Calendario
Info da proba

Ferrol

23/01/2022 11:00 - 12:30
Regulamento Artigo 1: Organización:
A XXXVIII CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada pola Concellería de Deportes do
Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de
Atletismo, terá lugar o domingo 23 de xaneiro de 2022 a partir das 11.00 h da mañá. A proba
está suxeita ás seguintes normas:
Artigo 2: Participación:
Participación: A proba estará aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 600 ATLETAS,
federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios.
1.- O percorrido será de 10.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Ferrol.
A saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro.
2.- A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este
regulamento.
3.- A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal do
Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
4.- Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio.
5.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto
6.- O percorrido estará sinalizado e estableceranse controis.
7.- Categorías :
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
SAN XIAO 2022. 10 KM
Sub 20: Nacidos/as no ano 2003 e 2004
Sub 23: Nacidos/as no ano 2002 - 2001 - 2000
Sénior Nacidos/as no ano 1999 ata o 1987
Master A Nacidos/as en 1986 ata 1981
Master B Nacidos/as en 1980 ata 1972
Master C Nacidos/as en 1971 ata 1962
Master D Nacidos/as 1961 e anteriores
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.
SAN XIAO 2022. CATEGORÍAS DE MENORES
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA
Sub 18 Nacidos/as no 2006 - 2005 * logo da saída das
carreira absoluta
2. 000 mts
Sub 16 Nacidos/as no 2008 - 2007
Sub 14 Nacidos/as no 2010 - 2009 10:00 1.000 mts
Sub 12 Nacidos/as no 2012 - 2011
Sub 10 Nacidos/as no 2014 - 2013 10:25 800 mts
Sub 8 Nacidos/as no 2015 - 2016 10:40 200 mts
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro clasificado.
Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de control (unha hora dende que entre
o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha
a carreira .
Artigo 5: Inscricións e retirada de dorsais.
Inscricións. As inscricións poderán efectuarse a partir do día 11 de xaneiro ata as 22.00 h do
día 20 de xaneiro a través da páxina www.carreiras galegas.com ou ata o fin de dorsais.
Poránse a disposición das persoas interesadas un máximo de 600 dorsais par as categorías
absolutas e 40 por categoría para as de menores.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, marca en 10k (para organizar as quendas de saída) concello de empadroamento,
teléfono móbil, correo electrónico e club.
Asimesmo, no momento da inscrición, os participantes deberán poñer un teléfono e persoa de
contacto en caso de emerxencia.
Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número
de licenza e o clube.
No caso dos menores de idade, o pai/nai ou titor legal deberá asinar a autorización da
inscripción da carreira do menor.
No caso dos atletas discapacitados, deberán facer constar a circunstancia no momento da
inscrición así como entregar copia da licenza coa valoración da discapacidade recoñecida. Os
atletas da categoria de invidentes, deberán proporcionar os toda a información citada
anteriormente da persoa que actuará como guía.
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
Artigo 6: Retirada de Dorsais
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 21 ( de 16:30 a 20:30) tarde
sábado 22 (de 9.30 a 13.30 e de 16:30 as 20:30 horas ) no Pavillón polideportivo da Malata así
como o domingo 23 de xaneiro, dende as 8.00 ata as 10:30 horas no pavillón de Esteiro.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición defectuosa
ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que deleguen.
Artigo 7: Premios: A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos e
femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores. A entrega de trofeos realizarase
ao finalizar a carreira. Estimase sobre ás 12:30 h.
Artigo 8: Seguro: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan
como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
Artigo 6: Condicións de Participación
1.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións
reflectidas neste regulamento. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade
que da participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores.
2.- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión
quedará en mans da organización. Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta proba,
non se admitirán reclamacións.
3.- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respectar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e
WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
4 -Cadeiras de rodas e handbike. As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1
pequena. Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran
deseñadas para a actividade de atletismo.
Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o chan durante
a carreira.
Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme ás regras enriba
indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á cadeira.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante toda a carreira.
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as rodas ou
aros de impulsión suporía a descualificación.
5,- Discapacidade visual. Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este
guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún atleta con
discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá participar na proba, por motivos
de seguridade.
Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá estar por
detrás del.
O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido por un guía
que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen suxeición. Non se permitirá
soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura
deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o
corredor poderá recibir instrucións verbais do guía.
Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle impulso. A
infracción suporá a descualificación. Independentemente de que se empregue atadura ou non,
entre o atleta e o guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m
6- O Concello de Ferrol e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables dos danos
morais ou materiais sufridos polas persoas participantes nesta proba ou que estas ocasionen a
outras persoas.
7.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a carreira
sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera circunstancia ou
aspecto que non se considere neste regulamento.
8.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De igual maneira, mediante a inscrición
o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización
para comunicacións respecto da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as
persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido ao Servizo de Deportes do Concello
de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402 Ferrol, .
Dado que esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación
e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida
de Glasgow13- 15008 A Coruña
Artigo 9: Servizos para os participantes: Nesta edición non se disporá de gardarroupa nin de
duchas.
Anexo I: MEDIDAS DE PREVENCIÓN FRONTE A COVID 19 A APLICAR NA XXXVIII SAN
XIAO 2022
PROTOCOLO FISICOVID – DXT - GALEGO-ATLETISMO ( 1/12/2021)
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA COMPETICIÓNS Os participantes deben coñecer e asumir o
risco inherente á práctica deportiva en canto a un posible contaxio e iso aínda cando as
organizacións adopten toda unha serie de medidas para que isto non se produza.
Nalgúns casos a adopción de tales medidas por parte das organizacións deportivas poderá
alterar ou modificar a dinámica habitual de desenvolvemento das competicións.
CONSIDERACIÓNS XERAIS Todos os atletas deberán permanecer en todo momento coa
máscara posta salvo no momento da competición.
Condicións de participación (maiores de 12 anos).
RECOLLIDA DE DORSAL: Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible
amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun
test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba ou
ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun
período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.
Calquera de unha destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da
recollida do dorsal ou con antelación segundo a propia organización do evento así o estableza.
SAÍDAS: Realizaranse saídas de ata 300 atletas simultaneamente, con todos os atletas coa
máscara posta.
Os/as atletas deberan saír correndo coa máscara posta, podéndoa retirar transcorridos os
suficientes metros que garantan a distancia de seguridade.
A máscara poderá ser gardada polo atleta que a poderá portar durante a carreira, poderá correr
con ela se así o desexa, ou poderá ser quitada e tirada nos contedores que a organización
poderá dispoñer para tal efecto.
Establecerenande duas saídas con unha diferenza de 1 minuto. Os atletas que formaran cada
grupo de saída identificaranse con dorsais de cores diferenciadas.
Unha vez finalizada a carreira, o atleta deberá colocar a máscara, ben empregando unha persoal
ou a facilitada pola organización.
Condicións de participación atletas ata a categoría Sub 14.
RECOLLIDA DE DORSAL: Non será preciso nin o certificado de vacinación, test de antíxenos ou
certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19, sí que será preciso a entrega
da Declaración Responsable na recollida de dorsais.
SAÍDAS: Quendas de ata 20 atletas, que deberán manter a distancia de seguridade de 1,5m na
saída, e que poderán retirar a máscara no momento da indicación do xuíz de saídas ou da
organización, momentos antes da saída cando todos os atletas se achegan a posición de: aos
seus postos antes do disparo.
Estabelecenrase as saídas con unha diferenza de 20 segundos. Os atletas que formaran cada
grupo de saída identificaranse con dorsais de cores diferenciadas.
Unha vez finalizada a carreira, o atleta deberá colocar a máscara, ven empregando unha persoal
ou a facilitada pola organización.