Calendario
Info da proba

Lalín

13/03/2022 11:00 - 12:30
Regulamento Organizada polo Concello de Lalín coa colaboración do Club Escola
Atletismo Deza e os seus colaboradores, o vindeiro domingo 13 de marzo
celebrarase a XII edición da "Carreira do Cocido de Lalín", atendendo aos
protocolos Covid da Federación Galega de Atletismo e trazados polas
autoridades sanitarias responsables, polo que respectalo será unha tarefa
de carácter obrigatorio e, polo tanto, o seu incumprimento levará a posible
descualificación do/a corredor/a.
Coa finalidade de evitar aglomeracións nas saídas e nas chegadas a meta
volverán ser nas inmediacións da Praza de Galicia, xunto ao Castro
Tecnolóxico (edificio consistorial de Lalín). Trátase dun espazo aberto e moi
amplo, polo que temos adaptado o percorrido dos circuítos da carreira para
que os mesmos comecen e culminen nese punto, cun percorrido circular.
Respecto a utilización de máscaras nas saídas, atenderase o protocolo
vixente o día da proba. De todos xeitos está previsto que no caso dos
circuítos 10k e 5k as máscaras sexan obrigatorias ata transcorridos os
primeiros 500 metros de carreira. Nese momento os corredores/as poderán
gardar as súas máscaras (que deberán levar consigo en todo momento e
terán a obrigación de colocarllas no caso de que se vexan abandonando a
competición), para volver a colocalas nada máis cruzar a liña de meta
(tan pronto como lles sexa posible, sen ningún tipo de excepción). Haberá
voluntarios/as repartindo máscaras quirúrxicas na liña de meta.
Temos previsto repetir a saída conxunta, pero separados por caixóns, aínda
que deberá atenderse ao protocolo vixente o mesmo día da proba (máis
información tanto en la páxina de CHAMPIONCHIP NORTE, CARREIRAS
GALEGAS, como no propio día da carreira por megafonía).
Non se disporá de augas na liña de meta (as mesmas serán entregadas
dentro das bolsas do corredor/a xunto ca froita e unha barriña enerxética -
ou similar- cedida polos nosos patrocinadores). Non obstante tamén
haberán botellas colocadas (e previamente desinfectadas) para que cada
corredor se sirva á metade do percorrido 10K
A maiores, na línea de meta a empresa Kalekoi disporá dunha degustación
gratuita dos seus iogures artesansais (producidos íntegramente en Lalín) que
poderanse degustar os chegar a meta (ata agotar stock).
O cronometraxe estará a cargo da empresa CHAMPIONCHIPNORTE e
realizarase por medio dos chips incorporados nos propios dorsais (salvo
categoría "Chupete" e "Pre-benxamín" que se realizarán sen cronometraxe e
polo tanto non dispoñerán de podio de galardóns, aínda que levarán
medalla de finalización da carreira o mesmo que todos/as os/as
participantes de os circuítos escolares). Todos os percorridos nacen e
rematan na Praza de Galicia
CIRCUÍTO 10 K:
Saída da Praza de Galicia pola rúa Habana e xirando a esquerda pola rúa de
Caracas ata a rotonda onde subiremos pola rúa Escaldes para xirar á
esquerda pola rúa do Regueiriño cara o paseo fluvial Pontiñas (entrando
polo carril de terra). Ao chegar ao lago haberá un voluntario/a que indicará o
punto de regreso que será polo carril de grava miúda cara o outro extremo
do paseo (na zona do auditorio municipal). O percorrido pasa pola ponte da
circunvalación e cruza unha ponte do paseo (indicada con cintas e un
voluntario/a debidamente indentificado/a) deixando aos corredores/as
pasar por detrás das instalacións do Centro Deportivo ETP. Pouco despois
corredores/as cruzarán a rúa Travesía da Ponte do barrio de abaixo (zona
"Barriga Verde") e continuarán cara o alto do paseo, cruzando a Rúa do
Areal. Ao chegar a zona do auditorio o percorrido desvíase á esquerda pola
ponte de madeira e transcorre polo vértice do lago de arriba, saíndo cara a
gardería municipal e pasando a veira do "Auditorio Municipal".
Seguidamente os corredores/as subirán pola rúa da Banda de Música de
Lalín en dirección ao cruce do colexio Sagrado Corazón da rúa Penatoares,
alí seguirán o percorrido cara a rotonda da Marina e despois pola Rúa
Antonia Ferrín Moreiras ata converterse en Avda Luís González Taboada
pola tenda de indumentaria deportiva Varell Sport e Embutidos Lalinense,
subindo en dirección ao instituto Laxeiro e baixando pola rúa Enrique Vidal
Abascal, pasando polas oficinas de Espina&Delfin. Alí desvíase a dereita pola
Avenida Bos Aires ata converterse na Rúa Principal, chegando ata a placa do
Km Cero do cruce da Rúa Colón. Nela o percorrido desvíase a esquerda cara
rúa Matemático Rodríguez xirando á esquerda e pasando pola tenda de UPI
Informática e Pizzería Tapería A Casa do Gato. Finalmente ao chegar á Rúa
Observatorio báixase cara a Praza de Galicia e xírase lixeiramente a
esquerda para poder percorrer os derradeiros metros cara a liña de meta
Seguindo polo camiño dos anos anteriores, e aproveitando que a nosa
carreira ten fama de ser unha das carreiras que mellor reparte os premios e
trofeos, estes NON SERÁN ACUMULATIVOS. Polo que se respectará a orde
establecida neste regulamento.
