Calendario
Info da proba

Vigo - Subida ao Castro

30/01/2022 10:00 - 11:00
Regulamento A “Subida ao Castro” naceu co propósito de romper coa idea de que Vigo é unha
cidade de innumerables e imposibles costas. Se ben é certo que son innumerables
queremos demostrar que en ningún caso son imposibles de subir, e que no caso de
parecer imposibles imos a convocar outro ano mais a todos os vigueses e non vigueses
para cumprir o reto de subir dende o nivel do mar (Paseo das Avenidas) ata a cume da
cidade (O Castelo de San Sebastián no Castro).
Categorias:
Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub20,
Masculino 1-Femenina 1,1983 ata 2002
Masculino 2-Femenina 2, 1973 ata 1982
Masculino 3-Femeniana 3, 1963 ata 1973
Masculino 4-Femenina 4, 1958 ata 1962
Masculino 5-Femenina 5, 1957 ou anteriores
Horarios:
Domingo 30 Xaneiro
08:00 - 10:00 Recollida de dorsais e chip. Explanada Náutico.
10:00 XVV Subida ao Castro
11:00 Entrega de trofeos
CONDICIONS
REGULAMENTO XII SUBIDA AO CASTRO
1. Singletrack Outdoor Sports organiza a XIV SUBIDA AO CASTRO. Proba que se
disputará o vindeiro 30 de xaneiro do 2022.
2. A proba celebrarase sobre un percorrido de 3000 metros balizado con cintas e
conos, dende Montero Ríos ó Castelo de San Sebastián no Monte do Castro.
3. A Carreira terá unha única saída para todas as categorías.
10:00 Homes e mulleres:
Sub 8, 2015-2016
Sub 10, 2013-2014
Sub 12, 2011-2012
Sub 14, 2009-2010
Sub 16, 2007-2008
Sub20, 2003-2004-2005-2006
Masculino 1-Femenina 1,1983 ata 2002
Masculino 2-Femenina 2, 1973 ata 1982
Masculino 3-Femeniana 3, 1963 ata 1973
Masculino 4-Femenina 4, 1958 ata 1962
Masculino 5-Femenina 5, 1957 ou anteriores
Percorrido de 3K.
4. Será necesario mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de
saída para a constitución da mesma; Os atletas das categorías non constituídas serán
asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
5. As inscricións realizaranse a través de la páxina web do cronometrador
www.laptime.es mediante pago con tarxeta de crédito. As inscricións pecharanse o
xoves 27 de xaneiro. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do
prazo marcado.
6. O costo da inscrición é de 8 euros para todas as categorías excepto as sub- que será
de 2 euros.
7. Os dorsais entregaranse o domingo 30 de xaneiro dende as 8 ata as 10 horasnas
inmediacións da liña de saída.
8. Coa entrega do dorsal e chip entregarase un agasallo conmemorativo (Camiseta)
9. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime
oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha
irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.
10. Premios. Todas las categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados.
11. Avituallamento. Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e
sólido na zona de Meta.
12. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así
mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste
regulamento resolverase de acordo o regulamento en vigor.
13. A a organización dispón dun seguro de responsabilidade civil. Todos os
participantes disporán de seguro de accidentes, non lesións, para o día da carreira
contratado pola organización.
14. Conforme a la L.O 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a
formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Singletrack Outdoor Sports con domicilio
social en Rúa Gran Vía 161 1ºH, 36210 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro e
levar a cabo a xestión de datos dos atletas vinculados coa asociación. Se desexa
exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo
dirixíndose por escrito o enderezo sinalado, axuntando unha fotocopia do seu DNI.
15. Polo so feito de inscribirse, o participante declara o seguinte: “Atópome en estado
de saúde óptimo para participar na SUBIDA AO CASTRO. Comprométome durante o
desenrolo da competición a contribuír no posible ca Organización para evitar
accidentes persoais. Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de
fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poda figurar,
aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de
comunicación e/o internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha
por este concepto”.
16. A inscrición de a SUBIDA AO CASTRO implica a total aceptación deste regulamento.