @s premiad@s.