Calendario
Info da proba

Arteixo

30/10/2022 8:30 - 13:30
Regulamento IX TRAIL CMP
CONCELLO DE
ARTEIXO
REGULAMENTO E PROGRAMA
ORGANIZA:
A.D. JARNACHAS
COLABORAN:
CONCELLO DE ARTEIXO
SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES
PROTECCIÓN CIVIL
POLICÍA LOCAL
DATA: Domingo, 30 de Outubro de 2022 a partir das 08:30 horas.
LUGAR: Praza cuberta das festas
INFORMACIÓN ACTUALIZADA EN : https://www.facebook.com/trailconcellodearteixo
https://www.facebook.com/adjarnachas
https://www.instagram.com/traildearteixojarnachas/
1.- TIPO DE PROBAS
1.1 Distancia Longa:
Mapa con recorrido, avituallamentos e máis info de interese
Modalidade competitiva cunha distancia de 33.2 km .
Desnivel positivo aproximado de 1.900 m e un desnivel acumulado de 3.800 m.
Dificultade física: alta Dificultade técnica: alta
Hora de saída: 08:30 Lugar de saída: Praza cuberta das festas
5 Avituallamentos (líquido+ sólido) + Avituallamento en Meta
IMPORTANTE: Non haberá vasos de plástico nos avituallamentos, cada participante deberá portar
un vaso portátil ou sistema de hidratación propio.
MATERIAL OBRIGATORIO: móvil con batería e sistema de hidratación. Podería aumentar en
función da climatoloxía.
PUNTOS DE CORTE :
A) O participante que sobrepase o tempo límite ( 2:20 horas desde a saída) no polvorín de Santa
Leocadia ( Km 14), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o desviará polo recorrido do
trail curto ata a meta ou ser retirado en vehículo.
Ojo morado O participante que sobrepase o tempo límite ( 3 horas desde a saída) no cruce da carretera de
Boedo (KM 17.7) será trasladado ata a Meta en coche. En función do tempo e forma no que chegue
valorarase xunto coa organización a posibilidade de continuar dende o punto de corte C.
C) O participante que sobrepase o tempo límite ( 4 horas desde a saída) o cruzar o Val de Loureda
(22.8 KM ) deberá coller un desvío de maneira obrigatoria que o levará o final do circuíto de Santa
Leocadia (KM 27.2) desde onde seguirá o trazado da proba como o resto de participantes ou poderá
ser retirado en vehículo.
Aínda que se dé a posibilidade de continuar dende algún punto ata Meta , calquer participante que
non supere o corte deixará de optar a clasificación final da súa distancia, polo mero feito de non
facer o recorrido completo.
1.2 Distancia Curta:
Mapa, avituallamentos e máis información
Modalidade competitiva cunha distancia de 18.3 km
.
Desnivel positivo aproximado de 900 m. e un desnivel acumulado de 1.800 m.
Dificultade física: media Dificultade técnica: media
Hora de saída: 9:30 Lugar de saída: : Praza cuberta das festas
Dous Avituallamentos (líquido + sólido) e avituallamento en meta
IMPORTANTE: Non haberá vasos de plástico nos avituallamentos, cada participante deberá portar
un vaso portátil ou sistema de hidratación propio.
1.3 Andaina
Modalidade non competitiva cunha distancia aproximada de 13 km
Dificultade física: media-baixa Dificultade técnica: media
Hora de saída: 10:05 sal o bus Praza cuberta das festas
Lugar de saída: Campo de Golf de Larín dirección a Senda da Graña
Un Avituallamento (líquido e sólido) e avituallamento en meta
2.- PROGRAMA
30 de Outubro (Domingo) de 2022
07:45 Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Praza cuberta das festas)
08:30 Saída proba Longa
10:00 Saída proba Curta.
10:05 Saída autobuses Andaina xusto despois de que saia o trail 18km
11:35 Chegada prevista dos primeiros corredores.
13:30 Entraga Trofeos Distancia 18 km
14:15 Peche de Meta
14:20 Entrega de trofeos Distancia 33 km
14:30 Pinchos postcarreira
3. PARTICIPACIÓN E DECLARACIÓN DE SAÚDE
3.1 Seguirase o protocolo vixente en cantos as medidas Covid. Segundo o cal calquer persona que
sexa Caso sospeitoso , confirmado ou contacto estreito debería evitar as actividades nas que non
respecte a distancia de seguridade e limitar a vida social, polo que de pertencer a unha destas
definicións non podería participar.
Deixamosvos enlace a Información para estes tres supostos:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Que-facer-contacto-covid
3.2 . Como participante son consciente de que este tipo de actividades, o desenrolarse no medio
natural, en lugares de difícil control e acceso, conlevan un risco adicional para os participantes. Por
iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo íntegramente os riscos e consecuencias derivadas
da míña participación.
3.3 . Declaro que dispoño de capacidade física, destreza técnica e recursos de supervivencia
suficientes como para garantizar a miña propia seguridade, baixo as condición nas que se desenrola
a proba. Igualmente, dispoño do material deportivo e de seguridade exisidos pola organización e
comprométome a levalo durante toda a proba. . Declaro tamén que domino e comprométome a
cumplir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización, así como a manter un
comportamento responsable que non aumente os riscos para a miña integridade. Seguirei as
instruccións e acatarei as decisións que tomen os responsables da organización en temas de
seguridade.
