Calendario
Info da proba

Santiago

17/05/2022 10:00 - 12:00
Regulamento VIII Carreira Camiño das Letras, Santiago

Data: martes, 17 de maio do 2022 a partir das 10 h.
Inscricións: Camiño das Letras

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

VIII CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Cultura, organiza o martes 17 de maio de 2022 a VIII edición da Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que partirá dende o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura. A maiores da proba de 15 qm, farase unha proba de 5 qm no entorno da Cidade da Cultura, ofrecendo as dúas alternativas a todos/as os/as participantes.

Esta Carreira, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago, réxese polo seguinte

REGULAMENTO
1. Data, distancias e horarios
A VIII Carreira Camiño das Letras terá lugar o martes 17 de maio de 2022 e constará de dúas probas absolutas (15 e 5 km) na que poderán participar atletas federados e non federados que correrán (estes últimos) coa licenza de día da Federación Galega de
Atletismo.

PROBA ABSOLUTA DE 15 QM
Esta proba absoluta (das categorías absoluta a senior)) sairá a partir das 10.00 horas dende as proximidades do Pico Sacro, e seguirá un circuíto de 15 qm ao longo da Ruta da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.

Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista pola organización para a súa saída para o comezo da carreira. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola organización.

PROBA ABSOLUTA DE 5 QM
A saída de esta probas (das categoría absoluta a senior) será as 10:05 da Cidade da Cultura con percorrido polo Gaias e o Bosque de Galicia seguindo un circuíto de 5 qm.
A Carreira estará controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario
oficial de probas en ruta.

2. Categorías de Competición por PROBA:
Proba 15 QM e 5 QM
SENIOR M/F De 18 anos cumpridos o dia da proba ata master
MÁSTER 1 M/F De 35 a 40 anos cumpridos o día da proba
MÁSTER 2 M/F De 41 a 49 anos cumpridos o día da proba
MÁSTER 3 M/F De 50 años e superiores
ABSOLUTA M/F Calquera das categorías anteriores

3. INSCRICIÓNS:
Realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com :
As inscricións estarán abertas ata o mércores 13 de maio ás 23.59 horas. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido.

a) Os prezos de inscrición serán os seguintes:
PROBA CATEGORIAS PREZO
Proba absoluta 15 qm aprox. De Senior a Absoluta Do 17/04 ao 13/05: 12 €
Proba de 5 qm aprox. De Senior a Absoluta Do 17/04 ao 13/05: 7 €

Apuntar que de cada inscrición 1 euro irá destinado a Federación Galega de Dano Cerebral – FEGADACE .

4. Entrega de dorsais
A entrega dos dorsais realizarase na sede de Bonaval Car na Rúa do Cruceiro 99 (Carretera de A Coruña ) nos seguintes días e horarios:
- Luns 16 de maio de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición situada na Cidade da Cultura, entre as 8.30 e as 9.00 horas.

A cronometraxe realizarase mediante un sistema de chip-dorsal.

Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descualificación.

5. Protocolo Covid-19
Será de obrigatorio cumprimento o protocolo Fisio-Covid vixente o día da proba, feito que será comunicado en tempo e forma a todos/as os/as participantes.

6. Premios e agasallos
Todos os participantes que se inscriban nas probas recibirán xunto a entrega do dorsal e como agasallo da organización, un libro e máis o diploma Camiño das Letras, para unir a conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo dos Camiños de Santiago.

A entrega de premios aos gañadores na zona de meta da Cidade da Cultura. Os premios non serán acumulativos.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 15 qm recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 5 qm recibirán un trofeo deseñado especialmente e un lote de libros
- Os tres primeiros clasificados/as de cada categoría establecida neste regulamento recibirán un lote de libros.
- O club federado do que máis atletas rematen a proba de 15 QM recibirá un trofeo e un lote de libros.
- O Acto de entrega de premios realizarase unha vez conclúa a proba.

7. Avituallamentos
Estableceranse 2 puntos de avituallamento nos quilómetros 7 e 12 aprox. da proba de 15 qm, onde se abastecerá de bebida aos atletas. Na liña de meta, facilitarase a hidratación dos participantes de ambas probas (5 e 15 qm) coa entrega de auga, zumes e froita.

8. Servizos médicos
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia. De outra banda, disporase de servicio de masaxistas para aqueles sofran algún percance muscular.

SERVIZO DE AUTOBUSES PARA A PROBA DE 15 QM
OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8:30 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9:15 HORAS . Seguirase sempre o protocolo covid-19 establecido para o transporte público.

9. Reclamacións
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da competición, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de que se publiquen os resultados oficiais.

10. Responsabilidade
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para correr a proba.

Ademáis exime a organización desta responsabilidade e que non presenta sintomatoloxía relacionada coa covid-19, o cal lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes.

A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 17/4/2022