Calendario
Info da proba

Corme

10/04/2022 11:00 - 12:00
Regulamento II Popular Faro Roncudo

Data: domingo 10 de abril a partires das 11:00 h.
Lugar: Praza da Ribeira en Corme Porto (Ponteceso).
Inscricións: Popular Faro Roncudo

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Regulamento
II POPULAR “FARO RONCUDO”. Corre por Ucrania

1-Organización
A 2ª Popular Faro Roncudo, será organizada polo Concello de Ponteceso e contará co control técnico da Delegación da Coruña da Federación Galega de Atletismo.

Esta proba deportiva ten un carácter aberto e popular, na que poderán participar calquera atleta, federados ou non, tendo en conta as categorías establecidas.

A carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades
deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola Covid-19, partindo do protocolo FÍSICOVID-DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte e adaptándonos as medidas que establecesen as autoridades sanitarias no momento da proba.

O responsable executivo e o responsable de seguridade Vial é Xosé Lois García Carballido, alcalde do Concello de Ponteceso.

2-Data e lugar
Data: Domingo, 10 de abril a partir das 11:00 h.
Lugar: Praza da Ribeira en Corme Porto (Ponteceso)

3-Horarios e categorías establecidas.
Establécense as seguintes categorías:





4-Itinerario, imaxe do percorrido e perfil (anexos)
ITINERARIO PROBA ABSOLUTA
A proba absoluta terá un percorrido aproximado de 6 km 200 metros, ida e volta pola estrada de asfalto que vai dende a Praza da Ribeira (Corme Porto) ata o Cabo Faro Roncudo. Non hai que coller ningún desvío, nin cruce. A saída e chegada estará pegada a praza da Ribeira.

➢ A hora de saída será ás 11:00 h.
➢ Peche da meta ás 12:00 h

ITINERARIO PROBA MENORES
O percorrido d@s menores será polo mesmo espazo ca d@s maiores, adaptando as distancia a cada categoría e no caso dos sub 8 o traxecto será dirección á praza.

A imaxe do percorrido e o perfil da carreira van non anexos finais

5-Lugar e prazo de inscrición
As inscricións formalizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o xoves, 7 de
abril.

Inscribirse supón, por parte do/a participante a declaración de que:
▪ Está en bo estado físico para participar na carreira.
▪ Autoriza e acepta a publicación dos seus datos e fotografías nos medios de comunicación, internet, etc., para a promoción desta actividade. Calquera persoa inscrita poderá prohibir o uso da súa imaxe, previa solicitude expresa por escrito.

6-Retirada de dorsais.
As/os atletas participantes levarán un chip que controle o tempo invertido na carreira. A retirada destes chips e dos dorsais farase na secretaría que estará situada na praza da Ribeira (Corme Porto). Será a partir das 9:00 h e permanecerá aberta ata 30 minutos antes do inicio da carreira.

Calquera atleta con circunstancias médicas a ter en conta (alerxia, atencións especiais…) deberá facelo constar no momento de recollelo dorsal e levarao anotado no reverso do dorsal durante a proba.

7- Clasificación e premios.
- A entrega de premios farase ao remata das carreiras, sobre ás 13:15 h. Serán premiados os tres primeiros clasificados en cada categoría diferenciados por xénero, e os máis pequenos terán medallas de participación.

- Levará un agasallo especial o gañador e gañadora absoluta.

- Haberá trofeo especial ao atleta local de maior idade masculino e feminino

As reclamacións que haxa ao respecto deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde
de 15 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

8- Condicións xerais
➢ Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade entendendo que dispón dunha condición física suficiente para soportar a proba.

➢ Persoa que non está inscrita na carreira non pode participar, se aínda así o fai, farao baixo a súa
responsabilidade e non estará cuberta polos seguros correspondentes nin terá dereito aos premios.

➢ Esta é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada.

➢ A organización contará con Policía Local, Protección Civil e voluntarios que regularán o tránsito o
longo do percorrido.

➢ Só se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento e control da proba, estando prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descualificación.

➢ O evento contará con servizo de ambulancia e médico.

➢ Na carreira absoluta, na metade do percorrido se o tempo o permite, proporcionarase a cada corredor/a auga e ao final da proba auga e froita para tódolos participantes.

➢ Os participantes poderán facer uso do pavillón municipal de Corme, para ducharse ao finalizar as carreiras con previo aviso á organización para coordinar o servizo.

➢ A organización resérvase o dereito de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento e o dereito de “modificar ou suspender o que sexa necesario” por
razóns de seguridade.

➢ Os participantes que tomen saída na 2ª Popular “Faro Roncudo”, aceptan este regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida, no mesmo, estarase ao que dispoña o comité organizador. Todo o aquí non recollido rexerase polas normas da FGA.

DESCALIFACIÓNS
➢ O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que
manifeste un mal estado físico.
➢ Quen corra por fóra do percorrido ou non o realice completo
➢ Quen non pase polos controis da carreira establecidos
➢ Quen non leve o dorsal no peito durante o percorrido
➢ Quen chegue á meta sen dorsal ou chip.
➢ Quen participe cun dorsal doutro corredor.
➢ Quen entre fóra da hora prevista pola organización da proba.
➢ Facer a inscrición alterando os datos de forma intencionada.
➢ O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a organización.
➢ Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces.
➢ Calquera outra actuación de análoga natureza, que a xuízo do comité poidan ser consideradas como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria

9º. Seguros de responsabilidade civil e de accidentes.
Os/as participantes inscritos/as estarán cubertos por unha póliza de seguro de accidentes da Federación Galega de Atletismo e a organización por unha póliza de responsabilidade civil do concello.

Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia inobservancia
das leis, etc., tamén estarán excluídos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que
se desenvolva a proba.

10. Medidas e protocolos de protección fronte ao COVID-19
Os participantes deben coñecer e asumir o risco inherente á práctica deportiva en canto a un posible
contaxio, aínda cando se toman medidas para previlo.

O evento cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FSICOVID-DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaria Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezas as autoridades en cada momento. Polo que a organización, por causa de forza maior reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.

RECOLLIDA DORSAL: Para participar é necesario o dorsal, e para recollelo será imprescindible amosar, ao persoal de secretaría destinado a tal fin, o DNI e calquera dos seguintes documentos:
-Certificado de vacinación COVID
-Certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 horas á celebración da proba.
-Certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores á celebración da proba.

11. Colaboración especial
Ante a gravidade da situación humanitaria en Ucrania, o Concello de Ponteceso quere sumarse ás
iniciativas e ao ser unha carreira de balde, pedir colaboración completamente voluntaria para esta
causa, dando a coñecer no cartel da carreira, os números de contas de Cáritas onde os participantes
poden facer os seus donativos.

Anexos co percorrido e perfil (PDF)

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 21/3/2022