3.4. Participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na proba. Por conseguinte,
exonero ou eximo de calquer responsabilidade á organización, colaboradores, patrocinadores e
outros participantes, por calquer daño físico ou material e, por tanto, RENUNCIO a interpoñer
denuncia ou demanda contra os mesmos.
3.5 Comprométome a seguir as pautas xerais de seguridade e respeto ó medio ambiente que se
relacionan a continuación:
• Transitar con prudencia por pistas e carreteras abertas ó tráfico.
• Non circular por fora do recorrido sinalado para a proba.
• Non deteriorar os recursos naturais, xeolóxicos, culturais e, en xeral, da paisaxe.
•Non verter nin abandonar obxetos ou residuos fora dos lugares habilitados para a recollida dos
mesmos
A realización da inscripción implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as
condicións do presente Regulamento
3.3 O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor viva, pintura, carteis
indicadores ou outros elementos de sinalización. É responsabilidade de cada participante localizar a
sinalización e seguila.
3.4 Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algún momento si
se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estes tramos non estarán
cortados ao tráfico rodado, debendo os participantes respectar as normas de tráfico e indicacións da
Organización.
3.5 A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso
a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
4. INSCRIPCIÓN E DORSAIS
4.1 A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da
proba). O límite de participantes será de 250 prazas para Trail curto, 50 prazas andaina e 100 prazas
para Trail longo. Se antes da data de peche de inscripcións (25 de Outubro do 2022), se chegase a
dito número, non se admitirán mais participantes.
A organización resérvase o dereito a cancelación da proba ante o posible caso dun número de
participantes inferior o necesario para a viabilidade económica da proba.
4.2 As inscripcións poderanse realizar a partir do 10 de Septembro a través de https://ccnorte.com/
cubrindo o formulario habilitado a tal efecto e facendo o pagamento correspondente
Prezo da inscrición:
Trail 33 km - 22€
Trail 18 km- 20€
Andaina- 10 €
Pulsera para acompañantes : 5 euros (dereito a vaso conmemorativo + comida + bedida)
4.3 A inscripción dá dereito a: dorsal con chip , seguro de accidentes, asistencia médica en
carreira, traslado en autobús á saída na Andaina, regalo conmemorativo , avituallamentos , vaso
conmemorativo, festa fin de carreira ( pinchos e bebida)
Unha vez realizada a inscripción, só se accederá a devolución do importe en caso de causa
xustificada , mediante correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico :
running@adjarnchas.com
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste Regulamento e a renuncia a
todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera
derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser
utilizada por outra persoa diferente á inscrita.
Recollida Dorsais:
O propio día da carreira a partir das 7:45 na zona de Saída e Meta.
O día anterior en Marthon Running Shop https://goo.gl/maps/41pxGPrqiT729vs28 Horarios por
determinar , serán anunciados nas redes.
5. CATEGORÍAS E PREMIOS
- Categoría absoluta masculina e feminina.
- Subcategoría Veteran@s (+45) masculina e feminina.
- Premios especiais otorgados pola organización
- Premio o clube más numeroso
6. - MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
Non pasar polos puntos de control establecidos.
Non realizar o recorrido completo.
Non respectar o itinerario balizado ou a sinalización do recorrido.
Entrar na meta sen dorsal.
Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquera outro desperdicio), fóra das zonas de avituallamentos
e control).
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite.
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
7 .- RETIRADA E ABANDONOS
7.1.- Calquera corredor poderá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo ao control máis
próximo ou ao persoal da Organización e entregando o dorsal. Se por caso de accidente ou lesión o
corredor queda inmobilizado e non pode chegar ata un punto de control, terá que avisar ao corredor
máis próximo ou esperar ao vehículo “escoba”. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
7.2.- A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, aos participantes que teñan
problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en
perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan minguadas as súas condicións físicas para continuar en
carreira.
7.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio aos accidentados ou a aqueles que o
requiran.
8.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase unha vez completadas as categorías.
Hora estimada para Trail 18 km as 13.30 horas e para Trail 33 km as 14.15 horas
9. DUCHAS e APARCAMENTO
Pavillón Municipal dos deportes de Arteixo https://goo.gl/maps/FEGTcfcGPmdAv4qe8
Estará sinalado , a 100 metros da liña de meta
As zonas para aparcar podedes velas aquí Mapa con recorrido, avituallamentos e máis info de
interese
11. OUTRA INFORMACIÓN RELEVATE
11,1 Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros
concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente,
imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Regulamento, así como os producidos nos
desprazamentos ou e desde o lugar no que se desenvolve a carreira.
11.2.- A Organización resérvase o dereito de admisión nesta proba.
11.3 Dereitos de Imaxe: A aceptación de este regulamento implica obrigatoriamente que o
participante autoriza a organización a gravación total ou parcial da sua participación, presta o seu
consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de
tódolos xeitos posibles e cede tódolos dereitos relativos a súa explotación comercial e publicitaria
que a organización considere oportuno.
11.4 Protección de datos: A.D. Jarnachas e CCNorte garantizan o cumprimento da normativa de
Protección de Datos de Carácter Personal, e así, de acordo ca Ley Orgánica 15/1999, o firmante
queda informado e presta consentimento a incorporación dos seus datos os ficheros automatizados
da asociación e o tratamento ddos mesmos para a súa utilización en relación co desenvolvemento
das xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias do mesmo. A política de
privacidade da citada asociació asegura . En todo caso, o exercicio dos dereitos de acceso ,
rectificación , cancelación e oposición , nos términos establecidos na lexislación viente , mediante
escrito dirigido a Asociación Deportiva Jarnachas