Calendario
Info da proba

Vedra

05/02/2022 16:00 - 17:00
Regulamento 1.- ORGANIZACIÓN E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, organiza o 1º Ascenso o Pico Sacro , que se
celebrará o sábado día 05 de Febreiro do 2022, con saída en San Pedro de Vilanova
(Capela do Santiaguiño), e chegada no alto do Pico Sacro.
1.2.- Tipo de proba.
Modalidade competitiva no federada, con unha distancia de 3,2 kms.
Desnivel positivo: 360m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: media
Avituallamentos (1 líquido)
A proba disputarase en modo cronoescalada.
A saída será na aldea de Galegos (Capela do Santiaguiño) (Vedra), comezando o
primeiro participante as 16:00h, e a continuación os seguintes con unha cadencia de 1
minuto.
Un primeiro tramo non cronometrado de 1,2 km (de aproximación a saída
cronometrada).
Despois, unha vez que o corredor/a cruce a alfombrilla de cronometraxe, disputará un
percorrido de 3,2 km
O orden de saída será por sorteo previo.
Non se permite o uso de bastóns. No caso de que as condicións climatolóxicas
sexan adversas, a dirección da proba poderá obrigar o uso de cortaventos con
capucha.
3.- PERCORRIDO
3.1.- O percorrido terá unha lonxitude de 3,2kms, finalizando no punto
xeodésico do Pico Sacro.
Desde alí, haberá un trazado para voltar a saída (Capela do Santiaguiño), con
unha distancia de 2,4 kms.
4.- PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante debe ser consciente da dificultade da proba, que pode
desenrolarse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal debe prever
que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de
montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as
condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade,
afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
Material Recomendado (tendo en conta a climatoloxía de un mes de Febreiro):
- Chuvasqueiro ou cortaventos
4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade
de cada participante localizar a señalización e seguila.
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios
establecidos.
4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
4.6.- O participante presta o seu consentimento a Organización do 1º Ascenso Vertical
ó Castro, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba,
de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización
expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña Vértice a
través do seu mail: cdmvertice@gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de
Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o
firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus
datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos
mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e
outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o Club de
Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice@gmail.com
5.- INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos
(cumpridos o día da proba).
O límite de participantes será de 100 prazas.
5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 15 de decembro de 2021, a
través da páxina web http://galitiming.com/inscripciones-on-line.html rellenando o
formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria
correspondente.
O prezo da inscrición será: 5€
Inscritos na VI Maratón x Montaña “A Camelia” ou no V Trail “A Camelia”: gratis
(mentres queden prazas) Terán que marcar esta opción o inscribirse.
Os participantes da Maratón e do Trail, utilizaran o mesmo chip para o día seguinte,
recibindo o sábado o dorsal para dita proba.
Si antes da fecha de peche de inscricións (01 de febreiro de 2022), se chegase a dito
número, non se admitirán mais participantes.
Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de
lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico
mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice@gmail.com
A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a
renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal
que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo
ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.
6.- CATEGORÍAS E PREMIOS
6.1.- Trofeos os tres primeiros categoría absoluta: masculina e feminina.
7.- AVITUALLAMENTOS
7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes un
avituallamento líquido no final do ascenso.
8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
8.1.- Motivos de descalificación:
Non pasar polos puntos de control establecidos
Non realizar o recorrido completo
Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal
Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas
de avituallamentos e control)
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.- RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o
control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar
hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o
corredor escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que
teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc.
que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas
condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles
que o requiran.
10.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase o día seguinte a partir das 14:30h, acompañado dun
picho final.
11.- OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica.
11.2.- Coordenadas GPS:
-Saída e recollida de dorsais: 42.790880, -8.432168
11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza
de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan
como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un
padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado
deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos ou desde o lugar en
que se desenrola a carreira.
11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.