*Na CARRERA 5k só haberá premios para a categoría ABSOLUTA (tanto
feminina como masculina), que estarán acompañados dun obsequio cedido
xentilmente por Embutidos Lalinense, Pitagudín Avicultura Artensanal e
a tenda de alimentación sostible Mel & Canela de Lalín
*Na CARRERA 10K haberá premios as seguintes categorías (tanto femininas
como masculinas):
-Premios ao Gañador e Gañadora Absoluto/a 10K Premio especial
Embutidos Lalinense, máis agasallo de Pitagudín Avicultura Artensanal e
a tenda de alimentación sostible Mel & Canela de Lalín
-Categoría +35
-Categoría +45
-Categoría +55
-Categoría +65
-Categoría Senior (nados no ano 1999 ata o día que se fan os 35 anos)
-Categoría Sub23 (nados no 2000-2001-2002)
-Categoría Sub20 (nados no 2003 e 2004)
-Categoría Sub18 (nados no 2005 e 2006)
-“Mellor Atleta Local" (femenino e masculino)
Trofeo + Premio especial Embutidos Lalinense, máis agasallo de Pitagudín
Avicultura Artensanal e a tenda de alimentación sostible Mel & Canela, de
Lalín.
-"Atleta Maior Idade" (femenino e masculino)
Premio especial Embutidos Lalinense, máis agasallo de Pitagudín
Avicultura Artensanal e a tenda de alimentación sostible Mel & Canela, de
Lalín.
-Premio Especial por equipos "Cocido de Lalín"
Para o equipo que puntúe mellor segundo posición de chegada (tanto no
percorrido 10k e 5k) . O equipo deberá estar conformado por un mínimo de
6 participantes e un máximo de 8 (sempre que o equipo manteña
minimamente un 50 % de representación feminina). Puntuarán as
primeiras 3 mulleres e os primeiros 3 homes en chegar a meta.
Recibirán un obsequio que incluirá un agasallo de Queixos Lácteos
Anzuxao, Embutidos Lalinense, Mel & Canela e Pitagudín Aviculura
Artesanal.
- PREMIO HONORÍFICO "SOCIO DE HONOR 2022"
Dende 2020 o club distingue a labor dun dos socios e colaboradores do
club, resaltando a súa traxectoria e o traballo desinteresado feito polo club
dende a súa fundación fai 20 anos.
Ano2020=Don Antonio Riera (socio fundador hai 20 anos e atleta en activo)
Ano2021=Don Fernando Rodríguez (socio fundador hai 20 anos, atleta en
activo e membro da actual directiva do clube).
ENTREGA DE DORSÁIS
Sábado 12/03/22: No Lalín Arena 10 a 13 e de 17 a 19 (consultar rrss clube)
o chamar ao teléfono da orgañización: 656 944 937
Domingo 13/03/22: No concello de Lalín, preto da zona de saída, dende as
09:30 da mañan e ata media hora antes de cada proba (sen excepciones).
CARREIRA ABSOLUTA 10K:
Saída 1 (primer caixón 50 corredores/as): 11:00:00
Saída 2 (segundo caixón 50 corredores/as): 11:00:30
Saída 3 (tercer caixón 50 corredores/as) : 11:01:00
Saída 4 (cuarto caixón 50 corredores/as): 11:01:30
Saída 5 (quinto caixón 50 corredores/as): 11:02:00
Saída 6 (sexto caixón 50 corredores/as): 11:02:30
Saída 7 (séptimo -e derradeiro- caixón 50 corredores/as): 11:03:00
CARREIRA ABSOLUTA 5K:
Saída 1 (primer caixón 50 corredores/as): 11:05:00
Saída 2 (segundo caixón 50 corredores/as): 11:05:30
ENTREGA PREMIOS CARREIRAS ABSOLUTAS (non acumulativos):
No camión podio situado a veira da zona de saída/meta as 12:15
Podio para todas as categorías + Premios especiáis os atletas de maior
idade e os mellores atletas locáis.
A inscripción para os escolares será totalmente GRATUITA, o mesmo que SUB18
(participe no 5k ou 10k) grazas ao esforzo conxunto do Clube Escola de
Atletismo Deza e o Concello de Lalín.
Para o resto de categorías (dende Sub20 en adiante) a inscripción terá un custe
de 10€ e deberá facerse pola plataforma de CHAMPIONCHIPNORTE. O importe
da inscripción será unha doazón para o traballo da canteira base do Clube
Escola de Atletismo Deza. Haberá camisetas conmemorativas que serán
agasalladas no momento de retirar o dorsal, dacordo cas tallas declaradas no
preceso de inscripción.
NON se aceptarán inscripcións fora do prazo ou unha vez pechadas as
mesmas ou o propio día da carrerira (baixo ningún concepto).
RECOMÉNDASE A RECOLLIDA do dorsal O DÍA SÁBADO pola maña e tarde, no
Lalín Arena , ainda que poderanse recoller tamén e o propio domingo desde as
9:30 na zona de saída ata 30 minutos antes da proba.
NON SE ENTREGARÁN DORSAIS DESPÓIS ENTRADOS NOS 30 MINUTOS
PREVIOS DA CADA PROBA
CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá controis que
estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa
algunha irregularidade.
AVITUALLAMENTO entregarase co dorsal un botellín de auga, froita e unha
barrita de cereáis (ou similar). Os corredores/as do circuito 10K dispondrán de
auga na altura do km 5. Na línea de meta haberá unha degustación de iogures
de KALEKOI (feitos en Lalín) ata agotar existencias.
O concello de Lalín terá habilitado o Parking Aldea Grande de valde ata
completar o seu aforo, será totalmente de valde. A partir das 14 o parking
voltará a imprementar a súa tarificación habitual dos fines de semana.
Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a
organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo e fai
un chamamento a responsabilidade no tratamento do protocolo anticovid.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do
seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.